As Campaíñas


Caminaba un hombre de Otar Chiladze
Caminaba un hombre é unha tradución de 1986 dun libro xeorxiano, da época soviética, na que o lector atopará unha adaptación da lenda do vélaro de ouro e doutros mitos da Grecia clásica, pero agora contados desde outra perspectiva.

E se todo estivese preparado?, se nada fose froito da casualidade?, se todo fose unha escusa do poder, longa e pacientemente preparada para levar a cabo os seus plans? Pois iso parece desprenderse das páxinas desta novela, que nos vai mostrando a loita do ser humano, representado en varios dos personaxes, por seguir adiante coas súas vidas a pesar dos infortunios.

Chama poderosamente a atención o control que exerce o poder e como maquina e prepara os seus plans para cando os necesite. Ante isto, os protagonistas pouco poden facer, salvo tratar de resistir e liberarse, pero a traizón vén sempre dos que están máis próximos, daqueles dos que nunca se espera.

Sorprende tamén a pasividade ou a aceptación da situación or parte dalgúns individuos, que se cadra, por temor a non ser comprendidos, non fan partícipes da súa situación aos demais.

En definitiva, é un libro altamente recomendable, aínda que a tradución ao castelán podería ser mellor, pero isto non lle impedirá ao lector descubrir presonaxes interesantísimos desde o punto de vista psicolóxico e de comportamento, como Bedia, aquel mariñeiro de Vani que observa como o mar os está abandonando sen que el se atreva a contarllo a ninguén, ou Malalo a dos ollos negros, unha prostituta de Babilonia no apoxeo da súa profesión que trata de vencer a morte por medio das súas fillas, ou máis aínda o personaxe de Kusa, sobriño de Farnaoz, un dos protagonistas, un ser vil e rastreiro, sempre ao servizo do poder e que non dubida en vender a quen faga falta.


Xosé Álvarez
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 14-12-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal