As Campaíñas


Sistema de puntuación do club
Os participantes no Club de Lectura irán sumando unha serie de puntos ao longo do curso segundo a súa participación nas diferentes actividades programadas. Ao final do mesmo, entregaranse uns premios aos primeiros clasificados de cada grupo, Primaria e Secundaria.

1.Cada lectura non obrigatoria dun libro (entregando a ficha de lectura): 2 puntos.
2.Asistencia as reunións quincenais: 1 punto.
3.Participación en actividades de fomento da lectura (recital de poesía, lectura en público de relatos curtos,...): 2 puntos
4.Participación en concursos literarios:
1.Por participar: 1 punto
2.Os mellores: 2 puntos
3.O primeiro premio: 4 puntos.
5.Participación en actividades de busca de relatos (lendas, contos,...): 2 puntos
6.Participación en excursións: 2 puntos
7.Outras actividades realizadas polo Club: puntuación segundo os criterios que se decidan.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-10-2011 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
O club inicia as súas actividades no novo curso
O noso Club de lectura ponse en marcha de novo neste curso con moitas ganas de agradar e motivar na lectura, e con novidades que xa iremos dando a coñecer pouco a pouco.
A primeira delas é o cambio na coordinación do Club, xa que Eladio non sigue connosco, e o novo profesor de Historia (Jesús) é o que se fai cargo de dita coordinación. Dende aquí quero animarvos a participar.
Tamén hai cambios no horario de reunións, que serán os martes de 14.30 a 15.30 os de Secundaria, e de 15.00 a 16.00 os de Primaria, en semanas alternas. Hose é a primeira reunión de Primaria, e o vindeiro martes será a de Secundaria. Debido a que os recreos deste curso son máis curtos, non faremos reunións nos mesmos.
Entre as actividades xa planeadas temos para estoas primeiras semanas un concurso de relato breve que pretende poñer nome a nosa mascota. Como sabedes, é unha rá, por iso o relato debe ser protagonizado por unha rá nas Campaiñas. A mascota quedará có nome que teña a rá no relato gañador.
Outra actividade que propoñemos é, con motivo da cercanía do Samaín, a recollida de lendas e relatos de terror, que poden ser contados nas reunións do club e nas aulas.
Nas reunións contaranse con máis detalles estas e outras novidades.
Esperamos a vosa participación
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2011 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal