As Campaíñas


As Campaíñas flúen de novo
As Campaíñas comeza unha nova andaina con moita forza. Xa somos 4 pais, 14 profesores e 45 alumnos e alumnas¡¡¡ Toda unha tropa de amantes das palabras, das aventuras, da intriga, do misterio, das ilustracións, do amor, dos contos... dos soños. Gústanos ler e estamos organizados para gozar aínda máis da nosa paixón. Somos moitos e temos unha boa causa pola que loitar.

O noso centro de operacións é a Biblioteca do D. Aurelio, pero estamos dispostos a invadir outros ámbitos coas inofensivas e irresistibles armas da letra impresa. Non temos límites e somos especialistas. Cada un de nós engule as palabras que prefire do manancial das Campaíñas e empapa co seu satisfeito pracer a todos os que miran desde a orela. Hai verbas para todos os maxíns, calquera apetito é saciado nesta peripecia con infinitos finais felices.

Queres sentir? queres gozar? queres compartir? queres sorrir? queres medrar? queres divertirte? A que esperas? Aínda non es das Campaíñas? Non deixes que outros che lean a túa vida.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-10-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Pareceme moi ben que se fagan #blgtk08#clubs que fomenteen a lectura
Comentario por iago (11-11-2009 12:20)
2 Asegurovos que este clube é moi emacionante,divertido.Descubrimos cousas nova e #blgtk08#sobre todo formamos unha gran familia donde medramos xuntos compartindo.
Comentario por Jennifer Couso Hermida (25-11-2009 14:56)
3 Asegurovos que este clube é moi emacionante,divertido.Descubrimos cousas nova e #blgtk08#sobre todo formamos unha gran familia donde medramos xuntos compartindo.
Comentario por Jennifer Couso Hermida (25-11-2009 14:57)
4 O club de lectura e moi div#blgtk08#ertido a min gustame moito
Comentario por noelia gonzález pereiro (25-11-2009 15:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal