AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Pardeconde. Premio do público no II Concurso de Videoclips do Breamo
Este foi o vídeo premiado polo público no II Concurso de Videoclips do Breamo, convocado polo EDLG do IES Breamo na II Semana da Música (maio 2012).

Idea e montaxe: Antón Álvarez, Carla Penabad e Sara Caldevilla (3º ESO)

Música: "Pardeconde" de Gran Purismo




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 19-06-2012 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Espida de credo. Premio do xurado no II Concurso de Videoclips do Breamo
Este foi o vídeo premiado polo xurado no II Concurso de Videoclips do Breamo, convocado polo EDLG do IES Breamo na II Semana da Música (maio 2012).

Idea e montaxe: Aida Santos e Alba Martínez (3º ESO)

Música: "Espida de credo" de Fanny+Alexander




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 19-06-2012 23:31
# Ligazón permanente a este artigo
Non quero perderte. Elodio y los seres queridos

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 02-06-2012 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
Facemos un videoclip?


Despois do éxito do curso pasado, que tal se este ano lle facemos un videoclip a algún destes temas?

APAGHA A TELE de Dios Ke Te Crew (2006)

PARDECONDE de Gran Purismo (2007)

EU SÓ de Projecto Mourente

GALICIA ESTÁ DE FESTA de Dj Son1c (2011)


Hai moita música Creative Commons en galego en A REGUEIFA NETLABEL e O TOXO RABUDO NETLABEL.

Tamén hai páxinas desde onde se poden descargar fotos moi boas Creative Commons para os videoclips:

PHOTOPIN FOTOS LIBRES

25 BANCOS DE IMAXES DE BALDE


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 31-03-2012 00:03
# Ligazón permanente a este artigo
A festa non vai parar. Máis un videoclip
Adrián e Mario, de 3º ESO A, agasalláronnos cun novo videoclip a partir do tema dance do Dj Son1c "A festa non vai parar" e aquí o compartimos convosco:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 03-07-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
O merengue do porquiño
O merengue do porquiño de Joselito gañou o A polo Ghit do ano 2009.

A partir deste tema, Diego e Luís, de 3º ESO A, fixeron este videoclip. Que diremos? Gozade da festa ou bo proveito?:






Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 03-07-2011 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
A festa non vai parar. Vídeo gañador no I Concurso de Videoclips do Breamo
Este foi o vídeo gañador no I Concurso de Videoclips do Breamo convocado polo EDLG do IES Breamo na Semana da Música (maio 2011).

Idea e montaxe: Ana Varela García e Laura Cortizas Feal (3º ESO)

Música: "A festa non vai parar" de Dj SON1C feat. ISIS (www.moguda.com)




Deixa o teu comentario (2) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 08-06-2011 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Os videoclips favoritos do público na Semana da Música do Breamo
Esta lista de música recolle, respectando a orde de preferencia, os sete videoclips máis votados polo público do IES Breamo na Semana da Música que tivo lugar este mes de maio:

GgAaL-EGO por El Puto Coke (2010)
Quedamos nesa praza de Som do Galpóm (2009)
Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)
Calamar por The Homens (2007)
Camiños de Lamatumbá (2008)
Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)
Espida de credo de Fanny + Alexander (2009)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 06-06-2011 18:28
# Ligazón permanente a este artigo
A música favorita dunha década en vídeos
A rapazada do Breamo vén de escoller os hits da música galega
da primeira década do XXI. Velaí os vídeos:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 20-06-2010 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
OS HITS DUNHA DÉCADA
Por fin se realizaron as votacións e podemos facer públicos os temas favoritos da música galega desta última década, a primeira do século XXI, para a rapazada do Breamo.

Encabezan a lista temas dance e hip-hop, mais nesta escolla podedes comprobar que houbo espazo para unha gran variedade de estilos musicais.

Constatamos ademais que a maioría das seleccionadas son cancións destes últimos catro anos, polo que podemos dicir que a nova música galega vén petando forte, aínda que a radio e a televisión lle pechen as portas, e conecta á perfección coas novas xeracións, o que supón unha moi boa noticia para a música emerxente do noso país e, por suposto, para a nosa lingua.

Grazas desde aquí a todo o mundo polas suxestións achegadas a través dos comentarios e a viva voz e grazas tamén a todos e todas por participardes nas votacións.


E OS PRIMEIROS NOS CORAZÓNS DO BREAMO SON:

1. A festa non vai parar de Dj Son1c (2008)

2. GZ vs Sementar Sementarei de Sonico dB feat. Fredo (2002)

3. Apagha a tele de Dios Ke Te Crew (2006)

4. Pardeconde de Gran Purismo (2007)

5. Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)

E SÉGUENOS PISANDO FORTE:

6. Escola hip-hop de Puto Coque e Wöyza (2007)
7. Ninguén de Dios Ke Te Crew e Quempallou (2007)
8. Galicia es una mierda de Ataque Escampe (2008)
9. O merengue do porquiño de Joselito (2009)
10. Deitado frente ao mar de Dios Ke Te Crew (2006)
11. Bilingüismo Harmónico de Leo i Arremecághona! (2007)
12. Canto de serea de Magín Blanco e Burgas Beat (2008)
13. Os animais de Luar na Lubre (2007)
14. Por verte sorrir de Hugo Torreiro (2009)
15. Rock and Roll de Ruxe Ruxe (2008)
16. Quedamos nesa praza de Som do Galpóm (2009)
17. Camiños de Lamatumbá (2008)
18. Era un airiño soave por Kedro & Dj Kiko (2008)
19. As cores do solpor de Loretta Martin (2006)
20. Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)


Deixa o teu comentario (3) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 18-06-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
CANCIÓNS EN GALEGO DE TODOS OS ESTILOS DESTES ÚLTIMOS ANOS

TÍTULOS PROPOSTOS POLO MOMENTO, colocados por orde alfabética:

A festa non vai parar de Dj Son1c (2008)
A forza da palabra de Zënzar (2009)
A lira interpretada por Uxía Senlle e Zeca Medeiros (2008)
A misteriosa de Santiago Auserón (2008)
Ai, non de Aid (2008)
Ajárrate de Mercedes Peón
Amei-te tanto esta tarde interpretada por Fanny+Alexander (2007)
Anju Kitahara de Emilio José (2009)
Apagha a tele de Dios Ke Te Crew (2006)
As cores do solpor de Loretta Martin (2006)
Bilingüismo Harmónico de Leo i Arremecághona! (2007)
Calamar por The Homens (2007)
Camiños de Lamatumbá (2008)
Canto de serea de Magín Blanco e Burgas Beat (2008)
Chuliboy de Projecto Mourente (2008)
Deitado fronte ao mar de Dios Ke Te Crew (2006)
Era un airiño soave por Kedro & Dj Kiko (2008)
Escola hip-hop de Puto Coque e Wöyza (2007)
Espida de credo de Fanny + Alexander (2009)
Europa e o ballet de Ataque Escampe (2009)
Galicia dos Carunchos (2009)
Galicia es una mierda de Ataque Escampe (2008)
GZ vs Sementar Sementarei de Sonico dB (Dj Goro e Dj Christian) (2002)
Herdeiros da ditadura de Dios Ke Te Crew (2006)
Marabilla de Mercedes Peón (2000)
Ninfa das frescas augas de Roi Casal (2008)
Ninguén de Dios Ke Te Crew e Quempallou (2007)
O merengue do porquiño de Joselito (2009)
O pozo de Arán de Carlos Núñez (2000)
Os animais de Luar na Lubre (2007)
Os piores inimigos de Projecto Mourente (2008)
Paralá de Mercedes Peón (2007)
Pardeconde de Gran Purismo (2007)
Por verte sorrir de Hugo Torreiro (2009)
Quedamos nesa praza de Som do Galpóm (2009)
Rock and Roll de Ruxe Ruxe (2008)
Salitre de Xabier Díaz (2004)
Santiago de Narf (2007)
Tempos de muller por Wöyza (2008)
Xigantes de Ruxe Ruxe (2008)
Xente de Berrogüetto (2006)

Aínda agardamos máis suxestións vosas.


Deixa o teu comentario (14) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 21-02-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Unha gabarra de música
Queremos achegarvos unha gabarra chea de música en galego. Atención: Falamos da mellor música en galego que se fixo nestes últimos anos e queremos que a escollades vós, os alumnos e alumnas do IES Breamo.

Nunha primeira fase confeccionarase neste blog, coa colaboración de tod@s vós, e de quen queira sumarse ás suxestións, unha relación de CANCIÓNS EN GALEGO DE TODOS OS ESTILOS DESTES ÚLTIMOS ANOS.

Nunha segunda fase realizarase no instituto unha VOTACIÓN na que cada alumno e alumna escollerá as súas cancións favoritas.

Agardamos aquí as vosas suxestións ao longo dos meses de febreiro e marzo para ir confeccionando a listaxe que someteremos a votación no instituto. Só tedes que deixar os vosos títulos favoritos nos comentarios deste artigo e logo engadirémolos á relación que ofrecemos en breve.

Por suposto, para inspirarvos, podedes escoitar e ver os vídeos musicais que nestes case tres anos fomos recollendo nas Gabarras. Pero tamén vos suxerimos que escoitedes toda a boa música que nos ofrecen as seguintes webs:

A REGUEIFA: www.aregueifa.net
MEGA: www.culturagalega.org/mega
GHASTAS PISTA: www.ghastaspista.com
KOMUNIKANDO: www.komunikando.net
FOLQUE: www.folque.com


Deixa o teu comentario (6) - Categoría: 00. Gabarra de Música - Publicado o 07-02-2010 22:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet