As Campaíñas


As serpes cegas, de Hernández Cava e Bartolomé Seguí
NA NOSA BIBLIOTECA


As Serpes Cegas, con guión de Felipe Hernández Cava e debuxos de Bartolomé Seguí, é a primeira banda deseñada editada polo colectivo galego BD Banda na nosa lingua e en castelán, e tamén foi publicada en Francia. Este álbum foi merecedor do Premio Nacional de Cómic 2009, que outorga cada ano o Ministerio de Cultura, despois de ter recibido antes importantes premios.

O cómic narra unha historia negra que comeza e acaba en Nova Iorque en 1939, pasando pola Guerra Civil española (as localizacións son magníficas). Un misterioso home de traxe vermello busca a Ben Koch. Este, á súa vez, tamén quere atopar a outro home. Hai moitas contas que saldar. Nunha sucesión de flashback imos descubrindo, expectantes, porque uns homes andan a procura de outros. Unha historia moi de cine negro que reclama a realización dunha película.

Esta banda deseñada é das mellores que teño lido. Hai unha perfecta conxunción entre o debuxo e o guión, viñetas e texto flúen con naturalidade, animándonos a gozar cada unha con parsimonia pero, á vez, tirando de nós cara adiante, impacientes por coñecer os secretos dos personaxes. Os autores conseguen crear unha historia redonda, á vez que cada capítulo ten por si mesmo unha entidade propia (primeiro saíu publicada por capítulos na revista BD Banda) . En ningún momento decae a acción nin o misterio. Imprescindible.


Heladio Anxo
Comentarios (1) - Categoría: Lecturas - Publicado o 17-01-2010 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 So beautiful, I really like your stuff let me s#blgtk08#hines,Thank you for sharing, and work smoothly
Comentario por Replica handbags (02-07-2013 05:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal