|
|
|
Sesión dedicada a Rosalía de Castro |
|
 Con motivo da cercanía da actividade prevista para final de trimestre, a visita á Casa-Museo de Rosalía de Castro, hoxe dedicamos a reunión do Club a falar da obra de Rosalía. A verdade é que os alumnos tiñan bastantes coñecementos sobre ela, sobre todo Patricia, que disfrutou coa súa exposición.
Se fixo lectura dalgúns dos seus poemas máis populares e pasounos o tempo moi rápido.
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
...................................
Nos últimos minutos presentouse unha posible actividade cara a San Valentín: un recital de poesía amorosa. Acordamos que témola que empezar a preparar con tempo para que quede axeitada. |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
verdade é que os alumnos tiñan bastantes coñecementos sobre#blgtk08# ela, sobre todo Patricia, que disfrutou coa súa exposición. |
|
|
Comentario por broches (29-09-2012 11:41) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|