AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Premio Leixaprén 2012 para Imaxin Software


Na edición deste ano do PREMIO LEIXAPRÉN, organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a gañadora foi a empresa IMAXIN SOFTWARE polo seu compromiso co noso idioma na súa actividade económica.

IMAXIN SOFTWARE é unha empresa de desenvolvemento de programas informáticos que emprega a lingua galega en tódolos ámbitos de xestión da empresa; así mesmo, desenvolveu solucións tecnolóxicas para a introdución do noso idioma no mundo empresarial.

Valorouse a integración no universo TIC, o toque de innovación nos servizos que ofrece ao cliente e a perspectiva global que ten desde Galicia.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 21-05-2012 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallo para o mundo de Tonhito de Poi e Milo Romero
Pódense escoitar outras versións en Agasallo para o mundo

Toda a información sobre a acción en Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) (GalegoLab)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-05-2012 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
Agasallo para o mundo do IES Salvaterra do Miño
Pódense escoitar outras versións en Agasallo para o mundo

Toda a información sobre a acción en Agasallo sincronizado para o mundo 2012 (II edición) (GalegoLab)




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-05-2012 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Indígnate! Fala galego


Campaña da Deputación de Lugo.


Fonte: Carta Xeométrica


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 17-05-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Leixaprén 2012


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) convoca este concurso de recoñecemento á defensa e promoción da lingua galega.

Os destinatarios do premio serán persoas, entidades ou institucións que se caractericen por unha defensa activa da lingua galega nalgún ámbito da vida económica, social ou cultural.

Este ano no que o día das letras galegas está adicado a Valentín Paz Andrade, personalidade destacada principalmente no campo económico e empresarial, pensouse en concederlle un premio a unha empresa que opere en Galicia, comprometida co uso do noso idioma na súa actividade económica.

Os candidatos son:

A-1 Seguridade
Alimentos Amorodo
Imaxin Software
Martín Codax
R Telecomunicacións

Os Equipos poden votar ata o 15 de maio aquí.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 02-05-2012 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua de namorar


Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, que organiza a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Anímate a participar. O prazo para enviar as mensaxes permanecerá aberto ata o 17 de maio.

Bases na páxina do SXPL


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 28-04-2012 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
Galego, todo o que buscas
GALEGO, TODO O QUE BUSCAS é o título da curta que vén de recibir o 1º Premio do concurso do Correlingua 2012.

Os nosos parabéns a Édelingua, Producións Audiovisuais do IES O Mosteirón e ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES O Mosteirón polo traballo ben feito e o éxito colleitado.



Pódense ver máis vídeos dinamizadores na Canle de Youtube do Correlingua


Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 12-04-2012 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Que sorte falarmos galego
Nos XIV Encontros para a normalización o equipo de dinamización do IES de Rodeira falou do seu proxecto Que sorte falarmos galego, que o curso pasado resultou ser un dos gañadores da convocatoria dos Premios de Innovación. O seguinte vídeo fai un percorrido polo seu traballo:



Nos seguintes vídeos podemos escoitar a valoración dunhas alumnas:






Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 09-03-2012 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xa veñen os Reis!!!


Se despois de investigar todas as ofertas de REGALEMOS GALEGO aínda non sabes que pedirlles aos Reis, podes consultar tamén o catálogo de ABERTOS AO GALEGO.

E non esquezas deixarlles esta noite algo de comer e beber aos Reis e aos seus camelos, pois son magos, pero teñen uns días de moito trafego e precisan recuperar enerxía.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 05-01-2012 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Regalemos galego

O Apalpador nunha ilustración de Leandro Lamas


Para quen lle pide os agasallos ao Apalpador e para quen llelos pide aos Reis, REGALEMOS GALEGO.


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 24-12-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Regala igualdade

A Concellaría de Igualdade e Xuventude de Vigo presentou unha nova edición da campaña "Polo uso non sexista de xogos e xoguetes", baixo o lema "Regala/Comparte igualdade".
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 24-12-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
A química fala galego no IES Elviña da Coruña



Experimentos realizados pol@s alumn@s de 1º de Bacharelato de ciencias do IES Elviña para conmemorar o Día da ciencia en galego 2011.

Departamentos responsables: Física e química e Normalización lingüística


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 12-12-2011 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
Culturgal 2011. Un soño que se consolida

O Pazo da Cultura de Pontevedra estivo ateigado de xente a pasada fin de semana na cuarta edición da Feira das Industrias Culturais.

A satisfacción do sector é unánime, tanto pola masiva resposta do público como pola crecente sintonía acadada entre as empresas dos distintos gremios. “O soño Culturgal é hoxe un proxecto consolidado”, sentencia Manuel Bragado, presidente da AGE, mentres Xulio Amigo, presidente da asociación Culturgal, recorda que o obxectivo desta edición era cualitativo: “a Feira estivo toda a fin de semana ateigada de público, pero para nós é aínda máis importante saber que toda esa xente estivo cómoda no fogar da cultura galega, que é o seu fogar”.


Fonte: Web do Culturgal


Para coñecer o máis destacado do Culturgal 2011 podemos ver a selección achegada por Culturagalega.org: O Culturgal básico


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 07-12-2011 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
1ª aventura da muller lamprea
Vídeo-conto creado no curso 2010-11 polo alumnado de 1º ESO C-D do IES As Barxas, en Moaña, coa técnica da stop motion ou parada de imaxe.




Vía: Carta Xeométrica


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 26-11-2011 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
A lingua sabe a pan

Desde o cole de Cea chéganos esta declaración de amor á lingua que sabe a pan. Que rica que sabe!

Trátase dun lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de "Sweet Home Alabama" de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como "Miña Terra Galega".

Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de "A Lingua Sabe a Pan".

Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

Ademais, tamén nós podemos cantar a canción na versión que fixeron en Karaoke:





Fonte: Ana Veira


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 08-11-2011 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet