AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Festa rachada en Manhattan
E por se o vídeo "Vivamos como galegos" non nos levantara o ánimo suficientemente, este "Vivamos como galegos en New York" tróuxonos un subidón de autoestima con superheroe incorporado:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 04-03-2009 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Vivamos como galegos
Aínda que As Gabarras non concede espazo para a publicidade, hoxe imos facer unha excepción e deixar entrar un anuncio que non deixou indiferente a ninguén e que nos fixo rir, ou polo menos sorrir, a base de tópicos sobre os galegos, ao tempo que nos inxectaba un pouco de autoestima, o que nunca vén mal:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 04-03-2009 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Camisetas galegas
Xa temos presentado aquí enderezos web nos que se poden atopar camisetas en galego, pero nesta ocasión queremos ofrecer un fragmento do desaparecido programa da TVG Somos unha potenzia, no que Carlos Blanco entrevista a Antón Lezcano de Nicetrip, José Miranda de Rei Zentolo, Fernando Lema de Once Varas e "Pánchez" do fechado Aduaneiros sem fronteiras, que falan das súas camisetas.

Na primeira parte falan Antón Lezcano, José Miranda e Fernando Lema de como se lanzaron ao deseño de camisetas e preséntannos as súas camisolas favoritas:


Na segunda parte fala tamén, oculto baixo pseudónimo, "Pánchez", que ademais mantén o anonimato cunha carauta de dinosauro:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-03-2009 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo de antroidadas


Xaquín Marín





Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 20-02-2009 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos. O heavy no avión
Velaí vai outro dos sketches máis aplaudidos d'Os Tonechos co personaxe do heavy.


Heavy interpretado por Víctor Fábregas.
Piloto por Roberto Vilar.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 02-02-2009 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos. O heavy e o atracador.
É sabido que no instituto Os Tonechos teñen moitos fans e sempre hai moitas peticións para incluír n'As Gabarras máis sketches d'Os Tonechos. Pois velaí vai o do heavy e o atracador:


Heavy: Víctor Fábregas.
Atracador: Roberto Vilar.






Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 02-02-2009 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos separáronse

Os integrantes deste famoso dúo cómico, Roberto Vilar e Víctor Fábregas, iniciarán novos proxectos por separado.

Adorados por uns, odiados por outros, o certo é que os Tonechos non deixaban a ninguén indiferente. Os propios actores se queixaban de que moita xente os confundise cos seus personaxes.

No Show dos Tonechos tentaron interpretar outros papeis, pero sen tanto éxito de audiencia, porque o público prefería velos nos papeis de sempre, repetindo as famosas frases de "pápá, macho, pasa de todo tío" ou "y no lo quiere, y no lo quiere y no lo quiere".

Se queredes lembrar os seus mellores momentos no programa Luar, os sketches que os levaron á fama, agora tedes a posibilidade de mercar "Os Tonechos no Luar" en DVD.

Outra opción é ver os seus programas de "O Show dos Tonechos" na TVG á carta.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 02-02-2009 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
O galego idioma de moda
Este é o nome do vídeo gañador do concurso Unha imaxe para o galego na convocatoria de 2008, no apartado de vídeo. A súa autora é Xela Rodríguez.

O xurado destacou da gañadora o intelixente manexo do xénero documental mesturado coa ficción especulativa e a ironía e o sentido do humor.

Máis información en Vieiros

Velaí o vídeo:
.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 23-10-2008 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Pelotas
Agora que xa pasou o Día das Letras, en Vieiros buscan, un ano máis, unha imaxe para o galego: fotos e vídeos que reflictan a transmisión da lingua (iso que permite que o idioma pase de xeración en xeración e perviva no tempo).

Tedes toda a información entrando en Vieiros.

Aquí podedes ver o vídeo premiado o ano pasado: 'Pelotas' de Alberto Dafonte.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 23-05-2008 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia non se pode perder


Por se non o sabedes, estanse emitindo novos capítulos de Air Galicia, esa serie de humor da Galega que tan bos momentos nos fixo pasar o curso pasado. Lembrámosvos que se emiten os xoves a partir das nove e media da noite, xusto antes do Show dos Tonechos.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-04-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. Nazón de Breogán.


Lembra que na páxina web da Galega podes ver todos os capítulos de Air Galicia que xa foron emitidos. Así que, se perdeches algún ou queres voltar a ver os que máis che gustaron, entra e ri un pouco.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 20-06-2007 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. Máis aventuras de Beti, Costoya...
Deixa o teu comentario (4) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 20-06-2007 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Que pasa despois do Día das Letras Galegas?


Humor do Carrabouxo.
Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 21-05-2007 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tonechos. Heavy no banquiño.

Heavy interpretado por Víctor Fábregas.
Adestrador por Roberto Vilar.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 11-05-2007 02:06
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. No Vaticano.
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 11-05-2007 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet