As Campaíñas


Las luces de septiembre, de Carlos Ruiz Zafón
NA NOSA BIBLIOTECA


Este libro é un dos moitos do autor Carlos Ruiz Zafón, que . É o libro que remata a Trilogía Niebla, novelas de aventuras e misterio. Las luces de septiembre foi reeditado no ano 2007 por Edhasa, despois do gran éxito que tivo o autor con La sombra del viento (2001). O seu libro máis recente e tamén moi vendido é El juego del Ángel (2008).

Las luces de septiembre sitúase nunha gran casa chea de robots. Unhas luces que brilan entre a néboa e unha criatura que vive no bosque convértense no misterio que Irene e Ismael tratan de descubrir un verán en Bahía Azul.

Foi un libro que me gusto xa que me enganchou dende a primeira páxina, é de intriga e de "medo". Recoméndollo a todo o mundo que lle guste a lectura de intriga e algo de medo, sen pasarse.

Este vídeo encontreino en youtube e cóntanos algo que pasa cando entran na casa.



Patricia Pequeño
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 30-10-2009 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Irmán do vento, de M. Lourenzo González
NA NOSA BIBLIOTECA


Irmán do vento é unnha novela de M. Lourenzo González editada por Xerais, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil no 2003. Trata sobre un rapaz iraquí chamado Khaled, de quince anos ó que lle gustan as aventuras.

É un rapaz soñador... ó que tamén lle gustan os cabalos. A súa nai morrera e o pai casou con outra muller. A Khaled non lle pareceu mal pero a seu avó e á familia da nai si que llo parecía.

Un día, chegou a guerra a Bagdag e o pai de Khaled marchou a loitar... Ó principio, o pai mandáballe cartas onde lle contaba como era a capital e moi poucas veces mencionaba a guerra, só dicía que aínda non empezara ou que xa empezara pero non lle daba importancia, pero dalí a pouco chegou unha carta que dicía que o seu pai estaba desaparecido.

O rapaz pensou en ir a buscalo porque podía estar en calquera sitio ou incluso podía estar morto... Deixoulle unha carta ó avó. Mentras ía en dirección a Bagdag pasou por moitas aventuras, e ó final logrou chegar e atopouse co seu pai morto. Quixo levalo para a súa aldea e así foi. A Khaled gustáballe unha rapaza que se chamaba Amrah e como se viu satisfeito co seu traballo foi buscala para poder casar con ela pois tamén estaba namorada del. Foi no seu cabalo, Ahu Al-Rih (Irmán do vento)
.


Lucía Villaverde
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 28-10-2009 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de lectura do Samaín 2009
Comentarios (2) - Categoría: Guías de lectura - Publicado o 28-10-2009 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
As Campaíñas flúen de novo
As Campaíñas comeza unha nova andaina con moita forza. Xa somos 4 pais, 14 profesores e 45 alumnos e alumnas¡¡¡ Toda unha tropa de amantes das palabras, das aventuras, da intriga, do misterio, das ilustracións, do amor, dos contos... dos soños. Gústanos ler e estamos organizados para gozar aínda máis da nosa paixón. Somos moitos e temos unha boa causa pola que loitar.

O noso centro de operacións é a Biblioteca do D. Aurelio, pero estamos dispostos a invadir outros ámbitos coas inofensivas e irresistibles armas da letra impresa. Non temos límites e somos especialistas. Cada un de nós engule as palabras que prefire do manancial das Campaíñas e empapa co seu satisfeito pracer a todos os que miran desde a orela. Hai verbas para todos os maxíns, calquera apetito é saciado nesta peripecia con infinitos finais felices.

Queres sentir? queres gozar? queres compartir? queres sorrir? queres medrar? queres divertirte? A que esperas? Aínda non es das Campaíñas? Non deixes que outros che lean a túa vida.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Para aprender a ler en familia
O colectivo Espazo Lectura organiza en Gondomar unha xornadas para axudar a nais e pais a fomentar o hábito lector dos fillos.


Vieiros - 16/10/2009

As xornadas “Lendo en familia” celébranse na tarde do venres 16 e a mañá do sábado 17 en Gondomar. Un total de 60 nais e pais se inscribiron nunhas xornadas que queren ser un espazo de formación e de intercambio de experiencias para que as familias se sintan máis seguras á hora de potenciar o hábito lector dos pequenos. Os asistentes aprenderán a contar contos e a ler cos fillos e fillas; reflexionarán sobre a importancia da lectura na formación dos nenos, coñecerán que se está a publicar en literatura infantil e xuvenil e asistirán a sesións de contacontos que lles poden servir de modelo.

Todas as xornadas se poderán seguir a través de Twitter, onde irán informando puntualmente do contido das conferencias e mesas redondas. O programa ábrese coas charlas de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, e Cristina Novoa, asesora de bibliotecas escolares da Consellaría de Educación. O sábado, Paula Carballeira impartirá unha lección de “mañas para contar un conto”; Dolores Vilavedra e María do Cebreiro compartirán cos asistentes “a experiencia de medrar nunha casa na que se le”, desde o punto de vista dunha nai e dunha filla; e Agustín Fernández Paz ofrecerá a conferencia de clausura. O programa completarase con sesións de contacontos a cargo de Rosana Estévez e Paula Carballeira.

Facer divertida a lectura

A aposta de Espazo Lectura por fomentar o achegamento dos máis novos aos libros é ambiciosa e de longo alento. O colectivo radicado no Val Miñor conta con 70 socios preocupados por fomentar a lectura entre os máis pequenos. Constituíuse formalmente como asociación a inicios de 2008, aínda que xa desde dous anos antes promovía o Contomar, sesións semanais de contacontos para cativos de 3 a 8 anos ás que asisten tamén as familias.

Despois crearon clubs de lectura, fixeron actividades de bookcrosing e iniciativas singulares como as noites na biblioteca, que organizaron nos últimos dous veráns, e nas que os nenos e nenas dormen na biblioteca rodeados de libros. Tamén celebran os cumprecontos, festas de aniversario con libros. En maio deste ano abriron na parroquia de Donas, en Gondomar, a Casa da Lectura: unha pequena biblioteca e centro de actividades para a que transformaron unha antiga escola infantil en desuso.
Comentarios (1) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 16-10-2009 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
«Aprendín a ler con Astérix e Tintín»
Daniel Montero Coira é o gañador da última edición do Premio Castelao de Banda Deseñada, un recoñecemento a unha dedicación plena á ilustración en todas as súas vertentes


Fernando Molezún La Voz de Galicia- 26/9/2009

Naceu en Catoira, pero fai xa oito anos que chegou á Coruña para desenvolver aquí a súa carreira profesional como ilustrador. E a cousa non foi mal, xa que Daniel Montero acaba de gañar a quinta edición do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación, coa súa obra Sen mirar atrás. Todo comezou cos cómics: «Aprendín a ler con Astérix e Tintín. Comprábamos o meu pai e líamos. Ata, se os pillaba eu, quedábame embobado cos debuxos, imaxinándome unha historia pola miña conta. Despois, chegaron os superheroes», recorda o debuxante que, actualmente, desenvolve as súas ideas no estudo coruñés Baobab, xunto a outros seis artistas gráficos.

Pasou a súa infancia debuxando, copiando personaxes dos cómics que chegaban ás súas mans ou dos videoxogos: «Todo o que vía pasábao a papel. Era un hobby, pero cando vin que había xente que se gañaba a vida con isto empeceimo a tomar máis en serio». A pesar dos seus comezos autodidactas, pasou por Belas Artes e a Pablo Picasso: «é cuestión de dedicación, ninguén nace sabendo debuxar. Ademais, alí coñecín a moita xente coas mesmas inquietudes que eu». Estes contactos leváronlle a organizar o Salón do Cómic de Cangas.

A pesar do bo momento que vive o cómic en Galicia, tivo que desempeñar diferentes empregos mentres ía enviando os seus traballos ás editoriais americanas. Pero pronto empezou a traballar no seu: «Terminei na produtora Dygra, e o cómic quedou en segundo termo». Tras catro anos dedicado á animación puido volver ocuparse dos seus proxectos.
No seu blog (danimontero.blogspot.com), xa colgou algunhas viñetas do aínda inédito Sen mirar atrás, onde poden verse aos protagonistas. Entre eles, un can que xa saía noutros traballos de Montero, como o caderno da súa viaxe a Tunisia: «é o meu can Toby. E o das viaxes deriva de que sempre vou cun caderno, tomando apuntamentos de onde estou», asegura co seu Moleskine nunha man e unha cartuchera cunha infinidade de rotuladores na outra.

Os seus plans de futuro pasan por esperar á edición da súa obra premiada e o que poida vir detrás: «Desde logo que teño mil historias na cabeza, e espero que o premio sexa un empuxón para poder publicalas con máis facilidade», conclúe o debuxante.
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 09-10-2009 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Latidos, de Anna Godbersen
Latidos é o primeiro libro da triloxía de Anna Godbersen, publicado en España pola Ediciones Montena, de Mondadori . É unha novela romántica pouco inocente ambientada no Manhattan de finais do século XIX, contando os amores e desamores de mozos de 'boa familia'.

Elizabeht, unha rapaza rica de Nova York morre tras un accidente. Ela non era feliz. Ía casar dous días despois da súa morte porque a súa familia era pobre a causa das grandes débedas que lles deixou seu pai ao morrer. O seu prometido,o cabaleiro de ouro de Manhattan tampouco era feliz, porque en realidade el está namorado da irmá da súa prometida (Diana). Xogador de apostas e bebedor en potencia dá a sensación de ser máis home do que o pintan deixando a súa noiva por Elizabeth....

Anímovos a lelo porque é un libro que con acción, pero ante todo é unha historia de amor.


Aquí podes ler os dous primeiros capítulos

Vanessa M.
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 03-10-2009 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal