As Campaíñas


Mal de escola (II)
NA NOSA BIBLIOTECA





























OS LIBROS QUE NOS FAN MELLORES (I) (Xornal de Galicia)
O peor que lle podería pasar a 'Mal de Escola', de Daniel Pennac, sería ficar sepultado baixo a etiqueta de manual de autoaxuda para ensinantes.
POR MARTIN PAWLEY


Unha muller case centenaria contempla na televisión un documental sobre un escritor francés, ao cal amosa na vida cotiá, rodeado de libros na súa biblioteca, falando do oficio literario e do seu pasado como mestre. O escritor chámase Danniel Pennac e a muller é a súa anciá nai. Ela sabe que Daniel é unha figura respectada e está ao tanto do seu éxito profesional, mais dentro dela ficou para sempre o recordo da tristeza e a preocupación polo fillo que de mozo respondía ao prototipo de mal estudante.

Un mozo que cada anoitecer regresaba á casa "perseguido pola escola", angustiado polas súas dificultades aparentemente insalvábeis para memorizar as leccións e manexarse con algo de fortuna coa lingua e as matemáticas. Un adolescente 'sen porvir', un "problema" para calquera familia que antes ou despois acabará por preguntarse "que vai se do noso rapaz?" Por is, nun altura na que a cabeza da nai se move mellor polo pasado que polo presente, a inquietude polo fillo, obviamente xa innnecesaria, rexorde unha e outra vez en forma de pregunta: "Ti cres que chegará a algo?".

A calculada contención emocional das primeiras páxinas de Mal de Escola, publicado hai pouco pola editorial Xerais, marca con precisión o ton do libro, que mestura de maneira eficacísima o recordo autobiográfico e o rexistro ensaístico para abordar cuestións referidas á pedagoxía e ás institucións educativas. Pennac explora a súa experiencia nos dous lados da fronte, como (mal) alumno primeiro e logo como profesor de instituto durante vintecinco anos, para compoñer un discurso esperanzado sobre o papel revolucionario da educación, entendida non como transmisión robotizada de coñecementos senón como ferramenta formadora e transformadora que actúa un a un sobre cada individuo para facer del un ser máis libre e independente. O autor repara nos malos estudantes desde a certeza de que son eles os que verdadeiramente xustifican a necesidade do profesor; achégase ao seu illamento, ao seu desexo de saber combinado coa "dor de non comprender", sentimentos que el tamén viviu, e sobre todo á súa vontade de salvación, de ser rescatados por alguén que veña buscalos e os leve da man guiado pola paixón por comunicar e por algo que está por riba de toda sorte de métodos, teorías e prácticas docentes: o amor. Un termo subversivo "que non podes nin tan sequera pronunciar nunha escola, nun instituto, nunha facultade ou en calquera lugar semellante" e que ten dentro de si o potencial para cambiar o mundo.

O peor que lle podería pasar a este texto excepcional, editado por Xerais nunha espléndida versión de Xavier Senín e Isabel Soto —autores tamén da tradución d'A clase de François Begaudeau, obra tan diferente como complementaria desta, e que merecerá comentario á parte— é ficar sepultado baixo a etiqueta de manual de autoaxuda para ensinantes. Porque Mal de Escola deben lelo todos os profesores, claro, mais tamén todas as nais e pais, e todos os fillos; debería lelo todo o mundo, como corresponde aos grandes libros, os que nos fan mellores.
Crítica de Héitor Mera no Faro da Cultura
Comentarios (0) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 15-03-2009 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
MAL DE ESCOLA
Mal de escola
Xoves 05 de febreiro de 2009

O libro de Daniel Pennac, traducido recentemente ao galego como Mal de escola, debería ser de lectura obrigatoria para profesores, estudantes que aspiren á docencia, familias con fillos en idade escolar, políticos preocupados pola mala situación dá educación, psicólogos, adolescentes que se consideren nulidades, e, en xeral, para calquera persoa a quen lle interesen as posibilidades que ofrece ou ensino para mellorar a vida dos individuos e, ao longo, a vida social. Ou sexa, practicamente debería lelo todo ou mundo.

Deixo á parte ou valor literario da obra e a consideración de se é ou non unha novela. Estou a falar do libro como dun documento de evidente valor sociolóxico.

Daniel Pennac foi un estudante moi malo, o que se chama un burricán, un rapaz que recadaba ceros mes tras mes, que lles inspiraba tal preocupación aos seus pais sobre as súas posibilidades que lles fixeron prometer aos irmáns que se ocuparían do cando eles faltasen; como se fose un eivado total. Finalmente, e grazas a catro profesores (só catro de todos os que tivo na súa longa vida de mal estudante), conseguiu rematar ou bacharelato e despois a licenciatura. Fíxose profesor, e con sesenta anos cumpridos decidiu escribir a súa experiencia.

O libro conta ou sufrimento dun «parvo», dun estudante que non comprende, pero ademais conta os esforzos dun bo profesor para facer da escola un mundo positivo. Está cheo de suxestións, de exemplos, ata de trucos para facer na clase un espazo atractivo e para ensanchar ou horizonte dos estudantes. E ademais é divertido. Non se arrepentirán se o len.



Comentarios (1) - Categoría: Recomendacións - Publicado o 05-02-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
Club de Lectura
As Campaíñas
CPI don Aurelio
Cuntis

O meu perfil
cpidonaurelio@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 ANTERIORES
 ARQUIVO
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal