As Campaíñas


FIN DE SÉCULO EN PALESTINA
A pesar da súa xuventude, naceu en Lugo no 1965, Miguel Anxo Murado ten escrito xa máis de vinte libros. Aos 17 anos obtivo o premio Café Gijón de novela pola súa obra en castelán Metamorfosis Benezianas. A maioría da súa produción literaria componse de libros de relatos e de ensaio, aínda que tamén escribe poesía. Títulos seus son Mércores de cinza, Memoria de derribos e, máis recentemente, O soño da febre (premio da Crítica e da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2007, entre outros). Sempre me gustou ler os seus artigos en La Voz de Galicia, cheos de referencias intelixentes e esclarecedoras sobre calquera aspecto da realidade, pero cando me fixen un fervente seguidor seu foi cando lin Ruído. Relatos de guerra (Galaxia, 2005), unha serie de estarrecedores relatos ambientados na Guerra de Iugoslavia, dos que xa escribirei noutra ocasión, pero que expresan como poucas veces puiden sentir, o significado da guerra. No 2008 publicou Otra idea de Galicia (ed. Debate), onde plasma unha idea de Galica afastada dos tópicos.

Hai un ano tiven o pracer de compartir unha xornada con Miguel Anxo. Veu dar unha charla no Ciclo de Cine e Historia que organizamos os de Sinenomine. Aínda que a súa intervención no Ciclo xirou arredor da I Guerra Mundial, na longa cea posterior tivemos o privilexio de disfrutar coa súa erudición e coas súas propias experiencias en escenarios bélicos. Nesa cea nos contou algunhas das historias que agora acabo de ler no seu libro Fin de século en Palestina, editado por Galaxia no 2008 (hai outra edición en castelán, na editorial Lengua de Trapo). Por este libro recibiu o premio Anxo Casal, como mellor libro do ano da Asociación de Editores Galegos.

A lectura da crónica sobre a súa estancia en Palestina entre o 1998 e o 2002 coincidiu co remate dos bombardeos israelíes sobre Gaza e coa presenza no noso colexio de Ana Expósito, colega de Miguel Anxo, e que aparece citada no libro. Pasaron xa uns anos desde que o autor rematou a súa estancia nesa zona de guerra permanente que non semella ter solución e, sen embargo, todo o que nos conta é unha fonte magnífica de coñecemento sobre o conflito e, aínda máis, sobre as persoas que alí viven (ou sobreviven). Semella que a violencia está conxelada no odio mutuo e que os cambios son só aparentes, circunstancias, e o único que aprezamos desde hai xa décadas é unha maior capacidade destrutiva. Israel segue asoballando, bombardeando, e só cando aprezamos desde a nosa televisións que se está ‘pasando’ saímos a rúa. E despois, todo volve á anormalidade, menos sanguenta, pero igual de violenta, que padece a poboación palestina. Ista vida cotiá, esta capacidade que temos os humanos para resistir nas situacións máis adversas é a que nos presenta de xeito ameno, brillante e retranqueiro Miguel Anxo.

Murado chegou a Xerusalén por unha confusión da burocracia da ONU (tiña que ter ido a Mauritania) e alí permaneceu cinco anos, primeiro colaborando coa Autoridade Palestina no eido da comunicación e despois como correspondente do diario El Mundo. Foi Xefe de Comunicación da celebración de Belén 2000 que tivo como estrela a Demis Roussos (ilustrativa a visita de Aznar) e participou na organización da visita do Papa Juan Pablo II a Terra Santa, durante a etapa na que se vivíu en Palestina a ilusión da paz posterior aos Acordos de Oslo e o establecemento da frustrada Autoridade Palestina baixo o liderado de Arafat. Co estalido da Segunda Intifada despois da provocación de Sharon visitando a explanada das mesquitas (setembro do 2000) a ONU evacúa ao seu persoa e Miguel comeza a traballar como correspondente para El Mundo. Nesta segunda parte a violencia enche o libro, a ironía xa case non é posible. Bombardeos, atentados, feridos, morte, sufrimento... ata hoxe. Pero aínda así é posible a vida.

Desde esa atalaia privilexiada e cunha escritura sinxela, sen adornos, cun ton irónico pero que non chega á frialdade do cinismo, nos vai presentando ese mundo cheo de violencia e de escenas que de tan absurdas non fan sorrir. Esta maneira de narrar, de analizar as situacións máis dramáticas, xunto coa súa amplísima formación intelectual é o que máis valoro da súa obra. Amosa unha capacidade inmensa para lembrar e relacionar acontecementos e citas, sendo capaz de non caer na pedantería. Un relato autobiográfico a través do cal imos coñecendo e comprendendo, imos sentindo tenrura polas vítimas e carraxe cara os verdugos.


“Pola tarde estaba previsto que o Papa se trasladase ao campo de refuxiados de Deheishe. Desde o punto de vista político era o momento clave de toda a visita. Esperábase que o pontífice pronunciase un discurso no que amosaría a súa solidariedade co destino dos máis de catro millóns de refuxiados palestinos, a maioría dos cales esmorecía nos tristes campos do Líbano. O termo crucial era <>. (...)
Cando cheguei a Deheishe o discurso do Papa viña de rematar, mais axiña souben o que pasara. Viola, que estivera escoitando en primeira fila, veu cara a min con bágoas nos ollos.
— Non o dixo, non o dixo.
Como oficial de prensa, cumpriría o día seguinte coa miña obriga de presentar este discurso baixo a mellor luz posible. Pero alí era imposible non sentirse doído perante aquela mostra de inhumanidade. Era evidente que os refuxiados se sentían igual porque, minutos despois de que o Santo Padre abandonase Deheishe, estouparon os disturbios. Os refuxiados lanzaron seixos aos policías e estes, no canto de cargaren, lanzábanlles á súa vez os seixos aos manifestantes. A explicación deste estraño comportamento da policía era doada: os axentes de hoxe eran os manifestantes da primeira Intifada. Kamal Husseini tiña razón: os palestinos eran un pobre pobo desafortunado. Desgraciadamente, a CNN estaba alí e gravou todo cunha calidade de vídeo extraordinaria.” (pax. 156,157)


Heladio
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 24-02-2009 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Toponimia de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles
Fernando Cabeza Aquiles abriu con este título a nova colección "Guías AZ" coa que a Editorial Galaxia quere achegar ao grande público, non só ao especializado nas diferentes materias, guías ilustradas, accesíbeis, ordenadas alfabética e tematicamente para coñecer a sociedade, a historia e a cultura do país.

En Toponimia de Galicia recolle uns 6000 nomes de lugares, apenas unha pequena parte do cuarto de millón de topónimos rexistrados en Galiza. Partindo da explicación filolóxica pero non só, o autor busca nas raíces históricas, naturais e humanas a orixe destes nomes que revelan grande parte do noso pasado colectivo e testemulan a simbiose entre o home e a terra que lle tocou habitar.

A súa disposición en guía ordenada alfabeticamente e a incorporación dun índice toponímico fan que este libro se deixe ler aos poucos, saltando de aquí a alá deixándonos levar pola curiosidade, tentando descubrir a orixe dos topónimos que nos son máis próximos ou daqueles máis chamativos e aparentemente indescifrábeis nunha xeografía na que o pobo galego foi deixando a súa pegada en milleiros de lugares até trazar unha mesta arañeira ao longo da historia. Tamén as imaxes tomadas polo propio autor axudan a situar os topónimos e fan máis atractiva e amena a súa lectura.

Podedes acceder a unha reseña da obra publicada no xornal El País premendo aquí. Na biblioteca do colexio dispoñedes dun exemplar.


Román
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-02-2009 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Rojo y negro, de Sthendal

A introspección do personaxe protagonista pareceume moi humana. A mente tece e destece, pero o protagonista desnuda a todos os personaxes e clases sociais.

A pesares de ser profundamente amado e gozar de protección e dunha amizade auténtica, sempre desconfía do xiro negativo que poden tomar as cousas.

Deixa tras de sí moito sufrimento, aínda que pretende ser honesto, resulta ser unha persoa hipersensible e orgullosa. Pretende gobernar a súa vida única e exclusivamente co razonamento,pero a súa experiencia familiar e o seu propio corazón xóganlle malas pasadas.


Emilia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz
Esta historia de Agustín Fernandez Paz trata sobre unha rapaza que colle unha enfermidade que a postra na cama durante seis meses. Na festa do seu cumpreanos, ten que estar na cama e os seus amigos regálanlle un álbum de fotos que non lle gusta. Seu pai dille que é moi bo regalo e ponse a buscar fotos para que escolla e garde as que lles guste. Ela buscou e buscou e pensou que iso era "como andar remexendo nas lembranzas"


Uxiia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
El pequeño vampiro, de Angela Sommer-Bodenburg
El pequeño vampiro conta a historia dun rapaz que se chama Antón. Un día, que quedou na casa só, antes de ver unha pelicula policíaca foi á cociña para coller algo de comer.. pero cando subiu ao seu cuarto a televisión estaba apagada e había un vanpiro no seu cuarto...


Juan Ramón
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:27
# Ligazón permanente a este artigo
Tacticas de ajedrez para niños, de Murray Chandler
Este libro recolle un pouco todo o que se debe facer para xogar ben nunha partida de xadrez. É moi interesante para os rapaces e rapazas aos que lles interese o xadrez en si e, sobre todo, para os que queiran aprender nun futuro para poder chegar a ser profesionais.

















Vanesa
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 18-02-2009 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Crimen en la granja
La protagonista, Elsi, es una joven de 22 años bajita, feúcha, delgaducha, que conoce el amor a los 22 años.

Su novio Norman quiere casarse con ella pero antes deberá reunir el dinero suficiente para el ajuar por lo que decide marcharse al este y montar una granja avícola. Ahí conocerá otra joven mucho más hemosa que su novia y comienza una aventura amorosa con ella .

Elsi se ve obligada a defender su amor pero al verse sustituída por una joven mucho más hermosa comete un grave error que cambiará el rumbo de la historia.
Minette Walters es la autora de este libro.
Loli
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
El perfume, de Patrick Süskind
A descrición fai sentir realmente todo aquelo que descibe. O libro trata dun rapaz que nace nun posto de peixe e que, a medida que vai crecendo, descobre que ten un olfacto distinto ao dos demais, capta os olores, sabe de onde veñen e, ademais, recordaos. Durante a súa infancia tivo moitas nodrizas...
O libro estame gustanto e impresióname a maneira que ten de describir os olores e todo o que os rodea.

























Andrea
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Leyendas de Dragonlance-El Templo de Istar
La Guerra de la Lanza ha terminado y, según se cree, la oscuridad ha desaparecido. El problema es que no es asi. Un poderoso mago, Raistlin, se enfrentrará a una bella sacerdotisa, Crysania, y a su hermano, Caramon. Decide convertirse en su enemigo ya que entre los dos intentaran que Raistlin no consiga reinstaurar el reinado de las sombras en la ciudad maldita de Istar.

Sus autores, Margaret Weis & Tracy Hickman tienen su propia página web en la que hablan de esta infinita serie de más de sesenta libros:


Vanessa
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
Durmido sobre os espellos
O libro trata dun rapaz que ten 19 anos e pensa que o seu avó está morto. Un día, trala morte do seu tío Benxamin, a súa avoa mándao á súa casa a buscar uns papeis e descobre unha caixa con cartas do seu avó. Tamén descobre que está vivo e que a última carta é de hai 15 anos.

Diego, que así se chamaba o rapaz, decide ir a Cuba en procura do seu avó. Alí coñece unha rapaza chamada Tania e namórase dela, que é quen lle axuda a buscar ó seu avó. Cando o encontra, e tras falar con el, volve a Barcelona coa súa familia e a súa avoa entérase de que Diego fora visitar ó seu avó.

O autor deste libro é Jordi Sierra.
Noelia
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 11-02-2009 15:24
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal