As Campaíñas


Irmán do vento, de M. Lourenzo González
NA NOSA BIBLIOTECA


Irmán do vento é unnha novela de M. Lourenzo González editada por Xerais, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil no 2003. Trata sobre un rapaz iraquí chamado Khaled, de quince anos ó que lle gustan as aventuras.

É un rapaz soñador... ó que tamén lle gustan os cabalos. A súa nai morrera e o pai casou con outra muller. A Khaled non lle pareceu mal pero a seu avó e á familia da nai si que llo parecía.

Un día, chegou a guerra a Bagdag e o pai de Khaled marchou a loitar... Ó principio, o pai mandáballe cartas onde lle contaba como era a capital e moi poucas veces mencionaba a guerra, só dicía que aínda non empezara ou que xa empezara pero non lle daba importancia, pero dalí a pouco chegou unha carta que dicía que o seu pai estaba desaparecido.

O rapaz pensou en ir a buscalo porque podía estar en calquera sitio ou incluso podía estar morto... Deixoulle unha carta ó avó. Mentras ía en dirección a Bagdag pasou por moitas aventuras, e ó final logrou chegar e atopouse co seu pai morto. Quixo levalo para a súa aldea e así foi. A Khaled gustáballe unha rapaza que se chamaba Amrah e como se viu satisfeito co seu traballo foi buscala para poder casar con ela pois tamén estaba namorada del. Foi no seu cabalo, Ahu Al-Rih (Irmán do vento)
.


Lucía Villaverde
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 28-10-2009 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Moi bo resumo, supoño que che gustaría o libro. É un libro de aventuras#blgtk08#, pero tamén un grito contra a Guerra de Iraq, contra todas as guerras.
Comentario por Eladio (29-10-2009 23:59)
2 Gustoume moito o teu artigo, Lucía. Supoño que non lerías antes moitas novelas coma esta; xa ves qu#blgtk08#e detrás da carátula dun libro pode haber calquera cousa, moitas veces moi interesantes. Sigue así!
Comentario por Nando (31-10-2009 00:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal