AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Agardámoste no noso novo enderezo

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 24-10-2015 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
As Gabarras ten novo enderezo

AGARDÁMOSVOS NO NOSO NOVO ENDEREZO:

asgabarras.blogaliza.org


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 15-11-2012 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Feliz verán!!!
Eis unha memoria gráfica do curso que remata.

Cun pé nas tan necesarias vacacións, dámosvos as grazas a todos e todas pola vosa colaboración, sen ela ningunha destas actividades sería posible.

Descansade moito e gozade das cousas grandes que nos dá a vida e tamén das pequenas!!!




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 27-06-2012 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Arjé Teatro segue recollendo merecidos éxitos

Este xuño Arjé Teatro, o grupo de teatro do IES Breamo, foi premiado, como o curso pasado, no XV Certame Candilejas Don Bosco, celebrado no Colexio Calvo Sotelo da Coruña. Nesta ocasión recibiu o TERCEIRO PREMIO NA CATEGORÍA XUVENIL coa obra O misterio das amendoeiras, de Enrique Jardiel Poncela, e seis MENCIÓNS PARA ACTORES E ACTRICES.

Recibiron as MENCIÓNS COMO ACTORES DESTACADOS:

Carlos Fdez Leira
Antonio Leira Souto
Daniel Domínguez Vizoso

Recibiron as MENCIÓNS COMO ACTRICES DESTACADAS:

Carmen Ardá Fraga
Xoana Arias García
María Lago Cascudo

Ademais, Antonio Leira Souto tamén foi premiado nos Premios Buero, da fundación Coca-cola. Trátase nada menos que da MENCIÓN Á MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA DE GALICIA NA CATEGORÍA ESCOLAR.

Parabéns a todos e todas polo traballo ben feito e polo seu recoñecemento!










Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 27-06-2012 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
E o premio é para...
O xoves 21 de xuño entregáronselles os agasallos aos premiados e premiadas nos concursos do EDLG do curso 2011-12.

Parabéns ás premiadas e premiados e moitas grazas a todo o mundo pola participación!




Premiad@s e participantes no Tíralle da Lingua na fase do centro.
 



Premiad@s e participantes no II Concurso de Videoclips do Breamo

VIDEOCLIP PREMIADO POLO XURADO

VIDEOCLIP PREMIADO POLO PÚBLICO




Premiad@s e participantes no III Concurso de Microrrelatos do Breamo

MICRORRELATOS PREMIADOS NA CATEGORÍA A

MICRORRELATO E ACCÉSIT NA CATEGORÍA C


 
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 27-06-2012 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
Microrrelatos premiados na categoría C no III CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO


Estes son os microrrelatos premiados no III Concurso de Microrrelatos do IES Breamo na categoría C, aberta a nais, pais, persoal non docente e profesorado:


DEBUXANDO UNHA PAISAXE

O lenzo en branco.

Na paleta: branco, unha pinga de azul cián e unha migalla de rosa e violeta.
Aparece o ceo. Estalan os verdes claros, esmeraldas, turquesas e a luz filtra os amarelos.
Debaixo, as pinceladas horizontais perfilan o río que reflicte a policromía do redor.
Balbordo: natureza viva.

ENTRE A FOLLAXE UN MONSTRO ESPERTA!

Na paleta: un lapo negro, o violento laranxa, o maxenta abrasivo, o vermello devastador.
As espesas veladuras grises engolen as cores, é o fume.
Os trazos ciscados, son espectros. A cinza monocroma: morte.

Na paleta: Nada. Silencio.
Ao lonxe o martelante son dun helicóptero.

Pilar Fernández Veiga (Profesora de Matemáticas)
PRIMEIRO PREMIO



NATIVAS SOMOS TODAS

`Vuestras Altezas cuando mandaren púedenlos
todos llevar a Castilla o tenerlos en la misma
isla cautivos'.

Cristóbal Colón, Diario, 14 de outubro de 1492


`Portarás la cruz o probarás la espada', espetoume farfallando aquel malvado. Achegoume contra si acariñándome a meixela; eu mordinlle o dedo, erguinme dos xeonllos e fuxín cara a manigua.

Agora bebo auga pola folla da palma e son irmá das aves da noite. Ataco ao luar, e de día soño. Soño que parirei fillas que parirán feras. Que cando nós probemos a súa espada eles, os estranxeiros, han probar na súa carne a boca quente do caimán. Soño que alzo o voo, que estendo as ás, que abro o peito sobre os manglares. Eu e as miñas ás debuxadas contra o ceo inmenso: esa é a miña cruz, esa é a miña espada.

Miguel Rodríguez Carnota (Profesor de Inglés)
MENCIÓN ESPECIAL


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 12-06-2012 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Microrrelatos premiados na categoría A no III CONCURSO DE MICRORRELATOS DO IES BREAMO


Estes son os microrrelatos premiados no III Concurso de Microrrelatos do IES Breamo na categoría A, destinada a alumnado de 1º, 2º e 3º ESO.

Aclaramos que, ante a ausencia de participantes na categoría B (aberta a alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato), o xurado decidiu conceder dous premios na categoría A (aberta a alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO), conforme ás bases deste certame.


A VIDA

Levántome e dende a miña ventá o ceo está gris. Esta maldita fumareda está a queimar as plantas, o bosque e os animais. Dende a miña ventá vese todo sepia, a fin do que algún día foi un paraíso.

As cousas poden ocorrer de moitos xeitos. Primeiro préndese, xa que sempre hai alguén que comeza todo. Logo chega á xente. Expándese, destrozando recordos, posesións e facéndote sentir impotente, porque sabes que o inimigo é máis forte.

O lume incordia, ata o punto máis infinito dos soños. E de súpeto todo se calma e vives co medo a que volva suceder.

Así é a vida, sempre procurando manter a túa parcela a salvo, coma se o mundo fose un gran incendio e ti o bombeiro que ten que controlar todo; a túa vida.

Sara Veiga Beceiro (2º ESO A)
PRIMEIRO PREMIO


ELA

A miña vida perdeu o seu sentido. A verdade é que non sei con certeza canto tempo levo sen ela, quizais días, ou quizais meses. Aínda que a min cada segundo me parece eterno. Ela era coma un sopro de aire fresco un día de calor, coma a luz ao final dun túnel. Xa non podo aguantar a existencia neste mundo se ela non está comigo. Non queda nada con sentido na Terra dende que marchou. De nada serve chorar, nin lamentarse, pois os feitos non se modificarían de ningún xeito. Tampouco o suicidio é unha opción, non me gustaría deixar este mundo desta maneira. Aínda que eu gardo o desexo de que regrese coma o sol ao final dunha treboada que se fai interminable. Avisádeme se a atopades, chamábase Esperanza.

Daniel Domínguez Vizoso (2º ESO B)
SEGUNDO PREMIO


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 12-06-2012 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Pixelín no Breamo
As clases d@s premiad@s no II Concurso de Videoclips do Breamo recibiron onte a visita sorpresa de Adrián Cunha Veira, tamén coñecido como Pixelín.

Adrián falounos de fotografía, realización de videoclips e de moitas cousas máis.

Revelounos a súa paixón polo mundo da imaxe, falounos dos seus inicios, do que anda facendo, do que lle gustaría facer e mesmo compartiu connosco algúns segredos técnicos.

Que máis se pode pedir? Pois que volte axiña ao Breamo, que aquí o recibiremos con moito gusto!





De Pixelín vimos o videoclip "Rock do país" na II Semana das Curtas no Breamo e o videoclip "Adiante" na II Semana da Música do Breamo.

Pódense ver máis vídeos seus na web Pixelín Photo


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 12-06-2012 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Era unha vez... Paula Carballeira


Dous momentos da contada de Paula Carballeira no IES Breamo esta mañá:
Unha rapaza que non lle tiña medo a nada
A cachola do porco

Grazas, Paula, polo medo e polas risas!!!

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 10-05-2012 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Paula Carballeira no Breamo!!!
     

A actriz, autora, directora e contacontos Paula Carballeira estará hoxe connosco no Breamo!!!

Aínda que é moi coñecida polo seu traballo na tele, destaca en moitos outros ámbitos. Velaí vai unha síntese da súa traxectoria:

Paula Carballeira, que naceu en Maniños (Fene) en 1972, adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende 1994.

É membro da compañía Berrobambán dende 1996, pero tamén desenvolve a súa traxectoria como actriz e directora noutras compañías, como o Centro Dramático Galego, Talía Teatro ou Magrinyana.

Traballa tamén como contadora de contos e actriz en diferentes series e espazos da TVG e como colaboradora na Radio Galega.

Pero Paula ademais é unha escritora prolífica e, desde o ano 1990, no que apareceu o seu primeiro libro A percura, non deixou de publicar numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, poesía, teatro e narrativa.

Recibiu en 1998 o 2º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por A morte do mar. E foi gañadora do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas noites e do VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O refugallo.

Paula Carballeira na Galipedia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 10-05-2012 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
Rocío e Tamara na Voz

As gañadoras da final do Tíralle da Lingua, Tamara Diz e Rocío Tenreiro, aparecen en La Voz de Galicia do xoves 3 de maio, na sección de Ferrol.

Traducimos:

"Hoxe abrimos La Mirilla cuns narradores de Pontedeume e Narón que souberon representar moi ben os seus institutos no duodécimo concurso de relato oral Tíralle da Lingua, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. No certame, celebrado a semana pasada en Santiago, Rocío Tenreiro e Tamara Diz, alumnas de Bacharelato do IES Breamo, fixéronse co primeiro premio da súa categoría cunha historia sobre laranxas. Pola súa parte, Adrián Dopico e Tania Pico, do Terra de Trasancos, lograron o primeiro posto do primeiro ciclo de ESO con A fermosa historia de Macarrón e Cartulina."


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 05-05-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Outro exitoso OPS! no Breamo


Dous momentos do curso OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que impartiu esta mañá Loaira no IES Breamo para alumnos e alumnas de 2º de ESO e 1º de Diversificación.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 03-05-2012 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Máis un OPS! no IES Breamo

No primeiro trimestre o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato do IES Breamo xa puido comprobar que se sabemos galego énos moi doado aprender portugués.

Mañá, xoves 3 de abril, poderán ter a proba os rapaces e rapazas de 2º de ESO e 1º de Diversificación nun novo obradoiro OPS! O PORTUGUÊS SIMPLES, que terá lugar ás 12:30.



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 02-05-2012 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Representantes do Breamo no Tíralle da Lingua 2012

Santiago, 26 de abril de 2012

Representación do Breamo no XII Concurso de Relato oral: Tíralle da Lingua en Santiago!!!

Grazas aos cinco por participardes!!!

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 26-04-2012 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
En Santiago

Participantes e acompañantes do IES Breamo momentos antes da final do Tíralle da Lingua 2012 en Santiago (26/04/2012).








Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 26-04-2012 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet