As Campaíñas


Middlesex, de Jeffrey Eugenides
Jeffrey Eugenides (1960) é un novelista estadounidense de ascendencia grega, autor de The Virgin Suicides (Las vírgenes suicidas, Anagrama) e desta segunda novela súa, Middlesex, coa que gañou o Premio Pulitzer. Poucos detalles se saben da súa vida, pois é un autor reacio a facer declaracións sobre sí mesmo. A obra orixinal está escrita en inglés, a primeira edición española é de 2003 (Editorial Anagrama, con tradución de Benito Gómez Ibáñez).
Middlesex é unha novela rara. O mesmo narrador califica o relato como “esta narración singular y fuera de lo común”, rexeitando explicar con detalle asuntos que puidesen semellar moi habituais. Polo contrario, a atención pretende centrarse nos feitos extraordinarios, singulares. Non está exenta de ironía esta declaración do narrador e pode observarse non só en afirmacións explícitas como a citada, senón tamén na actitude coa que encara o relato: hai na voz do narrador o reflexo dunha mirada pretendidamente fría e distanciada que analiza dende un obxectivismo cuasi-científico os feitos que se narran. Feitos que, si, poden considerarse pouco comúns (o relato podería resumirse como a historia de como a práctica reiterada da endogamia nunha familia dá lugar ó nacemento dun hermafrodita, Cal, o protagonista da novela); pero non tanto, como comprobará o lector ó recoñecer no relato do extraordinario o reflexo do máis común. Esta actitude de distanciamento no narrador, esta ironía, é como unha rede: a mesma historia, nas mans dun autor con menos gusto, sería un culebrón folletinesco, ben estrano, por certo. Ó comezar a ler é o primeiro que chama a atención, e mesmo retrae un pouco, ata que comeza a debuxarse a historia coa que o Cal adulto trata de explicar a súa condición. Esta historia é a historia da súa familia, e arranca en Turquía, nos anos 20, coa paixón secreta dos seus avós (primos pero tamén irmáns), quen, ó emigrar ós Estados Unidos, libres das miradas dos coñecidos, poden casar. A tortura comeza para Desdémona cando, ó quedar embarazada, escoita por primeira vez falar dos problemas que poden ter os fillos dunha unión endogámica. Os remordementos da avoa son grandes e, a pesar da vontade que pon en evitar que estes problemas se dean na súa familia, non pode facer nada cando o seu fillo Milton casa coa súa prima Tessie, os pais de Cal, que nace sendo Calliope, unha nena (a pesar de que as predicións que a avoa fixera cunha culler dicían que ía ser un neno) que ó chegar ós catorce anos resulta ser outra cousa (un monstruo, según o dicionario e a ciencia dos anos 70). Resístome á tentación de contar aquí o capítulo final, porque sei que a moitos lectores non lles gusta que lles conten o final das historias, pero si direi que nel está a clave da interpretación da novela, a luz do misterio e a solución dos problemas, e que sen mencionalo o comentario está incompleto. En suma, que, por raro que pareza, á súa maneira Middlesex ten un happy-end moi americano, común pero pouco común.
O que máis me gustou da obra foi o retrato dalgúns personaxes, como Lefty (o avó, elegante e decadente ata o último día) ou Capítulo Once, o irmán de Cal (non cheguei a saber por que o chamaron así). Tamén me gustou o relato do primeiro amor de Calliope cunha rapaza á que lle chama o “Oscuro Objeto” (noutra mostra de ironía do narrador). O personaxe de Desdémona tamén é interesante, pero máis polo papel que ten na novela que por outra cousa.
Middlesex, en resume, é unha novela na que custa entrar, pero da que custa saír. Recomendaría a súa lectura a un lector esixente e disposto a explorar un pouco máis alá dos convencionalismos literarios.

Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 28-02-2010 02:40
# Ligazón permanente a este artigo
Orgullos@s do galego

Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.



En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2010 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Microrelatos
María e Heladio participaron no I Concurso de MicroRelatos Vespalaconianos organizado polo Scutre Clú en colaboración coa web latri.ca, organizado co gallo da extraordinaria Festa do Lacón celebrada en Cuntis.

Estes son os dous relatos. Un deles foi o gañador, cal? Cal escribiu María e cal Heladio?

O Patrulleiro das Ondas leu o anónimo: "Se queres resolver o misterio da mosca do xamón as claves son: VESPA LACÓN'. Mirou no Jujel, todas as pistas conducían a Cuntis. Sería quen de evitar o crime?

Cando chegou, ía a pé. Ó saír -trala inxestión dunha excesiva cantidade de gasolina- pareceulle que ó vespalacón lle sairan rodas.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-02-2010 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Guías de lectura: Atopándose co outro
Propostas de lectura e filmes que axudan a convivir, a coñecer ao 'outro'. Para nenos e nenas e para mozas e mozos.


Comentarios (3) - Categoría: Guías de lectura - Publicado o 18-02-2010 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa imaxe: o carnet

Grazas ao talento de Hortensia, a profesora de Plástica, xa temos imaxes que nos identifican.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-02-2010 01:21
# Ligazón permanente a este artigo
A banda sen futuro, o amor adolescente
Así escribe sobre o amor Marilar Aleixandre, por boca da súa protagonista, en A banda sen futuro, premio Lazarillo 1999.


(...) eu andaba medio namorada de Guillemo, o irmán de Nati, non porque fose especialmente guapo -un tío delgada e moreno, ten bonitas mans; é o máis que pode dicirse del no físico-, senón polo ben que falaba e porque escribía poemas, poemas sobre a cidade, duros como letras de rock, poemas de amor -non para min, a insignificante amiga da súa irmá pequena- que Nati me deixaba ler e eu copiaba ás escondidas:


déixame entrar en ti
baixo a túa pel
como o bicho da raña.
Son unha enfermidade

Aráñame, prende no meu ventre
sarabullos e ronchas,
anoa as miñas tripas
cos vermes da infancia


(...)

Pax. 67
Comentarios (0) - Categoría: Eventos - Publicado o 08-02-2010 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Si el hombre pudiera decir, de Luis Cernuda
Nada máis apropiado para ir preparando a atmósfera de San Valentín que ir lendo poemas amorosos. Hai moitos, e moi bos, pero entre todos os bos escollo este, que ten versos que non son sinxelos de esquecer. É un texto do poeta sevillano Luis Cernuda (1904-1963), autor de valiosísimos poemarios, como La realidad y el deseo, por mencionar un. Ademais, atopei en Youtube un bo recitado (cousa ben escasa), e acompañado de fermosas imaxes, polo que recomendo facer unha primeira lectura silenciosa do texto e logo escoitar o recitado botándolle un ollo ó poema.


Si el hombre pudiera decir lo que ama,
si el hombre pudiera levantar su amor por el cielo
como una nube en la luz;
si como muros que se derrumban,
para saludar la verdad erguida en medio,
pudiera derrumbar su cuerpo, dejando solo la verdad de su amor,
la verdad de sí mismo,
que no se llama gloria, fortuna o ambición,
sino amor o deseo,
yo sería aquel que imaginaba;
aquel que con su lengua, sus ojos y sus manos
proclama ante los hombres la verdad ignorada,
la verdad de su amor verdadero.

Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien
cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío;
alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina,
por quien el día y la noche son para mí lo que quiera,
y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu
como leños perdidos que el mar anega o levanta
libremente, con la libertad del amor,
la única libertad que me exalta,
la única libertad por que muero.

Tú justificas mi existencia:
si no te conozco, no he vivido;
si muero sin conocerte, no muero, porque no he vivido.






Comentarios (2) - Categoría: Eventos - Publicado o 05-02-2010 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
El diario azul de Carlota, de Gemma Lienas
NA NOSA BIBLIOTECA


Este libro foi escrito por Gemma Lienas, que naceu en Barcelona no ano 1951, é escritora, colabora habitualmente non medios de comunicación radiofónicos e da clases de posgrao de escritura narrativa na Universidade de Barcelona. Entre outros moitos libros, escribiu El diario violeta de Carlota, El diario rojo de Carlota, Eres galáctica Carlota e Así es la vida Carlota.

Este libro está escrito en prosa. Publicouse en marzo de 2006, está escrito en galego, que foi traducido do castelán.

Esta novela trata dunha rapaza chamada Carlota (como o seu título indica) que nos fala da violencia de xénero e da violencia infantil. A súa amiga Mireya é maltratada polo seu mozo, aínda que ela non se daba de conta porque eran maltratos psicolóxicos e facía sentir fatal, botáballe a culpa de todo, insultaba.. e ela acabouno por crer.

O que máis me sorprendeu deste libro, é que cada dia presenciamos miles de casos de violencia (sexa de xénero ou infantil) e non nos damos de conta (sexamos agresores,vítimas ou espectadores do suceso).

Este libro recoméndollo a tódolos mozos e mozas ( e os que non son tan mozos/as) para que reflexionen sobre a súa actitude e aprendan ver o mundo con outros ollos.


Carmen Miranda
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 03-02-2010 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
La soledad de los números primos, de Paolo Giordano
Con só 26 anos, o licenciado en Física Teórica, Paolo Giordano, acadou un gran éxito con La soledad de los números primos, a súa primeira novela, editada en España por Salamandra. Un éxito máis que merecido, segundo a miña opinión.

Este libro foi un regalo dun amigo, que mo recomendou vivamente. E non me decepcionou, a pesar de que a historia é moi dura, asfixiante. Cóntanos a vida de Alice e Mattia, dúas persoas particulares, estrañas e alleas ás convencións sociais dominantes. Fracasados no seu intento de vivir coma os demais, marcados ambos por dous sucesos ocorridos na súa infancia, arrastran os seus estigmas no percorrer dos anos, desde a adolescencia no colexio, ata a madurez. Incapaces de romper as barreiras da súa infelicidade, incapaces de gozar, nos poñen diante de emocións e sentimentos que tamén forman parte de todos nós, xente normal.

Non hai nada que contar, nada que resaltar nese mundo claustrofóbico dos números primos, que, sen embargo, nos engancha desde o primeiro capítulo. Un libro redondo, cuns personaxes magnificamente construídos a pesar da súa dificultade. Quen non sentiu algunha vez a soidade entre os muros da incomunicación? quen non ten sufrido experiencias traumáticas imposibles de esquecer?


Heladio Anxo
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 03-02-2010 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal