As Campaíñas


Samaín en Carboeiro

O pasado 5 de novembro gozamos dunha xornada terrorífica xunto aos clubs de lectura de Porto do Son, Portas, Caldas e A Estrada no mosteiro de Carboeiro.
Despois do magosto os membros do club comimos no patio de recreo xunto aos de Porto do Son, cos que compartimos autobús.
Fomos primeiro ata a fervenza do Toxa, espectacular. Un fermoso paseo para baixar a comida e botar unhas risas para sacudir o medo. Aínda que para algúns a subida pareceulles Pena Trevinca.
Cando xa estaba escurecendo chegamos ao mosteiro, entramos na Igrexa, o negro dominaba. Que lugar máis máxico!!!
Celso Fernández deleitounos, coma sempre, coa súa mestría e a súa impresionante voz. Detrás das columnas xa asomaban os espíritos dos defuntos.
A noite caía, polo rosetón só penetraba unha pálida claridade, e nós alí entre as seculares pedras, cheas de ecos. Que nerviosismo! Alguén berrou... Queriamos saír pero non podiamos quedar de covardes.
Os de Caldas case nos fan estalar o corazón coa súa historia de mortos resucitados, magnificamente interpretada. Nós démoslle algo de ironía a xuntanza co baile do Samaín (que riquiños!!!), pero as valentes de Natalia e Lorena (coa imprecindible colaboración de Magdalena) volveron a meternos no máis alá. Ficamos calados moito tempo mentres unha alumna da Estrada, á luz da lanterna, lía sen vacilacións un relato de Cortázar. E rimos coa fresca e singular representación dun conto de Ánxel Fole por parte dos alumnos de Portas.
Por fin iamos saír... Pero non, aínda había que baixar á cripta, onde se soterraban os monxes. Xa non se vía un burro a tres pasos e nós, desafiando aos espíritos, baixamos a estreita e tortuosa escaleira á luz dos... móbiles!!! Abaixo berramos coma posesos, sobre as nosas cabezas algún monstro nos ameazaba. Alguén iluminou o teito coa lanterna e o que vimos foi... un pardal!!! Pobriño, el si que tiña medo.
Cando montamos no autobús, un suspiro de alivio percorrou os asentos.


Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-11-2010 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Ha sido un poco vergonzoso porque nosotros, los de As Campaíñas no tuvimos una actuación muy b#blgtk08#rillante porque no nos sabíamos la letra. Pero si que pasamos miedo, ¡estaba todo tan oscuro!
Comentario por Cristina diz (16-11-2010 15:19)
2 E ademais, esquecimos chaquetas e lecturas no moste#blgtk08#iro... Menos mal que non quedou ninguén na cripta!
Comentario por María (18-11-2010 21:11)
3 Thanks for the fan#blgtk08#tastic post here.
Comentario por Rolex Replica (27-06-2013 06:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal