As Campaíñas


VISITA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA
O vindeiro venres, 15 de marzo, visitaremos o Salón do Libro de Pontevedra. Antes pasaremos polo Centro Cultural de Novacaixagalicia, onde organizan talleres relacionados coa exposición "A pintura sen tempo", e remataremos a mañá no xardín da !illa das esculturas".
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 07-03-2013 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
As Campaíñas na praia
O pasado 8 de xuño, como remate e celebración doutro frutífero ano do Club de Lectura, viaxamos cara a Ría de Arousa. Pola mañá visitamos a humilde casa de Ramón Cabanillas en Cambados e o pazo de Valle Inclán en Vilanova.
Despois dirixímonos cara onde todas e todos desexavamos chegar canto antes: o Parque Natural do Carreirón na Illa de Arousa. Alí comimos, lemos, recitamos e... sobre todo bañámonos e xogamos. Foi unha xornada inesquecible. Boas vacacións e VIVAN AS CAMPAÍÑAS!!!


Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 01-07-2011 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
LENDO E CONTADO AOS MÁIS PEQUENOS
O alumnado do Club de Lectura de Primaria elixiu e preparou durante varias sesións contos para contarlle aos máis pequenos do colexio, os de Educación Infantil. Os conta-contos eran de diferentes idades (6-10 anos) así que na elección do conto houbo que ter en conta o seu nivel de lectura.

Una vez escollidos prepararon a posta en escena, a entoación, os xestos, a velocidade lectora, etc... para que o día que o contasen o seu público comprendera e desfrutara ao máximo.

A primeira hora dos martes pola tarde, durante 20 minutos ían a Educación Infantil e 4 lectores entraban en cadansúa aula para entreter co seu relato ao grupo de pequenos. Fixémolo durante 4 martes seguidos e incluso deu tempo a que algún lector repetise a experiencia.

Os contadores mostraronse moi satisfeitos ao acabar xa que estaban nerviosos pero despois todo lles saíu ben. Os nenos de infantil prestaron moita atención xa que o feito de que fosen compañeiros resultáballes atractivo.

As mestras de infantil tamén valoraron o éxito da actividade, resaltando a motivación por parte do seu alumnado, favorecendo así a aprendizaxe da lecto-escritura e valorando e gozando dos contos.



Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-06-2011 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Banda Deseñada e Ilustración
Grazas ao bo facer do noso compañeiro Anxo contamos con este vídeo onde se resume o traballo feito durante as Xornadas de Banda Deseñada e Ilustración. Grazas a todos, profesorado e alumnado, pola masiva participación.

Comentarios (6) - Categoría: Actividades - Publicado o 28-03-2011 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
As Campaíñas no Salón do Libro de Pontevedra 2011
Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-03-2011 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Banda Deseñada
XORNADAS DE BANDA DESEÑADA E ILUSTRACIÓN
Comentarios (1) - Categoría: Actividades - Publicado o 17-02-2011 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do concurso de 'Relatos de Medo'
O pasado venres, 19 de novembro, nos recreos de Secundaria e Primaria, fixemos entrega dos premios aos gañadores do concurso de Relatos de Medo, co gallo do Samaín 2010.


Gañadores relatos medo
Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 24-11-2010 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín en Carboeiro

O pasado 5 de novembro gozamos dunha xornada terrorífica xunto aos clubs de lectura de Porto do Son, Portas, Caldas e A Estrada no mosteiro de Carboeiro.
Despois do magosto os membros do club comimos no patio de recreo xunto aos de Porto do Son, cos que compartimos autobús.
Fomos primeiro ata a fervenza do Toxa, espectacular. Un fermoso paseo para baixar a comida e botar unhas risas para sacudir o medo. Aínda que para algúns a subida pareceulles Pena Trevinca.
Cando xa estaba escurecendo chegamos ao mosteiro, entramos na Igrexa, o negro dominaba. Que lugar máis máxico!!!
Celso Fernández deleitounos, coma sempre, coa súa mestría e a súa impresionante voz. Detrás das columnas xa asomaban os espíritos dos defuntos.
A noite caía, polo rosetón só penetraba unha pálida claridade, e nós alí entre as seculares pedras, cheas de ecos. Que nerviosismo! Alguén berrou... Queriamos saír pero non podiamos quedar de covardes.
Os de Caldas case nos fan estalar o corazón coa súa historia de mortos resucitados, magnificamente interpretada. Nós démoslle algo de ironía a xuntanza co baile do Samaín (que riquiños!!!), pero as valentes de Natalia e Lorena (coa imprecindible colaboración de Magdalena) volveron a meternos no máis alá. Ficamos calados moito tempo mentres unha alumna da Estrada, á luz da lanterna, lía sen vacilacións un relato de Cortázar. E rimos coa fresca e singular representación dun conto de Ánxel Fole por parte dos alumnos de Portas.
Por fin iamos saír... Pero non, aínda había que baixar á cripta, onde se soterraban os monxes. Xa non se vía un burro a tres pasos e nós, desafiando aos espíritos, baixamos a estreita e tortuosa escaleira á luz dos... móbiles!!! Abaixo berramos coma posesos, sobre as nosas cabezas algún monstro nos ameazaba. Alguén iluminou o teito coa lanterna e o que vimos foi... un pardal!!! Pobriño, el si que tiña medo.
Cando montamos no autobús, un suspiro de alivio percorrou os asentos.


Comentarios (3) - Categoría: Actividades - Publicado o 16-11-2010 01:16
# Ligazón permanente a este artigo
Velada de medo en Carboeiro

Comentarios (0) - Categoría: Actividades - Publicado o 04-11-2010 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo da viaxe a Viana do Castelo
Grazas ao equipo de vídeo do IES do Son contamos con esta testemuña audivisual dunha gustosa e aproveitada viaxe. Compartimos dous días cos do Son e os do IES de Caldas arredor dos libros e a escritura. Foi a culminación a todo un ano de traballo gratificante. Noraboa a SonCine.

a viaxe a viana from SonCine on Vimeo.

Comentarios (2) - Categoría: Actividades - Publicado o 10-10-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal