As Campaíñas


Eragon-Eldest de Christopher Paolini
ERAGON é un rapaz de quince anos que cando se atopa de caza encontra unha xema preciosa que cre que sacará á súa familia da pobreza. Cal non é a súa sorpresa cando descobre que é un ovo de dragón! Como uns animais andan en busca del, o seu dragón lévao á forza para poñelo a salvo pero Eragon obrígaa a levalo á terra. Saphira (o seu dragón) moi enfadada, cumpre a palabra del, pero á volta descobren que a familia de Eragon está morta. Xuntos emprenden unha serie de aventuras que os levan a estar máis unidos e a axudarse moito máis do que esperaban.



Na segunda parte, Eragon ten que emprender un longo camiño ata Ellésmera, a cidade dos elfos, para rematar a súa formación como xinete, xa que esta estaba incompleta. Durante a viaxe namórase da voceira do pobo elfo ante os vardenos. Ao chegar a Ellésmera descobren que esta é a princesa dos elfos, e Eragon séntese distanciado dela pola súa alta clase social. De alí a uns meses termina a súa formación cun feito moi importante, que o fai sentirse máis seguro con respecto os seus sentimentos cara Arya e confésalle o seu amor. Pero unha guerra volve separalos e Eragon déixese morrer polo que descobre nesta.




Vanesa M.
Comentarios (2) - Categoría: Lecturas - Publicado o 22-09-2009 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Este libro parece inte#blgtk08#resante,aver se o leo.
Comentario por lorena (28-09-2009 14:20)
2 Comprobo con moita alegría que Vanesa segue a colaborar coas Campaíñas...#blgtk08# a ver se estende o virus lector entre os compañeir@s de terceiro. Saúdos
Comentario por Román (28-09-2009 22:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal