AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo


As Gabarras













O contido desta páxina precisa unha versión máis recente de Adobe Flash Player.


Obter Adobe Flash Player





 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Mobilízate. Lingua (capítulo 25)
En Galicia conviven dúas linguas. E o que debería ser unha riqueza cotiá convértese moitas veces nunha fonte diaria de conflitos. Neste programa especial para as letras galegas, avógase pola normalización do galego cos colectivos que traballan arreo pola súa inclusión dentro dun sistema que aínda pensa en castelán. Demóstrase que é posible defender unha lingua sen atacar as liberdades de ninguén e que cando nos mobilizamos coa palabra os nosos actos están cargados de razón.



Programa emitido o 15 de maio de 2011 en V Tv


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 16. Sociolingüística - Publicado o 19-01-2012 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dez pasos para revitalizarmos o galego
Artigo de Carlos Callón
publicado no Galicia Hoxe (02/05/2011)


(...)

Seguindo a mesma liña que percorro nese volume de próxima aparición, quero hoxe presentar unha serie de breves consellos ou pautas baixo o nome de "Dez pasos para revitalizarmos o galego". Este decálogo ten como base unha proposta realizada por Tilbert D. Stegmann, á cal xa fixen referencia noutro artigo desta sección e que tamén está incluída no meu libro En castellano no hay problema (Edicións Xerais, 2010). Porén, modifiqueino con algunhas ideas que recollín do Hexàleg per sobreviure escrito por Lluís Gon Saga para o caso catalán e adapteino libremente para a situación actual en que nos encontramos en Galiza no ano 2011. Velaquí os dez puntos, útiles para que os divulguemos e para que os practiquemos:



Dez pasos para revitalizarmos o galego

1. Fala en galego con todo o mundo: coa familia, coas amizades, coa xente que encontres pola rúa... Fai o propósito de te comunicares en galego sempre, mesmo con aquelas persoas coas que até o de agora falaches en castelán.



2. Respecta aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais exixe que tamén as outras persoas respecten a túa. Non lle digas á xente que lingua debe falar. Abonda con que deixes que os feitos falen por ti.



3. Mantente fiel ao idioma galego. Continúa a utilizalo, aínda que che respondan noutra lingua. Se de verdade a persoa coa que estás a falar non te comprende e tes que mudar a outro idioma, faracho saber.



4. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, a mellor forma de lle demostrares que valoras o seu comportamento é continuando a falar en galego con normalidade. Un eloxio exaxerado ou festexar diante doutra xente que esa persoa comezou a falar en galego pode causar vergoña e facer que axiña se abandone o galego. A normalidade é o maior afago.



5. Toma a decisión de escribires todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos, cartas, etc. en galego. Escolle a opción de galego no teu caixeiro automático, no telemóbel, nas redes sociais de internet, etc.



6. Se for o caso, galeguiza o teu nome e restaura o teu apelido. Pídelle a todo o mundo que te chame así e escríbelle a institucións e empresas para que se dirixan a ti coa nova forma oficial do teu nome e apelidos.



7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc, na nosa lingua. Apoia os produtos e servizos que usan o galego na publicidade, etiquetaxe, atención ao público, etc. Forma parte plena da comunidade lingüística galega!



8. Exixe de todas as administracións e empresas de que sexas clienta ou cliente que che escriban en galego. Faino amabelmente. Nunca esquezas no teu día a día solicitar que a documentación vinculada coa túa vida estea en galego, mais non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. A eses déixaos de lado, ignóraos.



9. Se tes como lingua habitual o castelán e aínda non te ves capaz de falar en galego de forma frecuente, interésate pola lingua de Galiza. Loita contra as inxustizas que padece quen quere vivir en galego en Galiza, pois a represión dunha lingua é un acto de barbarie. Comeza escollendo o galego como idioma no teu caixeiro, nas túas redes sociais, no teu telemóbel, etc. E, o máis importante, tenta falalo e escribilo, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso. Non te cortes! Verás que, se te soltas, es capaz de falar en galego moito mellor do que imaxinas!



10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasares a usar o galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, podes comezar falándoo con descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para o ires introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, "sen rompelo nin lixalo", iso si que deteriora o idioma. Lembra que para falar un idioma ben, primeiro hai que falalo mal e que a lingua que non se fala é a lingua que morre..


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 15. Reflexións sobre a lingua - Publicado o 19-01-2012 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
En Alemaña fálase: Rosmarie
Rosmarie Fuchs está a piques de rematar os seus estudos de Tradución en Leipzig (Alemaña). Tras varias visitas turísticas a Galicia, a súa curiosidade polo galego levouna a matricularse nun curso.

Para comprobar o ben que fala despois de só catro meses estudando a lingua, non perdas este vídeo gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig:




Fonte: eufalo.tv


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 19-01-2012 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
En Alemaña fálase: Katja
"O galego ten que ter a autoconfianza como para dicir si, son galego e falo galego sempre."

Estas son palabras de Katja Bode, que é alumna do máster de Tradución en Leipzig (Alemaña) e estuda galego dende hai nove meses.

Katja estivo de Erasmus en Santiago de Compostela e quedou namorada de Galicia e da cultura galega. Neste vídeo, gravado no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig, cóntanos o gran potencial que lle ve á lingua galega:




Fonte: eufalo.tv

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 19-01-2012 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un ex-alumno de galego en Londres
Dani é un ex-alumno do Cañada Blanch, que agora estuda na Universidade de Brighton:





Fonte: Fala Londres


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 10. Novos Falantes - Publicado o 19-01-2012 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galegos en Londres
Este programa da TVG achéganos á vida en Londres de varios galegos e comeza pola de Maricarmen de Culleredo, que leva alí catorce anos e é xefa de recursos humanos na segunda cadea de supermercados máis grande da capital británica.

Nos primeiros doce minutos Maricarmen amósanos Londres e fálanos do seu traballo, de linguas e do seu amor á terra. Tantos anos fóra de Galicia non foron ningún obstáculo para manter viva a súa lingua e transmitírllela aos netos.

GALEGOS NO MUNDO: LONDRES 1/7/2010




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 09. Lingua Rica Rica - Publicado o 19-01-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A que se adica Pai Nadal no tempo libre?
E agora que pasaron estas festas de Nadal, pódese saber que pasa con personaxes como Pai Nadal? A que se adicará no tempo libre? No seguinte vídeo dannos algunha pista do que fai nos outros once meses do ano:



Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 11-01-2012 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os Reis trouxéronnos o galeoke ao Breamo!


Disque nos portamos ben e que a petición chegou en prazo e os Reis Magos de Oriente trouxéronnos o galeoke por partida dobre: volumes 1 e 2.

Así que xa sabedes, ide adestrando a voz porque non vai haber quen se libre de cantar no Breamo!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 06-01-2012 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Máis Galeoke
Queridos Reis Magos:

Queremos o Galeoke!!!


O Galeoke é o primeiro karaoke con cancións 100% galegas destinado a revolucionar as sobremesas. Trátase do primeiro videoxogo para grandes e pequenos que permite cantar só en galego e gozar en familia e con amig@s da nosa música.

O ano pasado saíu á venda o seu primeiro volume, O galeoke, a música que levas dentro, e ante o seu éxito, este ano apareceu a segunda entrega, Galeoke, a música que levas dentro, volume 2.


LISTAXE DE GRUPOS QUE APARECEN NO VOLUME I.

LISTAXE DE GRUPOS QUE APARECEN NO VOLUME II.


Podemos ver algún momento da presentación do primeiro volume do Galeoke no Culturgal 2010:





Tamén contamos coa información ofrecida por Disquecool sobre a presentación do segundo volume do Galeoke no Culturgal 2011: Culturgal: Galeoke, a revolución das sobremesas


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 05-01-2012 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa veñen os Reis!!!


Se despois de investigar todas as ofertas de REGALEMOS GALEGO aínda non sabes que pedirlles aos Reis, podes consultar tamén o catálogo de ABERTOS AO GALEGO.

E non esquezas deixarlles esta noite algo de comer e beber aos Reis e aos seus camelos, pois son magos, pero teñen uns días de moito trafego e precisan recuperar enerxía.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 05-01-2012 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Desexamos compartir ilusión e esperanza cada día de 2012!!!


Desde As Gabarras queremos desexarvos un feliz 2012 cheo de ilusión e esperanza!!!

E ilustramos o noso desexo con este precioso calendario elaborado no IES Leliadoura de Ribeira e que atopamos no blog PARAUGAS DA LINGUA, da Coordinadora de ENDL da Barbanza


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 31-12-2011 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Boa entrada no 2012!!!


Desde Ponteceso deséxannos un feliz ano 2012 a todos e todas con este fermoso vídeo. "Aos que co seu labor diario son o empuxe da educación. Que teñades un ano no que gozar dos mellores momentos e afrontar os non tan bos con ánimo e esperanza; e no que a educación siga sendo co labor de todos e todas a plataforma onde coller impulso para atrapar os soños. Dende o IES Ponteceso, FELIZ 2012"


Bonita felicitación que queremos facer tamén nosa e compartila nas Gabarras con tod@s vós!!!


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 31-12-2011 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Pechan 15 servizos de normalización lingüística
A eliminación das axudas por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a irresponsábel tardanza da nova e minguada convocatoria por parte da Deputación da Coruña e da Xunta favorecen o despedimento de 15 técnicos/as de normalización lingüística e o peche doutros tantos servizos.

Cumpriuse a peor das previsións, e o ano remata co peche de 15 servizos de normalización lingüística (SNL) de concellos galegos.

Ler máis


Fonte: Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 12. Política Lingüística - Publicado o 31-12-2011 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xa é Nadal!!!
Desexámoslle á xente toda un Bo Nadal e nesta ocasión queremos facelo cun anuncio de Nadal dos humoristas de Gato Fedorento.



O spot foi creado para MEO, o servizo de televisión de pago de PT Comunicações e descríbenos todas as claves necesarias para facer publicidade no Nadal: as campaniñas, a neve, a aparición dunha “figura coñecida do mundo da música” (neste caso Lúcia Moniz, á que fóra de Portugal coñecemos como “a portuguesa de ‘Love Actually’“), a coral infantil para intensificar a proximidade emocional, as mamá Noel lixeiras de roupa para o público masculino, a xente de toda raza e condición para ser politicamente correctos…


Fonte: Disquecool

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 03. Humor - Publicado o 24-12-2011 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Regalemos galego

O Apalpador nunha ilustración de Leandro Lamas


Para quen lle pide os agasallos ao Apalpador e para quen llelos pide aos Reis, REGALEMOS GALEGO.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 14. Campañas dinamizadoras - Publicado o 24-12-2011 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego