As Campaíñas


E ti, aínda non es do club?








































O club de lectura “As Campaíñas” nace, por una banda, dentro da campaña de fomento da lectura elaborada pola Consellería de Educación, e, pola outra, de constatar que hai un sector do noso alumnado, profesorado, pais e nais que len con asiduidade, ade de tentar que rapaces aos que non lles gusta ler se sumen a esta afección que tan bos resultados lles dá na adquisición da súa aprendizaxe académica.

Funcionamento do club
A participación no club de lectura levarase a cabo do seguinte xeito:

1. Escollerase un libro para ler nun mes de entre a escolma do boletín.

2. Se non nos gusta o libro que estamos a ler cambiámolo por outro.

3. En cada sesión marcarase o número de páxinas que temos que ter lidas para a sesión seguinte.

4. Cada semana participarase nun coloquio onde expoñeremos as nosas opinións sobre o lido previamente.

5. Se lemos máis páxinas das marcadas, non se poderá desvelar aos compañeiros do club o seu contido.

6. Anotaránse aqueles fragmentos ou frases que nos fixeron sentir algo especial para lerllos e comentarllos aos compañeiros.

7. Poderase acudir ás reunións aínda que non nos dese tempo a ler as páxinas programadas.

8. Se algún día non se pode acudir as sesións, poderase continuar no club.

9. Participarase coas opinións, dúbidas e suxestións persoais no blog do club.

10. A participación nas actividades que realizará o club serán voluntarias.
Comentarios (0) - Categoría: Funcionamento - Publicado o 14-01-2009 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal