AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

San&saN. Pagho eu!
Sketch da obra Bar (2006) da compañía coruñesa San&saN, no que podemos observar unha das tradicións máis típicas da idiosincrasia galega, ese momento crítico no que hai que loitar "a brazo partido" por pagar as consumicións...

No escenario: Carlos Sánchez e Carlos Sante.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 29-05-2009 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
San&saN. Chaval, chaval!
Neste sketch de Bar (2006) da compañía coruñesa San&saN, podemos ver ese cliente co que algunha vez temos coincidido e que leva algo de présa...

No escenario (por orde de aparición): Joaquín Domínguez e Carlos Sánchez



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 29-05-2009 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
San&saN. Ver o fútbol no bar
A compañía teatral coruñesa San&saN, leva anos facendo unha aposta decidida por un teatro de humor xestual e físico. Concerto Bífido (2000), Muñekitous, a Nasional Yeographic Riport (2003) e Bar (2006) son só algúns dos espectáculos teatrais que representaron na última década.

Porén, os seus integrantes son máis coñecidos na actualidade polo seu traballo no programa "Luar" da TVG interpretando a Carmen, Gelines e Don José.

Na obra de teatro Bar, estreada no ano 2006, "San&saN" amosábannos un interesante repertorio de escenas cómicas nas que se recreaban algúns deses momentos tan cotiás, e á vez tan esperpénticos, que se poden vivir nos bares.

A continuación temos un skech de Bar, neste caso un dos momentos de maior emoción na vida dun bar: o Campionato Nacional de Liga. Nesta ocasión enfróntanse a Unión Deportiva Qué Máis Dá e o Calquera Fútbol Club... Un bo exemplo do traballo xestual e físico dos actores de "San&saN".

No escenario (por orde de aparición): Carlos Sánchez, Joaquín Domínguez e Carlos Sante.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 29-05-2009 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Estes si que gobernan!

Viñeta de Gonzalo Vilas

Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 29-05-2009 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Mofa e Befa. Un himno integrador
Aquí temos a Mofa e Befa en Cultura para dar e tomar, espectáculo estreado no 2005 sobre textos de Alfonso Cáccamo e no que, entre outras moitas cousas, os actores cantaron este himno con vocación integradora...




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 27-05-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Mofa e Befa. Os Varella
Mofa e Befa estrearon no 2006 Sempre ao lonxe.

Neste espectáculo, entre moitos outros personaxes, interpretaron aos Varella, uns moinantes de orixe siciliana cunha visión da patria moi interesante.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 27-05-2009 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
Irmandiños. Retrasocero.com
Outro anuncio en clave de humor de RETRASOCERO.COM, a campaña de lanzamento de Xornal de Galicia, xornal en papel con vocación plural e independente e que ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 26-05-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu Calígula. Retrasocero.com
Despois de nove anos funcionando na rede, o que foi o primeiro xornal electrónico de Galicia, Xornal.com, pasou a ter tamén a súa edición en papel: Xornal de Galicia.

RETRASOCERO.COM foi o nome que encabezou a campaña de lanzamento de Xornal de Galicia, xornal con vocación plural e independente e que ten entre os seus principios fundacionais a defensa dos intereses de Galicia.

Eis o seu primeiro anuncio en clave de humor:


Outra versión animada, a color e con famosos incorporados:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 26-05-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Zara, home, Zara
Lolo e Iago foron os gañadores do 3º premio do II Concurso Popular de vídeos "Mobilízate pola lingua" da Mesa pola Normalización Lingúística da zona de Lugo, que se fallou o 14 de maio.


Efectivamente, unha delicatessen!


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 22-05-2009 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Estades fartos de ter acento galego? Xa temos a solución!

Mentres polo mundo adiante cada vez hai máis estranxeiros que queren aprender a nosa lingua, aquí andamos querendo desfacernos dela...

Menos mal que aínda hai quen sabe rirse de tanto despropósito, como nesta parodia de Air Galicia, na que Marcos Pereiro, Isabel Risco e Evaristo Calvo, presentan o "Fala como en Valladolí", un invento xenial para resolver os nosos problemas co acento galego:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 22-05-2009 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. Galescolas
Parodia de Air Galicia sobre a visión que algúns teñen das Galescolas como instrumentos de "imposición do galego" e do "socialismo" aos nenos pequeniños:


Que pensarán os pais e nais que non poden nin puideron nunca escolarizar os seus fillos e fillas en galego, cando teñen que escoitar esas cousas das únicas escolas infantís que utilizan o galego como lingua vehicular?

E como se sentirán eses mesmos pais e nais cando en cambio non se di nada das escolas (a inmensa maioría) nas que só se utiliza o castelán como lingua vehicular?


Deixa o teu comentario (4) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 05-05-2009 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Retranca ...Lerasnos de mortos se non nos les de vivo

Número 17 da revista Retranca, xa nos quioscos!



Retranca é o nome desta revista mensual de humor, escrita en galego e dirixida por Kiko da Silva. Cada número trata asuntos de máxima actualidade e sen censuras. Desde a saída do primeiro número en novembro de 2007 xa van dezasete.

Pero que é a retranca?

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega a retranca é:

"Habilidade para falar con segundas intencións, en especial cando se procura unha graza intencionada no que se di."

Algunhas definicións de RETRANCA segundo o Dicionario Xerais da Lingua son:

"1. Habilidade para dicir o que un quere e non o que outros pretenden que diga.
2. Expresión con segundas intencións."


Que acepción vos gusta máis?

Se entrades no blog da revista Retranca poderedes saber máis sobre a revista, mais o mellor é lela enteiriña e rir a conta da retranca de Kiko da Silva e os seus colaboradores.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 22-04-2009 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Cámbiache o conto. Carrapuchiña con R
Outro exemplo do humor na publicidade:


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 17-04-2009 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cámbiache o conto. Os tres porquiños
R caracterrízase por coidar moito a súa publicidade de prensa e o humor sempre foi un elemento esencial nos seus anuncios. Non podía ser diferente na súa publicidade para a televisión. Eis un exemplo:

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 17-04-2009 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
O soño imposible
Este é o nome dunha curta de animación que, a partir dun conto de Tina Jorgenson, dirixiu Dagmar Doubkoba e no que se denuncia, cun humor agre, a dobre xornada laboral á que se ven obrigadas moitas mulleres na nosa sociedade. Nel amósasenos unha "superwoman" que pasa o día traballando dentro e fóra da casa, para poder compaxinar a vida laboral remunerada e a vida familiar.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 11-03-2009 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet