AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Do outro lado do rio
Documental de Carlos Méndez Pereira sobre os cursos de Língua Portuguesa 'aPorto' 2011:

Do outro lado do rio from Carlos Mendes Pereira on Vimeo.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 08-05-2012 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
O que todo galego debe saber do portugués
Algúns capítulos que o programa Ben falado! lle adicou ás principais diferenzas entre o galego e o portugués, en concreto aos chamados falsos amigos.








Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 05-05-2012 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Fico assim sem você. Adriana Calcanhoto

Aquí temos a canción de Adriana Calcanhoto que descubrimos no OPS!:



Avião sem asa, fogueira sem brasa
Sou eu assim sem você
Futebol sem bola. Piu-Piu sem Frajola
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Amor sem beijinho,
Buchecha sem Claudinho
Sou eu assim sem você
Circo sem palhaço, namoro sem amasso
Sou eu assim sem você
To louca pra te ver chegar
To louca pra te ter nas mãos
Deitar no teu abraço, retomar o pedaço
Que falta no meu coração
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo Porque? Pooooooorque?
Neném sem chupeta, Romeu sem Julieta
Sou eu assim sem você
Carro sem estrada, queijo sem goiabada
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 03-05-2012 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
SITES PARA APRENDERMOS PORTUGUÉS


Eis algunhas páxinas para autoformármonos en liña, case todas nolas facilitaron nos OPS!. Obrigad@s!

DICIONARIOS

O dicionario on-line en portugués máis visitado:
http://www.priberam.pt/dlpo/

Dicionario galego en portugués:
http://www.estraviz.org/

Dicionario bilingüe español-portugués, portugués-español:
http://www.wordreference.com/espt/

TRADUTOR

Para traducir textos de galego/castelán para portugués e viceversa:
http://www.opentrad.com

CURSOS E OUTRAS FERRAMENTAS PARA PRACTICAR

Para practicar a escrita:
http://www.flip.pt

Para aprender portugués de balde:
http://www.busuu.com/pt

Para practicar diferentes aspectos da lingua de xeito lúdico. Ten moitos xogos:
http://cvc.instituto-camoes.pt/

LITERATURA

A maior base de literatura en portugués para descarga libre:
http://alfarrabio.di.uminho.pt/vercial/

Site con libros e vídeos en portugués para descarga libre:
http://www.dominiopublico.gov.br

XORNAIS

Principal xornal en liña portugués:
http://www.publico.pt

Xornais portugueses accesíbeis na rede:
http://www.jornaisportugueses.com

Principal xornal en liña brasileiro:
http://www.folha.uol.com.br

Xornais brasileiros na rede:
http://www.guiademidia.com.br/jornais.htm

FILMES E SERIES

Site portugués para baixarmos filmes e series (en portugués ou estranxeiras con subtítulos):
http://portugalseries.net

Site brasileiro para baixarmos filmes:
http://www.baixalogofilmes.net

MÚSICA

Site portugués para ouvirmos música e criarmos radios: http://cotonete.clix.pt

Lista de música portuguesa no spotify:
http://open.spotify.com/user/breio/playlist/5fnfikEUnZf6mYsCt324fy

TELEVISIÓNS

Site que recolle ligazóns a tvs e radios on-line:
http://www.tvtuga.com

TV Brasil, a súa TV pública:
http://www.tvbrasil.org.br

Web TV Brasil a través da rede:
http://www.tvbrasil.org.br/webtv

LUSOFONÍA GALEGA

Site galego que recolle información sobre lingua e cultura da lusofonía galega:
http://www.pglingua.org

HUMOR

Blogues de humor:
http://www.anoesemchamas.com.br
http://www.chongas.com.br
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 03-05-2012 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
O caso do finés
Peter Kraus
‘En Finlandia os estudantes aprenden finés e sueco’. Este é o título que encabeza a entrevista a Peter Kraus, profesor en Helsinki, realizada por Horacio Vixande para A Nosa Terra en xuño de 2009, na que aborda o multilingüismo na UE e explica o caso finlandés.

O alemán Peter Kraus, profesor de Relacións Étnicas e Nacionalismo na Universidade de Helsinki, é un estudoso dos conflitos lingüísticos en Europa e conta cun coñecemento profundo da situación en España.


Entrevista completa en A Nosa Terra (31/06/2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 02-02-2010 21:12
# Ligazón permanente a este artigo
Euronews. Europeos: as linguas minoritarias de Europa

En 2008 celebráronse os primeiros dez anos da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias. Aproveitando esta efeméride, esta pequena reportaxe aborda a realidade das linguas minoritarias de Europa, a través de idiomas como o galés e o bretón.

A supervivencia dos idiomas non maioritarios dependerá en boa medida da aplicación, ou non, desa Carta.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 02-02-2010 21:09
# Ligazón permanente a este artigo
Linguas peninsulares


Presentación de Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio - Cuntis)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 02-02-2010 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Unha Realidade PlurilingüE


Presentación de Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio - Cuntis)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 02-02-2010 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa lingua é o noso lugar no mundo


Dos seis mil idiomas que existen no mundo, a metade está en grave perigo de extinción e é probable que desaparezan nos próximos cen anos.

Pero que acontece realmente cando desaparece un idioma? E por que unhas linguas desapareceron ao longo da historia e outras, en cambio, expandíronse?

Isto e moito máis estuda o documental danés In Language We Live (Voices of The World), en galego Na lingua vivimos, que podedes ver aquí en sete partes dobrada ao castelán.

Dirección: Janus Billeskov Jansen e Signe Byrge Sørensen.

1ª parte:


"Cada vez que desaparece un idioma pérdese con el unha visión do mundo. (...) As diferenzas dos nosos entornos son as responsables das palabras únicas de cada idioma. (...) Se desaparecese o meu idioma perdería o meu lugar no mundo. Xunto co meu idioma esvaeceríanse tamén longas épocas do meu pasado, a historia e a cultura da miña familia."

"Así que só existen seis mil xeitos distintos de ver o mundo, das cales tres mil poden desaparecer nos próximos cen anos, isto significa que existe o risco real de perder a percepción que cada un de nós ten dos seres humanos, é dicir, que desapareza o noso concepto do que é un ser humano".

David Crystal, lingüista.


2ª parte:


"Hai unha verdade universal e é que a lingua máis influínte vai dominar sempre a menos influínte. A cultura maioritaria absorbe a minoritaria. Isto é unha lei de vida para os humanos. Non importa se falamos do español, do francés, do portugués, do árabe, do hindi, do ruso ou do chinés, todos eles son idiomas con moito peso que ao chegar a calquera parte do mundo, fano como apisoadoras que van destruíndo as linguas minoritarias ao seu paso."

David Crystal


3ª parte:


"O idioma está moi perto do corazón das persoas, forma parte da nosa alma, por iso é algo cara ao que sentimos un grande apego. De aí que o idioma sexa o punto feble contra o que atacar para manter un pobo sometido."

David Crystal


4ª parte:


"A pregunta que todo o mundo se fai é: cando morre unha lingua? Dise que cando morre a última persoa que a fala, pero algúns pensan que é cando morre a penúltima, posto que entón a última queda sen ninguén con quen falala."

David Crystal


5ª parte:


"Cando existe a posibilidade de que unha lingua poida desaparecer, os membros máis importantes dunha comunidade son os adolescentes. Son fundamentais posto que serán pais na seguinte xeración. (...) En dez anos eles serán nais e pais e a menos que lles teñamos inculcado a importancia do seu idioma para a súa identidade e que adquiran conciencia diso, non se molestarán en ensinárllelo aos seus fillos."

David Crystal


6ª parte:


"Se o pobo mla bri desaparecese hoxe, xa sexa a súa lingua ou a xente que a fala, desgraciadamente non sei ata que punto o mundo os botaría de menos, pero iso débese unicamente a que non saben o que se están perdendo. Se os mla bri desaparecesen preferiría desaparecer con eles porque eu si sei o que me estaría perdendo. Eu xa me sinto parte deles. Son un mla bri e síntome coma tal."

Declaracións dun mozo que aprendeu a lingua dos mla bri aos sete anos.


7ªpate:


"Penso moito sobre as posibles consecuencias que ten que unha lingua desapareza. É como se lle dixésemos a alguén: que tería perdido o mundo se a túa lingua nunca tivese existido?"

David Crystal


Deixa o teu comentario (1) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 29-04-2009 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo é unha realidade plurilingüe
Aquí incluímos unha interesante presentación que elaborou o ENDL do IES Elviña, con ocasión da conmemoración do Ano Internacional das Linguas 2008, e que nos achega a riqueza e diversidade lingüística mundial antes de nos amosar a situación e a historia da lingua galega.


Ademais, na páxina Lingua Món (Casa de les llengües), da Generalitat de Catalunya, que inclúe unha versión en galego , podedes ver tamén un vídeo moi interesante chamado Vive un mundo de linguas! sobre a realidade plurilingüe do mundo no que vivimos.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 28-04-2009 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet