As Campaíñas


Redelibros, nova referencia
12.11.2010/ Galicia Hoxe/ Maré
Galicia conta coa súa primeira rede social de seareiros da Literatura, Redelibros, unha plataforma que trata de construír un espazo de encontro para escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e lectores. Redelibros preséntase hoxe na Taberna-taller do Marco e nos próximos meses tamén se abrirá unha fiestra para descargas en soporte electrónico e papel.


Redelibros xunta nunha mesma plataforma virtual os amantes da literatura, tanto os que elixen o soporte electrónico como o de papel.

O mundo do libro rabuña espazos virtuais con Redelibros, a primeira rede social galega para seareiros da Literatura. A plataforma preséntase hoxe en Vigo, na taberna-taller Detrás do Marco, coa actuación do contacontos Anxo Moure, impulsor do proxecto itinerante ciclobiblioteca. Os organizadores recoméndanlles, ademais, aos asistentes que leven un libro para intercambiar, nun improvisado mercadiño de troco.

Redelibros anúnciase como unha rede social cunha peculiar característica: foi deseñada para crear en Internet un espazo cultural común, construído para dar acollida a todo o universo do libro do país. O seu obxectivo é reunir escritores, editores, libreiros, bibliotecarios e lectores nun acontecemento marcado, segundo os seus impulsores, polo amor á literatura.

Atopar outros lectores cos nosos mesmos gustos, buscar información sobre as nosas vindeiras lecturas, deixar comentarios sobre o que limos, recomendar libros, crear as nosas propias bibliotecas virtuais, estar ao día de todo canto acontece no mundo do libro, asistir a relatorios de escritores... son, entre outras, as actividades que terán acubillo nesta plataforma en liña.

Redelibros está formada tamén por unha plataforma de difusión do libro, tanto electrónico como en papel, que abrirá as súas portas nuns meses. Esta ferramenta permitiralles aos usuarios entrar en calquera das librerías asociadas e descargar obras para eReaders, teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, iPads... ou mesmo acceder a obras en papel e adquirilas para que seren recibidas por correo postal.
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 14-11-2010 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal