A Sada que foi. Historia de Sada


Un espazo no que compartir os meus artigos acerca da historia da nosa localidade. Un lugar no que achegármonos ao noso pasado, como elemento esencial que é da identidade de Sada.

Manuel Pérez Lorenzo

contador de visitas


O meu perfil
perezlorenzo.sada@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EDUARDO BLANCO AMOR NA SADA DE 1933
En marzo de 1933 o escritor ourensán Eduardo Blanco Amor chega a España. Faino como correspondente do diario arxentino La Nación, co obxecto de retratar a realidade do momento, coincidindo cos cambios que están a impulsar os gobernos progresistas da República. Mais, aos poucos meses, falecerá a súa nai, o que o sumirá nunha profunda depresión. Será entón cando apareza na súa axuda Ramón Suárez Picallo, o seu gran amigo no común periplo da emigración. O sadense, agora deputado a Cortes polo Partido Galeguista, ofreceralle un oco na súa casa natal de Beloi para, na compaña dos seus, procurar unha máis pronta recuperación anímica.


En Beloi, na procura da amizade

O 15 de agosto, coincidindo co comezo das festas patronais, chegaban Suárez Picallo e Blanco Amor a Sada. O ourensán era recibido con expectación, cando menos entre os mozos ligados ao activismo galeguista, liderados, precisamente, polo irmán de Ramón, Xohán Antón Suárez Picallo. Era este último quen recollía a noticia nas súas crónicas xornalísticas:

Ambos pasarán unos días en la casa de los padres del señor Suárez Picallo [...]. Al saludar al primero en su villa natal, deseamos al señor Blanco Amor que la estancia entre nosotros le sea muy grata, con la seguridad además, de que este deseo lo comparten fervorosamente, los grandes admiradores con que cuenta en Sada este joven intelectual gallego (El Pueblo Gallego, 20/08/1933).

A estancia de Eduardo estará dedicada ao descanso e ao ocio. Coa familia Suárez Picallo participará nas festas patronais, dará longos paseos e visitará as praias da contorna. Mesmo programarán unha xira aos Caneiros de Betanzos, frustrada a medio camiño ao vararen nun banco de area no medio da ría. Pero tamén atopará tempo para deleitar a un pequeno grupo de veciños cunha charla, organizada pola Peña Literaria local:

El 22 a las diez de la noche, en el salón alto de "La Terraza", dió una charla sobre "La evolución de la Estética", el poeta y escritor don Eduardo Blanco Amor. Al acto, que tuvo carácter reducidísimo, asistió toda la Peña Literaria que lo organizó y algunos invitados especiales. Previas unas palabras de presentación dichas por Antonio Suárez Picallo, el orador desarrolló una admirable lección de Arte, que duró una hora y que el auditorio escuchó embelesado por la belleza de la exposición e interesante fondo, imposible de reseñar en unas líneas (El Pueblo Gallego, 26/08/1933).

Neses días finais de agosto, Ramón e Eduardo recibirán a visita de dous vellos amigos, Emilio Pita e Antón Alonso Ríos. Entre tazas de viño lembrarán as súas comúns peripecias nas empresas culturais e políticas da emigración. Moitos anos despois, Emilio Pita lembrará a Ramón naquel ambiente familiar:

Quixera lembralo lanzal e ledo, alá en Veloy, o berce nadal, preto da praia azul da Sada rumorosa, acarón da nai, velliña e bulgueira, e de Xan Antón, aloirado do sol […]. En Veloy era o acougo (Orientación Gallega, 10-11/1964).

O día 25, Ramón tomaba o tren a Madrid, para participar na sesión das Cortes. Unha semana máis tarde, Eduardo partía rumbo a León, deixando "amigos que lo seguirán en su camino, sea éste cualquiera, y esperan volver a verlo pronto por estas tierras" (El Pueblo Gallego, 02/09/1933). Aínda regresarían ambos amigos a Sada a pasar algúns días de lecer, ata a partida defitiva de Blanco Amor.


Aquel verán evocado

Os destinos dos protagonistas desta historia serán diferentes, pero estarán todos marcados por un sino tráxico: o da sublevación militar de 1936. O 12 de agosto, tres anos despois daquelas xornadas estivais, Xohán Antón Suárez Picallo era torturado salvaxemente e asasinado polos falanxistas. O seu irmán Eduardo desaparecerá na fronte de combate. Os pais, Eduardo e Teresa, morrerán ao pouco tempo nun fogar desfeito. Ramón tomará o camiño sen retorno do exilio, un desterro marcado polas dificultades económicas e pola soidade. No ano 1940, escribirá desde a República Dominicana a Eduardo, establecido en Buenos Aires, pedíndolle auxilio:

cuando tu madre se fue y quedaste solo, te llevé a mi hogar. Quería que el calor de los míos mitigase en parte tu dolor. No sé si lo he logrado. Pero esa fue la intención. Pues bien, yo me hallo hoy igual que tú entonces. Solo, sin tener a quien decir todo el dolor de mi alma […]. ¡Ayúdame! ¡Escríbeme! No tengo a quien hablarle en el mundo (Arquivo da Deputación de Ourense, 20/02/1843).

Seis anos despois, xa desde Chile, nunha nova carta manifestaralle o seu desexo imposible de volver a Beloi, de retornaren xuntos, evocando aqueles días festivos:

los recentales, con una blanca estrella en la testuz, volverán a comer en tus manos espigas de maíz; [...] Las aguas de mi hermosa Ría de Sada, camino de los “Caneiros”, seguirán azules de día y por la noche encendidas de “ardentía” iluminando los cuerpos apolíneos de los muchachos nadadores, para delectación de nuestros ojos fatigados; en la Plaza de San Roque volveremos a ver los pespuntes mágicos de la “Muiñeira”; y de retorno de la fiesta en aquel cuartito tuyo y mío de nuestro hogar, el viejo mirlo cantarín, volverá a silbar en las mañanas su “buenos días Pepito”. Claro que allí faltará mucho insustituible: la presencia de mi querido Antón y de mis padres que te adoraban (Id. 24/08/1946).

Pola súa parte, Eduardo tamén lembrará con gratitude o seu paso por Sada nas crónicas escritas durante a súa viaxe por Chile, na que se reatopou co seu gran amigo:

cuando sobrevino sobre mi vida la hora más amarga de ella -1933-, no quise aceptar ni siquiera los hogares de la fraternidad de la sangre […] y le pedí a Ramón un plato y una yacija en su aldea y en su casa, campesina y marinera; y allí me estuve cuatro o cinco semanas, entre el amor de los suyos -¡qué cauto, qué fino, qué inteligente amor!- descubriendo cómo la madre de un amigo puede ayudar a quedarse sin la propia, haciendo que esta primera soledad mitigue su espanto y su rudeza (Chile a la vista, Editorial del Pacífico, 1950).

Ramón volverá a Buenos Aires, xa vello, canda o seu amigo. Alí morrerá no ano 1964. Eduardo, sumido nunha profunda crise pola perda do amigo, decidirá retornar a Galicia un ano máis tarde. Xa vello e con escasos recursos, poderá visitar Sada aínda unha vez máis. Farao no 1978 para pronunciar unha charla sobre unha figura xa afastada no tempo, no espazo e na memoria: a de Ramón Suárez Picallo.

Comentarios (0) - Categoría: Historia de Sada - Publicado o 14-08-2016 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal