As Campaíñas


Vídeo da viaxe a Viana do Castelo
Grazas ao equipo de vídeo do IES do Son contamos con esta testemuña audivisual dunha gustosa e aproveitada viaxe. Compartimos dous días cos do Son e os do IES de Caldas arredor dos libros e a escritura. Foi a culminación a todo un ano de traballo gratificante. Noraboa a SonCine.

a viaxe a viana from SonCine on Vimeo.

Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-10-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro capítulo de 'Todo é silencio'
Primeiro capítulo da nova novela de Manuel Rivas en Edicións Xerais (entrevista co autor)


MANUEL RIVAS
EL PAÍS - 01-10-2010

A boca non é para falar. É para calar.
Era un dito de Mariscal que o seu pai repetía como unha ladaíña e que Víctor Rumbo, Brinco, lembrou cando o outro mozo, abraiado, viu o que había no raro envoltorio que el sacara do cesto e preguntou o que non tiña que preguntar.
-E iso que é? Que vas facer?
-Teñen boca e non falan -respondeu lacónico.
A marea estaba baixa ou pensando subir, nunha calma atónita e escintilante das augas que alí resultaba estraña. Estaban os dous, Brinco e Fins, perto da rompente das rochas, ao pé do faro do cabo de Cons, e non moi lonxe das cruces de pedra que lembran os mariñeiros e náufragos mortos.
No ceo, tendo como epicentro a lanterna do faro, as gaivotas peteiraban o silencio. Había un saber burlón naquela espreita das aves do mar. Un rosmar foraxido. Íanse para logo retornar máis perto, achegándose en círculos cada vez máis insolentes. Tomaban esa confianza, partillando con xactancia un segredo que o resto da existencia prefería ignorar. Brinco mirou de esguello, divertido co escándalo das aves do mar. Sabía que el era a causa da súa excitación. Que estaban ao axexo.
Que agardaban un sinal decisivo.
-Meu pai sabe o nome de todas estas pedras -dixo Fins, tentando desatarse do curso das cousas-. As que se ven e as que non se ven.
Brinco xa aprendera a ter o desdén. Gustáballe ese sabor das frases urticantes no padal.
-As pedras non son máis que pedras.
Brinco empuñou o cartucho de dinamita, xa montado coa mecha. Co estilo de quen sabe como se usan.
-Teu pai será un bo mariñeiro, non o nego. Pero vas ver como se pesca de verdade.
Prendeu á fin a mecha do cartucho. Tivo o sangue frío de sostelo un intre en alto, diante da cara espantada de Fins. Tirouno logo con forza, con xeito de adestrado, por enriba das cruces de pedra. Ao pouco, escoitouse o retumbo do estoupido no mar.
Eles agardaban. As gaivotas axitáronse máis, en manda voadora, cun axirío cómplice, animando cada chouto de Brinco nos penedos. Fins tiña os olios espetados no mar.
-Agora isto vai ser unha marca de medo.
-O que?
-Os peixes non volven. Onde estoupa a dinamita non volven.
-Por que? Porque o di teu pai?
-Iso sábese. É o esquilmo.
-Si, home, si -burlouse Brinco.
No Ultramar oíra conversas semellantes e sabía a resposta: "Agora vai ser que os peixes teñen memoria!"
Sorriu de súpeto. Unha forza pode con outra no interior e é a que articula o sorriso. O que lle veu á boca foi unha sentenza de Mariscal. Unha frase das que dan un triunfo, mentres Fins Malpica está cada vez máis intimidado na espera, calado e pálido como un penitente. O fillo do Pau da Santa Cruz.
-Se es pobre moito tempo -dixo Brinco con medida contundencia-, acabas cagando branco como as gaivotas.
Sabe que con cada dito de Mariscal, queda o campo para un. Non fallan. Amólalle, por outra banda, ter esa fonte de inspiración. Mais ocórrelle algo curioso con Mariscal e as súas sentenzas. Aínda que pechase os oídos, prenderían igual nel. O que lle pon o rabo ás cereixas. Esa é outra del. Outra que prendeu. Non falla.
Brinco e Fins sentaron nunha rocha e meteron os pés descalzos nunha poza de auga de mar. Naquel acuario, a única vida visíbel era o xardín animal das anemones. Xogaron a achegar as dedas, e ese movemento provocaba que a falsa floración axitase os tentáculos.
-As putas delas -dixo Brinco. Semellan flores e son sambesugas.
-A boca é tamén o seu cu -dixo Fins. É o mesmo buraco, a boca e o cu.
O outro mirouno incrédulo. Ía soltar unha arroutada. Pero pensouno mellor e calou. Fins Malpica sabía moito máis ca el de peixes e animais. E do resto. Polo menos na escola. Así que o que fixo Brinco foi coller algo na poza e metelo na boca. Pechouna e mantivo a cara inchada como un bofe. Ao abrila, empuxou para fóra coa lingua un pequeno cangrexo vivo.
-Canto tempo podes aguantar sen respirar?
-Non sei. Media hora, ou así.
Fins ficou pensativo. Sorriu para dentro. Con Brinco ese é o xogo, hai que deixarse gañar para que estea a gusto. Facer o papalvo.
-Media hora? -dixo Fins-. Que merda!
Era a primeira vez que rían xuntos dende que chegaron ao cabo de Cons. Brinco ergueuse e esculcou no mar. Con ese movemento, co aceno de pór a man de viseira, no ceo intensificouse o balbordo. O chiar torvo peteirou a atmosfera no punto máis feble. Entre a escuma, como fervidos polo mar, apareceron os primeiros peixes mortos. Brinco vai por eles á présa co trueiro. Traían a tripa rebentada. Na palma atrita da man, contrastaban moito máis o fuixir prateado da pel e o sangue das garnelas abertas.
-Ves? É ou non é un milagre?
Comentarios (1) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 01-10-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
El siglo XX según Ken Follett


FIETTA JARQUE - Madrid
ELPAIS.com - Cultura - 20-09-2010

Siglo XX. Para cualquier persona viva que haya dejado atrás la niñez, nuestro siglo, nuestra historia. El escritor Ken Follett se ha propuesto la hercúlea tarea de sumergirse en él y relatar la complejidad de sus episodios más relevantes a través de una trilogía de dimensiones épicas titulada simplemente así: El siglo. El primer volumen, de más de mil páginas, saldrá a la venta en un lanzamiento mundial el próximo martes 28. El suplemento cultural Babelia, a través de elpais.com, ofrece a sus lectores a partir de hoy, en exclusiva, el primer capítulo de la primera novela de este gran proyecto literario, La caída de los gigantes, editada en España por Plaza Janés.
"Tras la gran acogida de Los pilares de la tierra y Un mundo sin fin, quería crear otra historia que tuviera el mismo encanto para mis lectores", dice el autor galés en la presentación. "Por eso, decidí escribir sobre el siglo XX y retratar a los europeos y a los norteamericanos que vivieron aquella época tan emocionante y, a la vez, tan violenta de la historia de la humanidad". Follett ha planteado su relato a través de cinco familias a los largo de tres generaciones. Los Williams, mineros del carbón en Gales; los Fitzherbert, aristócratas ingleses; los Kostin, dos hermanos rusos; los Ulrich, aristócratas alemanes, y los Dewar, miembros de la alta sociedad estadounidense.

La caída de los gigantes tiene como escenarios la Primera Guerra Mundial y la Revolución Rusa. En los primeros capítulos Follett presenta la intimidad de los personajes que seguirá el lector a lo largo de esta ambiciosa historia, pintando con exactitud y habilidad las circunstancias sociales y políticas en las que viven. En el primer capítulo el joven Billy Williams, de apenas trece años, desciende por primera vez a la mina y tiene una experiencia que definirá su carácter.

Ken Follett tiene acostumbrados a sus millones de lectores en todo el mundo a una combinación de historias individuales entrelazadas, llenas de acción, intriga y drama, junto a una rigurosa investigación histórica que proporciona un marco fiable al desarrollo de la trama. Después de estudiar filosofía, trabajar como periodista y escribir sin mucho éxito diez novelas, Follett consiguió finalmente con la undécima, La isla de las tormentas (1978), el renombre y la fórmula del éxito que lo mantiene en primera fila de los autores de best sellers internacionales.
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 24-09-2010 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Guía de lectura de "Ás de bolboreta" de Rosa Aneiros

http://aprofa.blogspot.com/2010/09/guia-de-lectura-de-as-de-bolboreta-de.html
Comentarios (1) - Categoría: Ler - Publicado o 14-09-2010 01:12
# Ligazón permanente a este artigo
Estratexias de comprensión lectora
Comentarios (0) - Categoría: Ler - Publicado o 14-09-2010 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxe a Viana do Castelo cos clubs de lectura dos IES de Caldas e Porto do Son
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 11-07-2010 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
«Oh meu amor de algum dia, havemos de ir a Viana/ Se o meu coração não me engana/ Havemos de ir a Viana»
EXCURSIÓN A VIANA DO CASTELO


Esta viaxe foi ideada como unha xornada de convivencia e como premio de fin de curso para os integrantes do club. Permítenos, ademais das actividades do Programa, realizar unha sesión conxunta cos clubs doutros centros escolares (IES de Porto do Son e IES Aquis Celenis de Caldas de Reis) e compartir experiencias e novas actividades co seu alumnado.

PROGRAMA


VENRES 25 XUÑO
12:30 O autobús procedente de Porto do Son recóllenos no Colexio
14:00 Parada para xantar na Praia da Foz do Miño (Caminha).
16:30 Chegada a Viana do Castelo e acomodamento na Pousada da Xuventude Navio Gil Eanes. Visita ao Museo do Navío.
18:00 Paseo pola vila de Viana do Castelo e visita á exposición de cómic "O Dragao ataca". Organiza: Associação de Produção e Animação Audiovisual "Ao Norte".
20:00 Cea na Pousada da Xuventude de Viana.
20:45 Visualización dunha película e coloquio.
23:00 Hora de durmir


SÁBADO 26 XUÑO
09:00 Almorzo na Pousada da Xuventude de Viana.
10:00 Visita guiada á Biblioteca Municipal e asistencia a unha sesión de contacontos na biblioteca. Programa “Sábados con Historias”. Sesión conxunta dos clubes de lectura.
13:00 Xantar na Pousada da Xuventude de Viana.
14:30 Saída de Viana do Castelo. Parada en Vila Praia de Áncora.
19:30 Hora de chegada aproximada a Cuntis
Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 25-06-2010 01:23
# Ligazón permanente a este artigo
A Cidade en chamas, de Ariel e Joaquín Dorfman
NA NOSA BIBLIOTECA


A cidade en chamas é unha novela xuvenil escrita por Ariel Dorfman en colaboración co seu fillo Joaquín. Publicada por Xerais no 2005 na colección Fóra de Xogo.

O protagonista desta particular historia é un adolescente, Heller, vive cos seus avós e percorre a cidade de Nova York na súa bicicleta durante o verán do 2000 traballando para axencia Noticias Suaves. El é o encargado de anunciar as novas máis tristes, para o que ten unha habilidade especial convertendo as desgrazas anunciadas nunha mensaxe de esperanza. Ao tempo que fai o seu Tour entre o tráfico da gran cidade Heller efectúa a súa propia viaxe cara a madurez a través da súa relación cos inmigrantes que constitúen a súa principal clientela. Con eles descubre a amizade e o amor, as pancas que o liberan dos medos e erros da adolescencia e lle permiten aceptarse a si mesmo e comprender a ausencia dos seus pais.

Gustoume moito este libro. Achegueime a el pola orixinalidade da súa temática, pero con certas prevencións pola súa cualificación como ‘xuvenil’. Uns temores infundados, é das poucas novelas recomendables para mozos e maiores, fácil de ler e con moita acción. O protagonista é un rapaz, pero a súa historia non é infantil; é tenra, é sensible, pero tamén crúa, realista. Heller non é ningún modelo, é inseguro, ás veces caprichoso, pero capaz de comprender. Para conseguir a pedalada axeitada, para atopar a tranquilidade vital ten que caer moitas veces da bicicleta, e volver a levantarse, coa axuda dos demais. Así, cun equipo de xente que te quere e aos que querer, nós, como Heller, seremos quen de gozar de cada unha das etapas do Gran Tour, da vida.


Eladio Anxo
Comentarios (5) - Categoría: Lecturas - Publicado o 16-06-2010 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada dos Clubs de Lectura
O pasado venres, 11 de xuño, participamos nas Xornadas dos Clubs de Lectura, celebrada na Escola Galega de Administración Pública de Santiago. Eu tiven a sorte de tardar en atopar aparcamento, polo que me librei de escoitar ao malfadado Conselleiro na inauguración.

En primeiro lugar interveu unha profesora catalá, Ana María Margallo, cuxa charla xirou arredor das lecturas dos adolescentes, e de como os mediadores ou coordinadores poden propor unha serie de medidas para procurar que o hábito lector contribúa a mellorar a competencia literaria.

Ás 12,15 horas reunímonos por zonas. Alí falamos do desenvolvemento dos distintos clubs, dos atrancos e das gratificacións. O que máis me gustou foi comprobar como o club non só debe servir para ler, senón tamén para contribuír a mellorar a convivencia (aínda que non todos estaban de acordo). Esta foi a actividade das xornadas que máis me interesou, xunto á comida, onde seguimos intercambiando experiencias e opinións, e ás intervencións de coordinadores de catro clubs pola tarde (entre eles Pedro, do club do IES de Caldas, co que imos compartir viaxe a Viana do Castelo).

A xornada rematou coa entretida conferencia do escritor Benjamín Prado e o apaixonado recitado de poemas de Uxío Novoneyra por parte do seu fillo.

Nas Xornadas habilitouse un espazo para expor material dos clubs. Tiveron unha gran acollida as nosas guías de lectura, o carné e os marca-páxinas. Ao remate das xornadas non quedou ningún material sobre a mesa. E, por suposto, o cartel da Mesa de Intercambio espertou, a tenor dos comentarios, a admiración dos presentes. Mesmo lle adicaron un artigo no blog das Bibliotecas escolares de Galicia.

Falar cos compañeiros doutros centros aportoume dúas cousas. Por unha banda, ideas e propostas interesantes para levar a cabo no futuro. E por outra, serviume para elevar a miña autoestima sobre o traballo realizado este curso no D. Aurelio. Despois dun mes de maio no que o meu ánimo decaera respecto da utilidade das Campaíñas, decateime de que o noso traballo non só foi intenso, senón tamén relevante. E sentinme orgulloso.

Comentarios (2) - Categoría: Eventos - Publicado o 13-06-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Pedro y yo, de Judd Winick
NA NOSA BIBLIOTECA


Pedro y yo é unha novela gráfica do autor estadounidense Judd Winick, editada en España por Astiberri o ano 2008. Cóntanos unha historia real, autobiográfica, que lle ocorreu ao autor cando coincidiu con Pedro Zamora nun programa tipo Gran Hermano.

Pedro Zamora é un cubano que abandonou a illa xunto a súa familia no ano 1980 (marielitos). Ao 17 anos descubre que é portador do VIH, o que cambia radicalmente a súa vida. Consegue reaccionar e superar a depresión converténdose nun activista da loita contra a SIDA, percorrendo Estados Unidos impartindo charlas para previr a enfermidade.

En 1993, Winick e Zamora coinciden no reality "The Real World San Francisco". Comparten habitación mentres son filmados durante seis meses. Judd tivo que vencer moitas dúbidas e prexuízos ata que entre eles xorde unha sólida e profunda amizade. O 11 de novembro de 1994 Pedro faleceu; tiña 22 anos e pesaba 42 quilos.

En homenaxe a Pedro e a súa relación con el Winick debuxou este cómic, onde non só conta a etapa que compartiron unha vida televisada, senón que percorre tamén as vidas de ambos, antes e despois. Unha obra chea de sensibilidade, descarnada, pero, ao tempo, non carente de humor. Un canto a amizade e á solidariedade. Unha invitación a rachar cos medos e supersticións que non impiden gozar do outro. Judd foi quen de querer a Pedro, enchéndose de vida. Lendo esta banda deseñada nós tamén gañaremos valentía e pulos para facernos mellores coñecendo aos que nos rodean, moitas veces rexeitados por ignorancia, irracionalmente.


Eladio Anxo
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 08-06-2010 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [21]
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal