AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Os Bolechas

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-02-2010 21:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mucha e Nucha cántannos panxoliñas
As cantareiras de Ardebullo, na súa liña habitual, cántannos tamén unhas panxoliñas:



Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 23-12-2009 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador visita o cole de Aguiño
Hai que ver a sorte que tiveron en Aguiño,
o Apalpador presentóuselles e non foi soíño!




O APALPADOR POLO PROFESORADO DO COLEXIO DE AGUIÑO.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 18-12-2009 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Xeitos de entender o plurilingüismo


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 26-06-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Se facedes festa non molestedes os veciños...
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 21-06-2009 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
O cambio climático segundo Beti e Costoia
O dúo cómico Costoia (Marcos Pereiro) e Beti (Isabel Risco) son agora moi coñecidos por Air Galicia, pero os seus comezos foron no programa anterior Zapping Comando (TVG 2006).

Aquí os temos nos seus comezos "reflexionando" sobre o cambio climático:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 21-06-2009 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
Air Galicia. Os galegos a punto de descubrir a penicilina
Por que os galegos non descubrimos a penicilina? Eis a resposta:



Pódense ver todos os capítulos emitidos de Air Galicia na televisión á carta.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 21-06-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas da morte
Así se chama unha curta baseada no relato "Eu fixen ouigha co espírito de Castelao" de Séchu Sende, publicado en Made in Galiza.

Cousas da morte preséntanos en clave de humor, o caso dun rapaz castelanfalante que ademais odia o galego, pero un día recibe unha forte impresión que o fará reaccionar...

Este audiovisual foi realizado no IES Leliadoura, de Ribeira, durante o curso 2007-08, froito dun Obradoiro Audiovisual organizado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e impartido pola cooperativa Fungo, de Boiro.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 18-06-2009 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Camisetas desde Gondomar
Velaí o resultado dun Obradoiro de camisetas en galego que se fixo no IES Auga da Laxe de Gondomar.

Como o vedes? A nós encántannos a idea e as camisetas resultantes!



Fonte: Blog Balbordo


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 05-06-2009 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Humor no deseño gráfico galego
Primeira parte:




Segunda parte:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 05-06-2009 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista aos actores do dúo Os dous de sempre
Marcos Pereira e Xosé Antonio Touriñán
Fragmento dunha entrevista realizada por Sheila Aldariz aos actores do dúo cómico Os dous de sempre, Xosé Antonio Touriñán e Marcos Pereiro, máis coñecidos como Mucha e Nucha, para Galicié:


PREGUNTA: Os sketchs están moi elaborados ou deixades espazo á improvisación?

MARCOS PEREIRO: Pensámolos diante dun ordenador os dous xuntos.
XOSÉ TOURIÑÁN: Hai q mandar os guións os martes, aínda que os venres os xogues no plató como queiras. Mucha e Nucha naceron de carallada, pero agora escribimos tódalas intervencións.

(...)

PREGUNTA: Algunha señora díxovos sentirse identificada?

XOSÉ TOURIÑÁN: Sabes que nos din? Que os das mans facémolo clavado (ri). Á xente maior preocúpalle o dos meus dentes (ri). Funcionamos ben porque somos un punto no que todos se recoñecen. Somos coma eles, pero tamén coma ti. Se te vistes e vas á Coruña ou a Vigo, aínda que poñas un abrigo de marca, a esencia de cotilla segue sendo a mesma, e os comentarios son iguais.

(...)

PREGUNTA: Moita xente nega ver o Luar, pero logo as audiencias din o contrario e todos vos coñecen. Por qué esa negación popular?

XOSÉ TOURIÑÁN: Porque sempre houbo ese rollo da 'telegaita', esa cousa que temos os galegos de que o que se fai aquí é peor que o de fóra. Nós temos esto de distinto e estas historias propias, e avergoñámonos de todo. É un xen co que nacen todos os galegos (ri). Logo sales por aí adiante e ves que nos valoran máis por aí que nós mesmos.

PREGUNTA: Cando creastes a Mucha e a Nucha pensastes que funcionarían ben nun programa da televisión?

XOSÉ TOURIÑÁN: Sabiamos que funcionarían ben en Luar. Pero os de Luar non (ri). É o programa delas. Mucha e Nucha verían Luar, non cambiarían a galega na vida. Encenderían a tele pola mañá na galega e quedaría zoando todo o día aínda que marcharan (rí). Falarían co presentador do telexornal. Igual Nucha non, ela diría “pero muller que fas falando co presentador da televisión!?” (rín os dous).


Fonte: Entrevista en Galiciaé (18/04/2009)




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-06-2009 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Mucha e Nucha bótanse ao moderno
A Mucha e a Nucha non lles pon medo nada no que a música se refire e atrévense mesmo co beat box e co break dance. Eis un exemplo: a súa versión beat box d'A saia da Carolina:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-06-2009 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mucha e Nucha cantan unha canción de recollida
As cantareiras de Ardebullo, Mucha e Nucha, cantan unha canción de recollida:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-06-2009 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Nucha e Mucha, as cantareiras de Ardebullo
Nucha e Mucha discuten sobre o agasallo máis axeitado para a súa irmá Pepucha:

1ª parte:


2ª parte:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-06-2009 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Mucha e Nucha
Marcos Pereira e Xosé Antonio Touriñán
Xosé Touriñán e Marcos Pereiro integran o dúo cómico Os dous de sempre e desde hai un ano triunfan no programa Luar coas súas personaxes Mucha e Nucha, as cantareiras de Ardebullo, un valor en alza do "humor hiperenxebre", como a eles lles gusta chamalo.

Marcos Pereiro naceu en Alemaña en 1981 e regresou a Galicia coa súa familia cando tiña 8 anos, foi a esa idade cando coñeceu a Xosé Antonio Touriñán e deu comezo a súa amizade.

Foron ao mesmo colexio de pequenos, en Tarrío, e xogaron no mesmo equipo de balonmán até que cumpriron os 20.

“Eramos un grupo de xente que durante moitos anos convivimos todos os días, nas clases, nos entrenamentos e logo as fins de semana nos partidos”, di Marcos, que xogaba de extremo bala —“Eu xogaba de... de calquera cousa”, engade Xosé—. “Daquela xa eran graciosos, xa viamos que valían para facer a mona, pero cada un polo seu lado. O mellor eran as saídas de Marcos cando o entrenador lle botaba a bronca”, di Jaime, amigo da infancia, antigo compañeiro de clase e de equipo e agora manager de Os Dous de Sempre.

Foi no instituto Cruceiro Baleares (máis coñecido como Universidade Laboral) onde callou a complicidade cómica e teatreira entre Marcos, de 27 anos e veciño de Liñares, e Xosé Antonio, de 29 e de Castelo. “O profesor de galego, Fernando Torreiro, convenceunos para meternos no grupo de teatro, Speculum Meigallada. Alí fixemos a primeira obra xuntos, Unha rosa é unha rosa", recorda Xosé.

Dous anos despois daquela adaptación de Suso de Toro, e logo de moitas actuacións improvisadas en festas de cumpreanos e reunións con amigos, Xosé e Marcos convertéronse formalmente en Os Dous de Sempre. Foi o 17 de maio de 2002, no festival das Letras Galegas de Carral. “Daquela foi Peter, da taberna Lume e Ferro, en Carral, o que nos tivo que convencer para que preparáramos un número de humor xuntos”, di Marcos. E foi nese “número” onde naceron as súas personaxes máis famosas, Nucha e Mucha, as cantareiras de Ardebullo que hoxe triunfan cada venres en Luar e nos escenarios de toda Galicia. “Aquel día Nucha e Mucha actuaron só uns minutos, pero xa cantaron algún dos seus grandes éxitos, como Europe’s living a celebration en versión pandereiteira”, recordan.



Fonte: "Ardebullo, a aldea universal", artigo de P. Rico para La Opinión A Coruña (29/03/2009).


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 03-06-2009 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet