AS GABARRAS


Caderno do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Breamo



 ÍNDICE
 GALERÍA DE FOTOS
 WEBS RECOMENDADAS
 BUSCA NESTE BLOG

Oitenta e nove mil primaveras máis (para Valentín Paz-Andrade)
Rapaces e rapazas do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. O título da canción, “Oitenta e nove mil primaveras”, é unha homenaxe implícita aos 89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro.

Máis información sobre a canción




Ensaiando as Oitenta e nove mil primaveras máis:




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 16-05-2012 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Galicia como tarefa. Valentín Paz-Andrade


Material elaborado polo EDLG do CEIP Campolongo sobre a vida e obra de Valentín Paz-Andrade:

GALICIA COMO TAREFA – galería de imaxes


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 15-05-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Telexornal sobre Valentín Paz-Andrade


Informativo realizado nos estudos do CPI dos Dices en Rois que repasa a vida e a obra de Valentín Paz-Andrade


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 06. Letras Galegas - Publicado o 15-05-2012 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Coruña


A Coruña é o nome oficial da cidade herculina. No blog Basteira hai unha completa explicación da orixe do topónimo A Coruña.

Outras achegas á toponimia de Galicia ao cargo de Jorge Cordal no mesmo blog Basteira


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 08. Onomástica - Publicado o 15-05-2012 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A cachola do porco


Sesión de narración oral de Paula Carballeira no IES Breamo o 10 de maio de 2012.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 11-05-2012 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Unha rapaza que non lle tiña medo a nada


Sesión de narración oral de Paula Carballeira no IES Breamo o 10 de maio de 2012.


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 11-05-2012 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Era unha vez... Paula Carballeira


Dous momentos da contada de Paula Carballeira no IES Breamo esta mañá.

Grazas, Paula, polo medo e polas risas!!!

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 10-05-2012 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Paula Carballeira no Breamo!!!
     

A actriz, autora, directora e contacontos Paula Carballeira estará hoxe connosco no Breamo!!!

Aínda que é moi coñecida polo seu traballo na tele, destaca en moitos outros ámbitos. Velaí vai unha síntese da súa traxectoria:

Paula Carballeira, que naceu en Maniños (Fene) en 1972, adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende 1994.

É membro da compañía Berrobambán dende 1996, pero tamén desenvolve a súa traxectoria como actriz e directora noutras compañías, como o Centro Dramático Galego, Talía Teatro ou Magrinyana.

Traballa tamén como contadora de contos e actriz en diferentes series e espazos da TVG e como colaboradora na Radio Galega.

Pero Paula ademais é unha escritora prolífica e, desde o ano 1990, no que apareceu o seu primeiro libro A percura, non deixou de publicar numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil, poesía, teatro e narrativa.

Recibiu en 1998 o 2º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho por A morte do mar. E foi gañadora do I Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, no 2006, por Boas noites e do VI Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil no 2011, por O refugallo.

Paula Carballeira na Galipedia


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 10-05-2012 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Os vellos punks non morren. Ruxe Ruxe



Resumo do concerto de estrea do novo disco de Ruxe Ruxe Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras en Santiago na Sala Capitol.

Cámaras: Pixelin e Susi Rodal
Realización e montaxe: PixelinPhoto
Música: Ruxe Ruxe


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 04. Música - Publicado o 08-05-2012 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Do outro lado do rio
Documental de Carlos Méndez Pereira sobre os cursos de Língua Portuguesa 'aPorto' 2011:

Do outro lado do rio from Carlos Mendes Pereira on Vimeo.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 08-05-2012 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
As laranxas
Rocío Tenreiro e Tamara Diz, gañadoras no IES Breamo do TÍRALLE DA LINGUA 2012 na categoría de 2º ciclo de ESO e Bacharelato, obtiveron tamén o 1º premio na Categoría C (2º ciclo de ESO e ensino postobrigatorio) na final do XII Concurso de relato oral: Tíralle da Lingua!!!

Falaron de laranxas adaptando un monólogo de Luis Piedrahita, pero sen perder nada do estilo que as caracteriza.

Aquí temos a gravación realizada o 12 de abril de 2012 despois de gañar no Breamo.




Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 02. Contando contos - Publicado o 05-05-2012 16:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Rocío e Tamara na Voz

As gañadoras da final do Tíralle da Lingua, Tamara Diz e Rocío Tenreiro, aparecen en La Voz de Galicia do xoves 3 de maio, na sección de Ferrol.

Traducimos:

"Hoxe abrimos La Mirilla cuns narradores de Pontedeume e Narón que souberon representar moi ben os seus institutos no duodécimo concurso de relato oral Tíralle da Lingua, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. No certame, celebrado a semana pasada en Santiago, Rocío Tenreiro e Tamara Diz, alumnas de Bacharelato do IES Breamo, fixéronse co primeiro premio da súa categoría cunha historia sobre laranxas. Pola súa parte, Adrián Dopico e Tania Pico, do Terra de Trasancos, lograron o primeiro posto do primeiro ciclo de ESO con A fermosa historia de Macarrón e Cartulina."


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 01. IES Breamo - Publicado o 05-05-2012 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Dous estudantes de Informática crean unha web de subtítulos en galego
O seu obxectivo é promocionar a lingua galega e acabar co baleiro da rede neste tipo de contidos.

Miguel Lago Martínez e Pablo Salgado Roo, alumnos de 1º de Informática da USC, de 22 e 24 anos de idade, acaban de pór en funcionamento a páxina web subtitulosengalego.com, aínda en fase de obras.

«Comezamos a falar do proxecto en marzo cando estivemos xuntos facendo prácticas en Dublín. Foi iso o que nos motivou», explica Miguel Ángel. «En Irlanda decatámonos da dificultade de ver filmes e series con subtítulos en galego»

Deseñaron a páxina e traballaron a eito para arranxaren os subtítulos de filmes, documentais e capítulos de quince series. E aínda que estes mozos emprendedores pensaron que a publicidade podería axudar ao financiamento, queren culminar o proxecto prescindindo dela e centrarse nun único obxectivo: a promoción da lingua.


Fonte: La Voz de Galicia (16/04/2012)


Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 05. Sitios Web - Publicado o 05-05-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O que todo galego debe saber do portugués
Algúns capítulos que o programa Ben falado! lle adicou ás principais diferenzas entre o galego e o portugués, en concreto aos chamados falsos amigos.








Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 05-05-2012 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Fico assim sem você. Adriana Calcanhoto

Aquí temos a canción de Adriana Calcanhoto que descubrimos no OPS!:



Avião sem asa, fogueira sem brasa
Sou eu assim sem você
Futebol sem bola. Piu-Piu sem Frajola
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Amor sem beijinho,
Buchecha sem Claudinho
Sou eu assim sem você
Circo sem palhaço, namoro sem amasso
Sou eu assim sem você
To louca pra te ver chegar
To louca pra te ter nas mãos
Deitar no teu abraço, retomar o pedaço
Que falta no meu coração
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo Porque? Pooooooorque?
Neném sem chupeta, Romeu sem Julieta
Sou eu assim sem você
Carro sem estrada, queijo sem goiabada
Sou eu assim sem você
Por que é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim
Eu te quero a todo instante
Nem mil alto-falantes
Vão poder falar por mim
Eu não existo longe de você
E a solidão é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo

Deixa o teu comentario (0) - Categoría: 17. Plurilingüismo - Publicado o 03-05-2012 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet