AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Pechan 15 servizos de normalización lingüística
A eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a irresponsábel tardanza da nova e minguada convocatoria por parte da Deputación da Coruña e da Xunta favorecen o despedimento de 15 técnicos/as de normalización lingüística e o peche doutros tantos servizos.

Cumpriuse a peor das previsións, e o ano remata co peche de 15 servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos.

Ler máis


Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 31-12-2011 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Valentina Formoso: 'O principal reto neste momento é o de ilusionar aos equipos para seguir traballando nunhas situacións moi difíciles'

Valentina Formoso foi reelixida hai uns días presidenta da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENL) co principal obxectivo de dignificar o uso do galego e extender o seu uso dentro e fóra dos centros de ensino.


Xurxo Salgado faille unha interesante entrevista a Valentina Formoso, coordinadora da CGENDL, para Galicia Confidencial.



Fonte: Carta Xeométrica


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 26-11-2011 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
O galego en infantil
Información sobre o Programa de potenciación do galego en infantil en contextos castelanfalantes, as extintas liñas de galego. O vídeo procede da canle de You Tube da Consellería de Educación.




Vía: Carta Xeométrica


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 30-03-2011 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Gárdasme o segredo?

Fonte: As miñas historias
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 13-03-2011 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta de Galicia pechou Flocos TV, a mellor xanela do audiovisual galego

Agora se entramos en Flocos TV podemos ler "Esta web xa non está operativa".


A que viña sendo a mellor xanela do audiovisual galego acaba de ser pechada.

A partir de agora non só non incorporará novas películas ao seu escaparate (había 300 pezas en cola agardando para ser subidas), senón que xa non poderá ensinar ningún dos fondos que podiamos visitar ata hai uns días, máis de 350 obras dispoñibles entre curtas, tráileres, making of, documentais, videocreacións e longametraxes.

E por se alguén pensa que os motivos do peche son económicos, que saiba que o custe de mantemento da web na rede era de 300 euros mensuais.

Claro que a mala noticia non é unha sorpresa para ninguén. Dende o comezo desta última lexislatura da Xunta este non é o primeiro proxecto comprometido co audiovisual galego que se bota por terra, así que a derruba de Flocos TV xa estaba tardando. De nada lle valeu a boa acollida do público nin o recoñecemento dos profesionais.

Quedará na nosa memoria a idea xenial e a brillante execución dunha web que abrigaba curtas e longrametraxes de todos os estilos feitas na nosa lingua, unha auténtica videoteca en liña gratuíta, á que se enlazaban centos de blogues, tamén este.

Como homenaxe a Flocos TV e co agradecemento aos que a puxeron en pé, incorporamos imaxes da entrega do Mestre Mateo 2008 á mellor obra interactiva, que foi recollido polos seus creadores, os integrantes da Navalla Suíza e a desaparecida Axencia Audiovisual Galega:




Máis información aquí.

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 01-03-2011 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Los libros arden que flipas
Fonte da imaxe Sei o que nos figestes os últimos 525 anos




A imaxe é unha parodia, pero a noticia non. Non se trata dunha inocentada, senón dunha das noticias máis esperpénticas do ano 2010:

190.000 libros de texto en galego foron destinados ao lixo! Uns cinco millóns de euros en plena crise!




Fonte do texto: Galicia Hoxe (15/06/2010)


Indecencia, malgasto e galegofobia, artigo de Carlos Callón en Galicia Hoxe (14/06/2010)
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 28-12-2010 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
O que vai supoñer o Decreto

decreto.JPG


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 23-06-2010 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
O que vai supoñer o decreto contra o plurilingüismo
Como moi ben recolle A Tabarra Dixital, por primeira vez na nosa historia democrática un decreto sobre as linguas no ensino:

- pode entrar en contradición con normas de rango superior (Lei de Normalización, Lei Orgánica de Educación...)
- ten en contra a maioría dos colectivos profesionais e sociais
- limita o coñecemento, limita as destrezas lingüísticas e, en conxunto, as competencias do alumnado
- imponlle ao profesorado o uso do castelán (contra criterios pedagóxicos)
- obriga as familias a mercar libros de texto inutilmente e a tirar os actuais, causando un gasto de millóns de euros
- crea conflito nos centros e en toda a sociedade e reforza os prexuízos lingüísticos

Alguén dá máis? Con razón a Xunta confirmou no Parlamento que vai gastar un millón de euros para convencer 'sobre o decretazo'. Falta farán para tapar tanto despropósito.

Nós sumámonos de novo á campaña informativa da Coordinadora de ENDL, que aínda que non é millonaria, si é moi clariña:

decreto.JPG



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Luís Villares, xuíz: 'Unha sanción por desobedecer o decreto do ensino poderíase impugnar por ilegal'
O maxistrado da Fonsagrada participará no V Congreso de AGAPEMA
A Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática, AGAPEMA, organiza en Ferrol os días 25 e 26 deste mes o seu V Congreso. Entre as comunicacións previstas para esa cita, figura unha moi acaída para saber o que pode acontecer no vindeiro curso escolar. É a que presentará o xuíz Luís Villares baixo o título “Podemos dar as clases en galego?”. En Radiofusiòn explicou que si: “Non habería dificultade ningunha en que ante unha hipotética sanción derivada desa aplicación do regulamento se puidese impugnar a actuación por ilegal e declarala nula completamente”.

Sociedade • 17/06/2010 • Autor: M. A.

Teimar en impartir as materias en idioma galego non é “rebeldía”, en todo caso unha “desobediencia”, precisa o xuíz titular d’A Fonsagrada. Requirido polo abeiro que a lei lles confire aos mestres que continúen a desenvolverse en clase como o facían baixo o decreto do ensino derrogado, Luís Villares explica: “A suxeción de todos ao ordenamento xurídico é ao seu conxunto, non unicamente ao decreto, que non convivé só, senón que está subordinado a leis que están por enriba como a de Normalización Lingüística e a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias”. O contido desas normas entra en contradición co decreto promovido pola Xunta dunha maneira que Villares cualifica como “aberta e groseira”. Xa que logo, lembra que “posto a escoller a que norma se somete un, as de rango superior teñen que ser observadas sobre as de rango inferior cando estas contradicen ás outras, porque son nulas”.

“Teño reservas” avanza o xuíz sobre a posibilidade de que se lle abran expedientes sancionadores aos mestres que desobedezan o decreto. Non dubida en sinalar o decreto do plurilingüismo como “ilegal” e, así as cousas, “todos os actos que deriven de regulamentos ilegais son nulos de pleno dereito”. O maxistrado prognostica que se cadra non se chega a esa situación se prosperan antes do inicio do curso os recursos presentados por diversos sindicatos e plataformas contra a norma da Consellaría de Educación. Nese caso, adianta Villares, “supenderíase provisionalmente a súa aplicación e continuaría en vigor o anterior decreto. Os tribunais poderían deixar o novo sen efecto transitoriamente e, se o declaran ilegal, o Goberno tería que facer outro”.

Verbo do plan da Xunta para promover unha reforma legal que permita realizar consultas aos pais e nais en Primaria e Secundaria sobre o idioma das materias e outros aspectos do ensino, Luís Villares é tallante: “Calquera que lea a sentenza do Tribunal Constitucional 337/94 entende que non pode ser así. Esa sentenza acabou cun debate semellante en Cataluña nos anos 90”. “Non hai lei que poida facer abdicar ao Executivo autonómico do seu deber de decidir a configuración curricular a favor dunha suposta elección paterna ou materna”. “A regulación dese contido entraría no corazón mesmo do dereito á educación e deberá ser regulado por lei orgánica. A Xunta non ten competencia para iso”, resolve.


Fonte: Coordenadora de Equipas de Normalización de Ferrolterra


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:37
# Ligazón permanente a este artigo
A CGENDL mostra a súa preocupación pola demisión dos coordinadores/as dos ENDL
Perante a demisión dos/as coordinadores dos ENDL, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüísticas quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, expresar o recoñecemento público ao labor desenvolvido por estes/as profesionais ao longo dos pasados anos. O seu traballo de asesoramento, apoio e coordinación dos ENDL dos centros educativos foron un avanzo importantísimo para a realización do traballo dos equipos durante os pasados cursos.

Foi o seu, alén diso, un labor feito desde a coherencia, o compromiso sen complexos coa nosa lingua e unha profesionalidade que axudou a aunar esforzos, a non duplicar labores, a optimizar os recursos e os cartos dos contribuíntes e visibilizar o traballo colectivo, a maior parte das veces voluntarista, de moitas das persoas comprometidas coa nosa lingua nos centros de ensino.

En segundo lugar, mostrar a maior comprensión á hora de presentar a súa renuncia xa que, coma eles/as, observamos como desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística se está a lexislar en contra do traballo que viñeron desenvolvendo estes anos e en contra da nosa lingua.

En definitiva, a renuncia destes/as profesionais de grande valía para o noso traballo diario só pode ser entendida como un grave paso atrás no traballo a prol da normalización lingüística nos centros educativos.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Os coordinadores provinciais e central da normalización nas aulas dimiten polo novo decreto
Casteleiro

A nova norma elimina o termo “normalización” do nome dos equipos, que deben limitarse a “dinamizar” a lingua

A Secretaría Xeral de Política Lingüística do bipartito encomen­doulles en 2007 “revitalizar” o galego nos centros educativos mediante a “coordinación”, en cada provincia dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos non universitarios. Tres anos e medio despois, unha norma do mesmo departamento, xa no Executivo do PP, forza a súa dimisión.

O “cambio de rumbo” na política lingüística da Xunta e, nomeadamente, a posta en marcha do denominado decreto do plurilingüismo, vén de provocar a dimisión conxunta dos catro coordinadores provinciais dos equipos de normalización, así como do coordinador central, que desenvolvía o seu traballo dende Compostela.

Segundo puido saber Xornal de Galicia, a norma impulsada dende o departamento que dirixe Anxo Lorenzo foi o detonante final dunha situación que, segundo as fontes consultadas, “latexaba” dende hai meses no seo dos gabinetes provinciais de normalización, aos que o Executivo de PSdeG e BNG incorporar a estes profesionais que, á súa vez, orientaban o labor dos mestres que, en cada centro educativo, se ocupan directamente da promoción da lingua galega.

Atendendo ás mesmas fontes, estes cinco docentes consideraron que o seu labor de “compromiso coa normalización” da lingua propia de Galicia “xa non pintaba nada”, o que os levou a tomar a determinación de abandonar o seus postos de maneira conxunta ao remate do presente curso escolar, o primeiro no que o novo decreto xa estará en vigor.

A xuízo destes mestres, o ensino galego atópase diante dun “peche de ciclo en materia de normalización e dinamización lingüística”, no que, ao abeiro do decreto 124/2007, xa derrogado, existiu, na súa opinión, unha “defensa sen complexos da nosa lingua” nas aulas, mediante unha “pedagoxía innovadora” tanto “no ámbito escolar”, coa implantación da norma que situaba as materias impartidas en galego nun “mínimo” do 50%, coma no “extraescolar”.

Foron estas as circunstancias que se situaron por tras dunha decisión “reflexionada e acordada” entre os cinco docentes e que, ao mesmo tempo, abre a incógnita de se os seus postos serán cubertos por outros profesionais no curso 2010-2011 xa que, ata o mes de setembro, os dimisionarios permanecerán, de xeito provisional, nas súas funcións.


CAMBIO DE DENOMINACIÓN

O futuro dos equipos de normalización lingüística dos centros educativos foi un dos focos de maior controversia durante todo o proceso de elaboración do denominado decreto do plurilingüismo, comezando polo seu propio nome xa que, de agora en diante, os órganos encargados da promoción do idioma no ensino pasan a ser, unicamente, de “dinamización” do galego.

Neste sentido, a presidenta da coordinadora galega de equipos de normalización, Valentina Formoso, considerou, durante o proceso de elaboración do decreto, especialmente “preocupante” o “transfondo” da medida. Na súa opinión, o cambio de nome “dá por suposto que o galego xa está normalizado e só compre desenvolver medidas de dinamización en torno a el”. Pola contra, apunta, “na sociedade e, sobre todo, entre os adolescentes en idade de acudir á escola, a lingua propia segue a precisar normalización e máis protección”.


Fonte: Xornal.com (18/06/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Dez razóns para elixirmos galego como lingua materna na consulta lingüística en Ensino Infantil


Decálogo elaborado por Nais e Pais polo Ensino en Galego


Fonte: Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística
Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os pais que queren educación en galego para os seus fillos non son respectados
Imaxe de Jessica Barcala
Nota de prensa da CGENDL ante a supresión
das liñas de galego en infantil


A Coordinadora Galega de ENDL denuncia unha decidida acción de desprotección do galego no ensino infantil por parte da Consellería de Educación.

A actuación da Consellería provoca a desorientación e o caos administrativo nos centros educativos que xa cumpriran coas súas responsabilidades.

A decisión das familias que optaron polo ensino en galego ao abeiro dun programa de innovación educativa de óptimos resultados non é respectada.


A Consellería de Educación vén de prohibir que se desenvolvan os Proxectos de Innovación Educativa que lles permitía aos centros de contornos castelanfalantes con máis dunha liña ofertar ás familias un ensino en galego nunha delas, única forma de achegar a lingua galega aos máis cativos nestes contextos.

Os citados proxectos veñen de ser eliminados despois de permitir que se realizase a preinscrición, se tramitase a documentación e se conformasen os agrupamentos do alumnado. Días antes de formalizar a matrícula, as familias e os centros non saben cal vai a ser o criterio de agrupamento, polo que temen que os nenos galegofalantes queden diluídos en grupos maioritariamente castelanfalantes. Isto, unido á presenza social do castelán na sociedade, supón a castelanización total dun alumnado cuxas familias querían que aprendesen o galego desde as idades temperás.

Queda demostrado que a opinión das familias que queren ensino en galego non é respectada, xa que todas as que participan nestes Proxectos de Innovación solicitaron expresamente este tipo de ensino pensado para o galego e aprobado no Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) como medida de apoio a esta lingua que é a que está minorizada na sociedade.

A maneira de proceder da Consellería de Educación demostra unha total falta de responsabilidade por parte da administración educativa e de respecto cara os profesionais do ensino, ao deixar os centros de Infantil sumidos no desconcerto e a desorientación, ademais de introducir un caos organizativo nos derradeiros días de curso. Tamén evidencia a falta de respecto cara ás propias familias ao negarlles a posibilidade de respectar a súa decisión.

En definitiva, esta medida sen dúbida irá en menoscabo da calidade educativa ademais de supoñer unha acción gravísima de desprotección do galego, lingua minorizada que require de accións de apoio.

A Coordinadora Galega de ENDL anuncia que redobrará esforzos para, en colaboración cos diferentes sectores que compoñen o mundo educativo, evitar a desprotección e a marxinación da lingua galega no ensino infantil.

Fonte: Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta prohibe a inmersión en galego nas cidades


Suprímese a continuidade da liña en galego en infantil en 23 centros públicos e 19 concertados, malia haber máis demanda que oferta

Prohibida a inmersión... en galego. O decreto aprobado polo bipartito permitía esta técnica pedagóxica na lingua propia en Educación Infantil nas contornas urbanas para favorecer así que os máis pequenos que teñen un contacto nulo coa lingua o poidesen ter nas escolas. Esta posibilidade existía grazas á lexislación aprobada en 1995 polo goberno de Manuel Fraga e que posteriormente foi desenvolvida no decreto de 2007 que agora foi suprimido polo Executivo.

Algúns colexios de ámbitos castelánfalantes podían potenciar este modelo para garantir unha competencia mínima en galego dos rapaces de entre tres e cinco anos. O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) lembra que xa o ano pasado a consellaría xa optou por eliminar as axudas económicas para este programa. Agora, Educación acaba de comunicarlle aos 47 centros que mantiñan estes programas de que non poderán levarse a cabo no vindeiro curso

Dende o STEG aseguran que “esta decisión non ten en conta a demanda constante de numerosas familias que constatan diariamente a imposibilidade de garantir o bilingüismo para unhas nenas e uns nenos que, a partires dos 6 anos terán que coñecer ben o galego para comezar o ensino obrigatorio.” "As únicas novidades lexislativas deste goberno en materia educativa non se preocupan da calidade do ensino, senón de eliminar todas as medidas existentes de protección da lingua", aclara.


Fonte: Xornal de Galicia (16/06/2010)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 20-06-2010 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
O que vai supoñer o Decreto
Folleto publicado en www.coordinadoraendl.org
Se segundo os estudos, o alumnado galego supera a media do estado nos resultados académicos, por que se empeñan en cambiar un modelo lingüístico que funciona?

É incompatible o galego coa aprendizaxe científica e tecnolóxica?

Vai haber realmente un equilibrio entre as dúas linguas?

O estudantado vai rematar os estudos obrigatorios con competencia en galego
?

Para estas preguntas e outras podes atopar respostas claras e concisas nun ameno folleto ilustrado por Serxio Suárez na web da Coordinadora galega de ENDL.


Descarga aquí o folleto en .pdf e sal de dúbidas.


Tamén podes lelo a continuación:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 28-05-2010 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet