As Campaíñas


ENCONTRO CLUBS DE LECTURA
O pasado martes 13 de novembro celebrouse o Encontro dos clubs de Lectura dos CPi de Portas e Cuntis e o IES Losada diéguez de A Estrada.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
"NOVELA DE AJEDREZ" DE STEFAN ZWEIG

Un ano máis proponemos unha serie de lecturas para o profesorado, de maneira que teñamos unha excusa para reunirnos e falar de cousas diferentes ás clases e os problemas co alumnado.

Para comezar. facémolo cunha pequena obra de Stefan Zweig, "Novela de Ajedrez":

Sin capacidad para cualquier otra actividad intelectual, Mirko Czentovicz se reveló, ya desde niño, como un genio del ajedrez, del que ha llegado a ser campeón del mundo. Pero, en un viaje en barco de Nueva York a Buenos Aires, se le presenta un enigmático contrincante: el señor B., noble vienés que huye de los nazis. Uno de los pasajeros del vapor se acerca a los dos personajes acompañando al lector a la confrontación entre los dos jugadores. Si Novela de ajedrez nos presenta el choque de dos naturalezas antagónicas, nos muestra también, y en buena medida, la capacidad de resistencia del ser humano sometido a una presión extraordinaria. Y todo ello con unas grandes dosis de intriga y maestría.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 06-11-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
ENCONTRO DE CLUBS DE LECTURA
O vindeiro martes, 13 de novembro, temos programado un encontro cos club de lectura de Portas e A Estrada.

O programa é o seguinte:

15,00: Reunión no CPI para preparar o recibimento aos compañeiros.
15,30: Recibimento na Biblioteca do CPI Don Aurelio.
16,00: Paseo polo castro de Castrolandín e as Campaíñas.
17,30: Charla do escritor e ilustrador Héitor Picallo na Biblioteca Municipal.
18,30: Tertulia, por grupos compostos por membros dos distintos clubs, arredor do libro: O home que plantaba árbores.
19,30: Merenda no CPI Don Aurelio

Esperamos pasar unha tarde moi agradabel, e que a meteoroloxía non impida a subida a Castrolandín.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 06-11-2012 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
XA ESTAMOS EN MARCHA NO NOVO CURSO
Ola a todos.
Como sabedes, dende inicios de outubro pusimos en marcha un ano máis o club de lectura. Este curso somos cerca de 40 alumnos de primaria e infantil, e unha decena de secundaria.
Esperamos que disfrutedes coas lecturas que vos recomendaremos. Coma sempre estamos abertos as vosas suxestións.
Apertas, Jesús.
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 06-11-2012 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal