As Campaíñas


LIBRO DO MES: PURGA, SOFI OKSANEM
Estonia, 1992, pouco tempo despois da independencia do país como república báltica. Aliide Truu, unha anciá solitaria que vive nunha afastada rexión, atopa de mañá no seu xardín a Zara, unha rapaza rusa que, vítima do tráfico de mulleres, precisa da súa axuda para non volver caer nas mans dos seus captores. Así comeza esta historia que se abre camiño entre as traizóns, a violencia e o medo para permitir que estas dúas mulleres acaden finalmente a purificación, a purga completa das súas vidas.
Cun vibrante ritmo e unha intriga que se desvela devagar ata a resolución do enigma nas últimas páxinas, a narración alterna presente e pasado para denunciar tanto a explotación sexual na Europa contemporánea como os totalitarismos políticos do século XX, amosando de que xeito a represión que sufriu Estonia durante os anos de ocupación soviética derivou nun desarraigo da poboación autóctona que chega ata os nosos días.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-03-2012 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
SAÍDA A PONTEVEDRA E PADRÓN
No Diario de PontevedraOnte, 6 de marzo, fixemos a nosa primeira saída do curso. Tratábase dun día completo en Pontevedra e Padrón.

En Pontevedra estivemos en primeiro lugar na sede do periódico "Diario de Pontevedra", onde un redactor do mesmo explicounos a historia do xornal e como se traballa: as seccións, a organización das tarefas, as reunións necesarias,... Foi unha magoa non poder ver as rotativas, pois atópanse en Lugo.

Ás 11:30 asistimos á Feira do Libro no Pazo da Cultura para ver a obra de teatro "Kafka e a boneca viaxeira", que en xeral gustou moito.

Ao rematar o teatro saímos cara a Padrón. Despois de comer no xardín botánico, acudimos á Casa Museo Rosalía de Castro, e por último acercámonos a unha tenda de animais.

Fotos
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-03-2012 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal