As Campaíñas


El diario azul de Carlota, de Gemma Lienas
El diario azul de Carlota, como toda a coleccion de Gemma Lienas (Eres galáctica Carlota, El diario violeta de Carlota, Asi es la vida Carlota, El diario rojo de Carlota, etc.) é un libro que defende os dereitos humanos en temas como o machismo, o sexismo, a violencia de xénero...

Carlota decide escribir un novo diario enfocando a violencia de xénero e a violencia escolar. Coa axuda de seu irmán, da súa nai, da súa avoa e da súa tia descobre que non todo é o que parece. A súa mellor amiga recibe malos tratos da súa parella; por iso, está decidida a evitar que lle pase algo malo escribindo e denunciando toda a violencia que ve ao seu redor.


Vanesa Míguez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 31-01-2009 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de lectura de febreiro
Na xuntanza de hoxe, mércores 28 de xaneiro, presentamos unha nova guía de lectura para o mes de febreiro, desta volta dedicada, como non, á temática amorosa. Estrutúrase en tres seccións (1º e 2º ciclo da ESO, maiores de 16 anos e adultos) e introduce un mes no que o amor, nas súas máis variadas manifestacións, servirá de fío condutor de historias publicadas en papel ou levadas ao cinema, de poemas e cancións, dunha visita ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e do Concurso de Cartas que organiza o ENDL do colexio.

Agardamos que deades nestas páxinas cun dos libros da vosa vida...

Comentarios (0) - Categoría: Guías de lectura - Publicado o 28-01-2009 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
O neno do pixama a raias
O neno do pixama a raias, de John Boyne, trata sobre un neno de 9 anos que se ten que mudar da súa casa a outra que non lle gusta e na que non ten amigos.

El non soportaba á súa irmá, e o día en que se mudaron el entrou na habitación dela mentres ela ela colocaba as súas bonecas. A súa irmá ensinoulle que pola ventá só se vían unhas cantas árbores.

Ela tamén lle dixera que por alí non había nenos e Bruno foille ensinar o que se vía pola súa ventá.

Ela achegouse e o que se vía era unha verxa de máis de 15 metros de alto e non se vía até onde chegaba, tería máis de 10km. Alí había casetas e só había varóns nenos, vellos e homes. Súa irma díxolle, daquela, que posiblemente estarían ensinando un baile porque había un home dirixindo pero seu irmán engadiu:

-Non pode ser, porque mira aquel, e aquel, e aquel... Todos están chorando!

O seu pai tiña unha habitación que non podían entrar baixo ningún concepto e sen excepcións, e Bruno achegouse á escaleira, viu ao seu pai despedirse duns señores e en canto marcharon el petou na porta (porque ó levar máis de 5 días sen velo Bruno supuxo que non lle berraría. O seu pai estaba no ordenador e explicoulle que tiña pensado ir logo a ver como estaban todos e Bruno admitiulle que non lle gustaba nada esa casa e aproveitou para preguntarlle quen eran eses homes que se vían pola súa casa. O pai respondeu:

-Soldados, Bruno.

Até o de agora non lin máis porque non me gusta moito.


Uxiia
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 27-01-2009 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
O inferno de Marta
NA NOSA BIBLIOTECA


O inferno de Marta é un libro de Pasqual Alapont que trata da vida dunha rapaza de, aproximadamente, 20 anos que o deixa co seu mozo porque el dicía que precisaban un tempo. Co paso do tempo, Marta dáse conta de que a deixara e marcha estudar á cidade. Alí comparte un piso con dúas rapazas máis: Xulia e Carme. Carme ten un mozo chamado Braulio e un día foron tomar algo e Braulio trouxo un amigo seu, Hector, do que, pouco a pouco, se namora Marta. Un día, foron a unha discoteca e as rapazas foran ao baño e quedaran por alí, xa que non atopaban ós rapaces.
Hector marchou a buscalas e ao chegar ai, dixo:

- Que facedes aqui?

A Xulia e a Carme non lles daba moi boas vibracións Hector, entón, dixo Xulia:

- Queremos sensacións fortes e ver homes de verdade!!!

Hector marchou anoxado sen dicirlles nada máis e á saída colleu a Marta polos pelos e díxolle:

- Non querías sensacións fortes, puta? Ri da montaña rusa que agora vas ver o que son os homes de verdade.

Agora déixovos coa intriga e asegúrovos que este libro se converteu no meu libro favorito no intre en que o cerrei.

Saúdos.


Uxiia
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 27-01-2009 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
LER NO FUTURO
Pensades que tardará moito en lerse deste xeito?



Marga
Comentarios (0) - Categoría: Ler - Publicado o 26-01-2009 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro de Infantil e Xuvenil
Chega a X Edición do Salón do Libro e Infantil que terá lugar en Pontevedra entre o 1 de febreiro e o 15 de marzo con Portugal como país convidado e o amor como tema central. E chega para encher o Pazo de Congresos da cidade do Lérez cun completo programa de actividades, visitas guiadas no salón e roteiros pola cidade, obradoiros para menores e para adultos, concertos, exposicións, etc. e coa merecida homenaxe a unha autora de excepción ben coñecida polos lectores máis novos: Fina Casalderrey.

Para abrir boca, aquí dous poemas de amor para escoitar na voz dos seus autores: un texto de Celso Fernández Sanmartín e o audiolibro Berlín, de María Lado con música de Fanny & Alexander.







Román

Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-01-2009 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades da Biblioteca (1º trimestre)



Román
Comentarios (0) - Categoría: A Nosa Biblioteca - Publicado o 24-01-2009 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
O que se le en España

Segundo unha enquisa feita polo diario Público, El niño con el pijama de rayas segue sendo o libro máis lido no derradeiro semestre do 2008, tanto por sexo como por idade. A enquisa amosa tamén que a novela histórica é o xénero preferido polos lectores. Entre os nove libros máis lidos, só Los hombres que no amaban a las mujeres non pertence a ese xénero. Tamén destaca o feito de a maioría dos libros xa levan tempo publicados, non son novidades. Por exemplo, Los pilares de la tierra, publicouse por primeira vez no ano 1989.
Tamén é relevante que non se aprecian diferencias entre homes e mulleres. Os cinco libros máis lidos polos dous sexos son os mesmos. Por idades tampouco cambian os gustos, os autores máis coñecidos son os mesmos en calquera idade.


Heladio
Comentarios (0) - Categoría: Ler - Publicado o 23-01-2009 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
O Señor dos Aneis
O Señor dos Aneis é unha novela de fantasía épica escrita por John Ronald Reuel Tolkien. O titulo orixinal desta saga é The Lord of the Rings, da que se fixeron tres peliculas dirixidas por Peter Jakcson:

LA COMUNIDAD DEL ANILLO



LAS DOS TORRES



EL RETORNO DEL REY




As tres películas son moi interesantes ao igual cós libros. Anímovos a lelos e a ver as peliculas.


Vanesa Míguez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 22-01-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Vero en la corte de el Rey Arturo
NA NOSA BIBLIOTECA


Vero en la corte del Rey Arturo
Carlos Puerto
Edelvives, 2004


Este libro trata sobre unha rapaza que rompeu unha perna montando en bicicleta. Un día, un amigo vai visitala para traerlle un xogo de ordenador. Ela ponse a xogar ao día seguinte co amigo pero nun erro do ordenador os dous quedan atrapados no seu interior. Se queren volver á realidade, teñen que pasar o xogo mediante pistas do ordenador... pero dentro del encóntranse cunha serie de problemas porque os abotantes do xogo queren matala ao creren que é unha bruxa. Ao final ten que enfrontarse ao Rei Arturo nunha batalla de maxia impresionante. Cando por fin vencen ao Rei Arturo, volven á súa casa e, sorprendentemente, Vero xa tiña a perna curada.


Antón
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 21-01-2009 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal