AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Somos unha potenzia
Somos unha potenzia foi presentado e dirixido polo vilagarcián Carlos Blanco e producido por Antón Reixa. Un binomio que logo de empezar na televisión con Sitio Distinto, volveu ao ataque cun programa que trataba de derrubar os complexos dos galegos e demostrar que este país é unha potenzia en moitísimas cousas.

Somos unha potenzia tiña un formato de late night show semellante aos que fan, no ámbito español, Manel Fuentes, Andreu Buenafuente ou Eva Hache e que vén dunha longa e exitosa tradición televisiva nos Estados Unidos que encumbrou a carismáticos presentadores.

Neste espazo televisivo emitido no verán de 2006, ademais de entrevistas, seccións en vídeo e distintos colaboradores, Carlos Blanco abordaba tamén monólogos en clave de humor sobre un tema monográfico en cada emisión.

Velaí un fragmento da entrevista que Carlos Blanco lle fixo aos actores do dúo Os Tonechos no seu programa.






Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 25-04-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos. Un heavy no dentista.
O dúo Os Tonechos é todo un fenómeno social e non necesita presentación, pero non está de máis presentar os actores que o integran: Víctor Fábregas no papel de Tucho e Roberto Vilar no papel de Tonecho. En Galicia habitualmente coñecemos os personaxes famosos da tele, pero non os actores e actrices que lles dan vida, o cal indica que lle prestamos pouca atención ao seu traballo.

No sketch do Show dos Tonechos que temos aquí, o personaxe heavy está interpretado por Víctor Fábregas e o dentista por Roberto Vilar.


Deixa o teu comentario (5) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-04-2007 02:04
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. Beti está noutra dimensión.
Air Galicia é unha serie de humor da Galega que comezou a emitirse en marzo e intenta reflectir de maneira irónica a relación que as galegas e galegos mantemos con diferentes temas. Emítese os xoves ás 21:30.

Aquí temos un sketch no que interveñen, por orde de aparición, Federico Pérez como Paquiño (o pai), Patricia Vázquez como Palmira (a nai) e Sabela Risco como Beti (a filla).

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-04-2007 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Abrimos un apartado de humor
A lingua, ademais de para moitas outras cousas, tamén vale para facernos rir, así que pensamos que non estaría de máis contar neste blog cun apartado de humor. Nel incluiremos monólogos de conteiros, entrevistas a humoristas, momentos de programas de humor da tele como O show dos Tonechos ou Air Galicia, humor gráfico e o que se tercie.

Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 23-04-2007 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet