As Campaíñas


SEDA, Alessandro Baricco

O 21 deste mes de marzo teremos o faladoiro de profesores en torno ao libro Seda de Alessandro Baricco.

EXEMPLARES DISPONIBLES NA BIBLIOTECA DO CENTRO

.En 1861 chega a vila francesa de Lavilledieu un enigmático personaxe, Baldabiou, para instalar un fiadeiro. Para iso necesita mercar ovos de vermes de seda, e emprende viaxes na súa busca á África. Para conseguilo contrata a Hervé Joncour, o fillo do alcalde, que renunciará á súa carreira militar e que vive feliz casado con Hélène. Tras uns anos de bonanza económica, unha epidemia que afecta aos vermes ameaza o negocio. Baldabiou decide
que para evitala deben ir ao outro lado do mundo, ao Xapón, e conseguilos de contrabando. Joncour é o elixido, atravesa Europa, Rusia e chega á costa chinesa, embarca dun barco de contrabandistas holandés e xa no Xapón contacta con Hara Kei, o cacique dunha aldea preto da cidade de Shirakawa, que a partir de entón será o seu distribuidor. Alí queda fascinado pola beleza da súa esposa, á que Hara Kei coida con receo. Durante cada nova
viaxe procúraa con vehemencia, posúe unha atracción inexplicable cara a ela.
Comentarios (0) - Categoría: Lecturas - Publicado o 06-03-2013 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal