Cómpre saber o que é a dor para aprezar estar san, a falta de cartos para agradecer uns pesos no peto...e así poderia continuar con infinitas posibilidades.Eu estes días aprezo o tempo de lecer como en ningunha data xa que estes meses brillou pola súa ausencia. Así agradecín un paseo á tardiña preto do mar observando o meu paso como chegaron as mareas de setembro , grandes e rebuldeiras cun vento do nordés teimando despeitear...e foronse vindo as letras das Nordestinas e,sabendo non ser escuitada,mesmo cantaruxeei aquela copla que di : nas ondas do teu cabelo/púxenme a navegar /para que o mundo soubese/que non ha só ondas no mar.De volta os auriculares viñanme regalando máis músicas e xa encamiñada de novo para o choio pero con folgos renovados.
Xa esta aqui a nova nena da casa, e digo da casa xa que pese a tar auns 1000kms xa bule nos nosos adentros.Unha meniña que pese a nacer na Catalunya , leva xa de seu un anaco da Galiza no seu nome e nas verbas que escuitaba xa antes de ter nacido. Benvida meniña¡
O circuíto anual vaime levando da capital do país ao norte.Aquí as cousas seguen como cada verán mais cada vez con máis ladrillo , non embargantes o mar segue igual de rabudo teimando en espantar aos turistas.
Despedidas múltiples as das últimas semanas, e un colofón bañado de viño barrantes,licor café e canto nocturno na Quintana dos Vivos até chegar o día.
Para o ano haberá que poñer a maquinaria en marcha para tentar chegar a aprenderlles música @s nen@s mais tamén hai proxectos para seguir aprendendo i é que quedaron demasiadas cousas pendentes nestes tres anos(e máis inmediatamente quedou un suspenso inoportuno).
As portas de Compostela quedan abertas mais rematou un ciclo pra comezar outro , Quedarán , seguro , algunhas amizades e outras marcharán como viñeron, quedaran momentos perpetuados para contarlle batallitas aos que han de vir e quedarán muitas músicas e bailes sen os que sería difícil entender estes anos.
andamos de festa , soa a música, a chuvia resoa como acompañamento e harmonía . Estes son sen dúbida o preludio a marcha da cidade de pedra.Sempre haberá codas rechamantes de retorno de volta de 8ida . quén dira?
Praha. A música invade cada recuncho.O Reduta e unha trompeta que ecoa estridentemente con ansias de entrarche no peito e pensar por un intre que aquele mítico clube de Jazz é o teu medio natural.
A pedra e a dozura das cores que pintan a cidade son testigos de que este será o derradeiro ano pra compartir con algúns soñadores de músicas ...
Volta á outra cidade de pedra , a que acolle os meus pasos un 25 de Abril e cantar o Grandola cun cravo na mao;hai que festexar máis tamén despedir, agridoce como adoita ser a vida.
Collo aire e atrévome a abrir o meu novo compañeiro de sons , Namesti Miru (Praza da Paz),tira en baixo o medo a retomar o arco e facerme complice do tempo do son e do espazo pra ecoar música.
Paseniño vou chegando aos 22 anos , e comprobo en propias carnes que cumprir anos non vén a dicir madurar e asi nuns días outro ostiazo para a miña falta de madurez Acto de Diplomatura. Meniña tes que ir rematando e aló vas pra rúa sen saber mui ben onde atoparte.
I era que había muito que non escribía e quería contar o que foi ocorrendo dende aquela ...agora átense forte os cinturóns chegan os turbulentos exames ¡
Hoxe coñecín a quen me convenceu de que as gafiñas son un obstáculo á hora de mirar pra min.O certo é ,que como é habitual pra agochar a miña timidez,lle dixen (en ton coñero) isto: "tou monísima , coma sempre" ...o máis gracioso e que me decatei pouco despois , ao longo da conversa, que me falaba en serio ...que lonxe de me estar piropeando me estaba a dicir , segundo el , unha verdade.E todo isto vén a conto de definirme e as gafas dende hai anos veñen a ser parte de min ,do mesmo xeito que o son o despiste,a voz en activo constantemente e a cara de boa xente...(ainda que nn o sexa tanto).
Hoxe falamos de quen estaba pechado nunha cárcere por motivos familiares , pola súa tendencia sexual e polo seu aspecto e eu,sen case decatarme xa taba pensando nauqel que exerceu o maxisterio cunha adolescente coma min... con aquel que dentro dun deshumanizado centro mostraba os seus adentos como agora o fai a traverso da súa autobiografía e da violencia(desafogo) da súa poesía...mais tamén pasei a pensar en tantos mestres que teñen pasaso a facer parte da miña vida pola súa millor ou pior influencia na miña educación...
Hoxe gostaría de rendirlle homenaxe a quen me ensinou o arco da vella por primeira vez , ou quen me deu a proba dunha granada...a quen me aprendeu que a vida (aínda sendo unha pícara) non está rexida por regras (grazas Verio), a quen me aprendeu como non se debía ensinar e que a letra con sangue non entra(doña gloria , hoxe daríache unhas clases de maxisterio)a Manolo que me ensinou un xeito máis de ser focega,a Álvaro que gozaba da música taberneira, a esa Ána que sabía escuitar,a Antón por facer poesía da anguria , a Orlando por facer país con ironía , a Gonzalo por facerme reflxionar e sobre todo a quen me fixo amar a música... Pili , ISABEL, Carme , Fran , Roberto , beilladores e beilladores do ´país , quen canta con alento e sentimento quen fai música pra que nós(permítanme incluírme) a sintamos nos adentros (muaaa¡patri,antía,andres,patri laroá,césar, serxio)e cómo non ,tamén aos FREBUD@S¡¡
Hoxe e agora e pra vos,nha homenaxe ,mais tamén pra todos aqueles que me ensinades novas cousas cada día.
O nadal trae a súa par viviencias , sentimentos , feitos... e unha non pode máis que reflictir o seu devir nestas datas a través de verbas que me gustaria artellar coa gorxa.
Muitas veces unha precisa dicirlle a xente que estes días foron xeniais porque eles estaban alí , ou que unha sentiu de novo o calor da terra por estar nun estadio d futbol , ou que ir canta-los reises e que che digan que andas pensativa se poida convertir en festa e en olladas complices.Tamén sentir que xa non hai risco por non haber non hai nada, soñar cos ollos do mar do norte e espertar falando de sabe dios qué...
hoxe , onte e antes de onte non souben que escriber , hoxe falo coma se o meu corpo estiver a falar por min , como se a xestualidade dos meus beizos, maos , pernas estiveran a falar por min...deixando os dedos falar por min e sentir as pupilas feridas pola claridade de quen me acompaña.
Bota a andar unha nova Semana da Educación Crítica.Aínda que se realiza na primavera xa comezan as asambleas pra irmonos organizando.Esta semana está pensada pra debatir , facer talleres ... porque cremos que hai outro xeito de educar. Está organizado principalmente por alumn@s de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela aínda que teñen cabida tódalas persoas que se queiran unir á iniciativa. Aproveito pois pra poñer eiquí unha dirección de correo electrónico na que podes enviar as vosas suxerencias ou poñervos en contacto con nós : semanaeducacioncritica@yahoo.es
Intensos os días ,intensas as horas e instensos incluso algúns segundos. Así se me foi presentando a vida dende que o xoves pola tarde tiven consciencia de que a esta fin de semana había estar chea de contido.
As senra retumbou coa tensión ao noso paso que a min me fixo tremer as pernas , respirar fondo e seguir o camiño. Lugo tinxiuse coa cor , o olor , a dozura , a mirada linda do pícaro galego-catalá mais tamén das músicas de compañeiros e propia e o olor das castañas.A volta a compostela soubo de novo a música , falar , escoitar falar , caras coñecidas ,ouvir gaitas e percusións diversas...entendemento discursión...e unha dúbida curiosamente xa planteada para min e para quen a planteei esta semana: que significa sentirmonos galegos? e xa máis relaconado coa música : facer música tradicional ou folk na galiza quer dicir facer música galega?
Dúbidas , dúbidas e máis dúbidas que atoparon un acougo , ao escoitar a xabier díaz dicir que el sentía que facía música galega máis que era un sentimento que non era quen de explicar pero que o sentía tanto ao facer musica tradicional como ao fusionar ou mesmo ao facer jazz...A arte , e como non a música empápase da nosa identidade.