Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O castro de papel |
|
 O incauto viaxeiro que elixe Galicia como destino basea a súa opción, hai que supoñelo, nuns reclamos ad hoc. Case con seguridade non busca só sol e praia: En Galicia hai bastante sol no verán e praias estupendas, pero outros lugares contan cun clima máis cálido ou menos volúbel. Os cantos de serea das axencias e dos organismos xestores son visíbelmente outros: unha gastronomía suculenta, unha natureza vizosa e verdecente, mananciais de augas cristalinas e sanadoras, e un patrimonio histórico-artístico atractivo e senlleiro. O noso viaxeiro, se é persoa avisada, farase cun par de guías e algúns prospectos: en todos eles verá que non fallan estes elementos: un bodegón de nécoras e centolas, fragas atravesadas de regatos rumorosos, e unha panorámica do castro de Baroña.
Sigamos supoñendo que o noso viaxeiro ten certa inquedanza cultural, e que entre baño de sol e mar, e paparota de xoubas e pementos de Padrón, queira intercalar algunha visita ao patrimonio local. A recurrente foto do castro de Baroña fará os seus efectos: unhas enigmáticas ruínas batidas por un mar desbocado é unha fermosa estampa que merece ser rexistrada na memoria, tanto a propia de un como a da súa cámara de fotos dixital. O noso viaxeiro poñerase en marcha cara o Barbanza, comprobando, quizais, a distancia que hai entre as bucólicas carballeiras retratadas na súa guía e a altiva omnipresencia do alcolito; entre a lírica descripción das vilas mariñeiras e a rechamante e masiva invasión de cemento e tixolo emparedando a costa. Se o noso viaxeiro é da Europa, poñamos que inglés ou alemán, quizais se sorprenda ante esta aniquilación inxustificada da casa tradicional galega, e poida que compare esta experiencia con lembranzas de Colonia ou de Porstmouth e a súa desgrazada sustitución dos seus barrios antigos pola arquitectura brutalista. Coa salvedade de que Colonia e Portsmouth foron bombardeadas na II Guerra Mundial, e Galicia non.
Chegados a Baroña, o viaxeiro baixará ata o castro. Certamente, a paisaxe é estarrecedora: un anaco de costa sen alicatar, onde todos os ventos atlánticos se dan cita. E no medio dese mar, unhas misteriosas ruínas que acentúan máis aínda a sensación de desamparo: un lugar onde o home se sinte aínda pequeno fronte as forzas da natureza. Animado por un lugar por fin á altura das súas espectativas, o viaxeiro farase preguntas. Quén podería vivir nestas soidades? Ninguén pode dar resposta. No lugar non hai guías, nin gardas, nin un triste panel. Ao cabo dun tempo, volverá a decepción, cansado de saltar por riba de muros e pedras, como fan outros visitantes igualmente perdidos coma el, sen que ninguén llo impida. No bar xunto á estrada explican que o centro de interpretación está na vila, a varios quilómetros.
Poñamos que o viaxeiro é teimudo e consegue emprazarse nunha visita guiada. Ou ben que, arelante de saberes, decide investigar pola súa conta nalgún libro. Qué poderá aprender? Quizais o viaxeiro teña algunha idea sobre a prehistoria recente: Se é un home que peitea calvas, quizais aprendeu na escola que Galicia estivo habitada en tempos polos celtas, algo que tamén puido ler, de esguello, nalgunha guía. Axiña atopará quen lle quite esa idea da cabeza. En Galicia non houbo celtas, nin nada que se lle parecera. Logo Baroña non é un castro celta? Non, ho. Os celtas son un invento dos nacionalistas decimonónicos, aos que ninguén debería tomar en serio. Galicia estivo habitada por indíxenas, nin sequera galaicos, (pois eses eran, seica, unha pequena tribo portuguesa). Os habitantes dos castros eran os castrexos, que é como decir que os habitantes de Vigo son os viciños. Unha lectura dalgun libriño divulgativo axudará a confirmar estas revelacións. Sobre todo se os asina Calo Lourido, quen tamén meteu o sacho en Baroña, e algo debería saber do tema. Os castrexos eran xentes atrasadas e incultas: descoñecían o arado e a roda, o torno de alfareiro e o enfoscado das paredes. Todo canto hai de avanzado debérono á influenza do Mediterráneo, berce da civilización, de onde aprendimos os bos modais, a organizar as nosas tristes casoupas arredor dun curral, e a esculpir estatuas de guerreiros de tosca factura por remedar inutilmente a arte dos nosos civilizadores mestres. Guerreiros que non eran tal, pois estas xentes, aínda que asulagados na miseria material, tiñan un sentido da fachenda que lles impelía a construír murallas, a pesares de non ter a menor intención de defenderse tras elas. De feito a chegada dos romanos foi unha festa, os castrexos abríronlles as portas dos seus castros pactando covardemente con eles como Petain cos nazis. Nada atopará de simpático nin de valioso o noso viaxeiro nesa aldea arruinada de xentes miserentas. O noso viaxeiro voltará á súa terra algo confuso. Cando amose as fotos de Baroña aos seus parentes e amigos e lle pregunten o qué é iso, quizais poida decir: "Ah, iso é un castro, habitado por castrexos hai moito tempo, na época dos romanos. Non sei cómo poderían vivir aí". Iso será todo.
O lector poderá identificar neste conto (non tan fantástico) todos os elementos que contribuíron a esta e outros tantos milleiros de visitas fallidas: dende administracións neglixentes ata un discurso científico-pedagóxico incongruente. Non se pode agardar máis: para que un xacemento arqueolóxico cumpla a súa función didáctica, non debe ser só unha foto nun prospecto turístico: debe ser unha pola máis dun sistema educativo entendido de maneira ampla, no que se artellen Escolas, Institutos e Universidades, pero tamén Museos, Administracións, Medios de comunicación, e unha sociedade civil activa e esixente. Para tirar proveito da visita dun castro, debemos poder aprender o que é en moitos máis entornos que na escola. Non vale de nada traer turistas a ver un castro, se non saben antes qué é un castro, ou se van marchar sen sabelo. Ou si vale de algo, pero só se gastan no bar máis próximo.
O castro de Baroña, mascarón de proa da propaganda turística galega, leva uns meses nos papeis. Un estudo de conservación serviu para poñer en evidencia o gravísimo deterioro no que se atopa, debido a décadas de turismo masivo e incontrolado e á incuria dos responsábeis deste o noso Patrimonio. De momento, para o que serviu o estudo é para que as diferentes administracións rulen o asunto como unha patata quente. O concello d?O Son ameaza con pechar o castro ás visitas. A Deputación dí que a cousa non vai con eles. A Xunta, noutro exemplo máis de incompetencia, que ?a axuda terá que chegar de fóra? (sic). Para isto temos un goberno autónomo con competencias plenas en materia de patrimonio?. Hai un plano especial para o entorno do Castro, que prevé accesos ordenados, aparcadoiros, e un centro de interpretación accesíbel, pero mirando o ritmo ao que vai a propia declaración do castro como BIC, podemos inferir á velocidade de cruceiro que tomarán estas benintencionadas xestións.
O que parece que non se acaba de entender é que Baroña é unha víctima daquilo que o fixo senlleiro entre outros castros: o turismo de masas, precisamente aquilo ao que ninguén quere renunciar. Os visitantes non son necesariamente malos: Baroña é un testemuño irremplazábel dun modo de vida que a penas podemos pescudar máis que pola arqueoloxía. Tamén é unha reliquia dun pasado remoto no que moitos queren ver o alicerce dunha identidade colectiva. Podemos entón elexir entre facer que as murallas dos castros afortalen esa conciencia colectiva, ou considerar se paga a pena abandonalas aos turistas indocumentados que agabean por elas sen que nin eles nin nós lles atopemos moito sentido. O plano especial está moi ben, pero de nada vale se non hai planos educativos que valoren o noso patrimonio e o dean a coñecer nas aulas e fóra delas. Se non hai medios de comunicación (especialmente a televisión) comprometidos co seu papel educador. Se non hai administracións que asuman as súas competencias. Se non hai unha sociedade civil comprometida cos valores educativos e que esixa o coñecemento ao que ten dereito. |
|
|
|
15 Comentario(s) |
|
1 |
Canta razón hai nestas palabras irmán. ¿En que momento deixamos que esmoecera o legado dos Milesios? Algún día, non moi lonxe, tod#blgtk08#a europa buscará debaixo da nosa terra as súas raices...ata entón...os xentís mouros gardarán os segredos dos nósos devanceiros. |
|
|
Comentario por ruben (07-03-2011 09:28) |
|
|
2 |
Dende a terra das murallas, e como asociación de recreación historica castrexa Lugdunum, queremos dar o apoio a o concello do Son, e ofrecernos, tanto nos como outras catro asociacions (de recreación historica) de Lugo a votar unha man para o que #blgtk08#necesitedes. Estamos dispostos a visitarvos cos traxes e os aparellos que temos, e pasar o día no castro de Baroña, para deese xeito a xente poda vir a ver as costumes das persoas que vivian nese castro.
Grazas por deixarnos opinar.
|
|
|
Comentario por Nacho (10-03-2011 19:21) |
|
|
3 |
Grazas a todos os que vides por aquí e comentades.
Nacho, por suposto que se pode opinar: aquí está todo o mundo inv#blgtk08#itado, e falar non ten cancelas! :-) Confiemos en que os nosos dirixentes teñan a altura de miras que a sociedade demanda. |
|
|
Comentario por O'Padín (11-03-2011 14:37) |
|
|
4 |
Parabéns polo post, lúzido e esclarecedor (e parabéns em geral polo blogue).
Gosto especialmente do quarto parágrafo, no qual sintetizas à perfeiçom os grandes males do discurso arqueológico... hegemónico? (de o ser, espero que nom o seja por muito mais tempo). É curioso como gente intelectualmente mui capacitada e com bom juizo crítico assume sem maior problema semelhantes atentados contra o sentido comum e as evidências das cousas. E ainda ficam outras por dizer: esses "castrexos" tinham onomástica céltica, h#blgtk08#abitavam lugares com nomes célticos e até tinham uns deuses e umha religiosidade que lembravam muitos os doutras áreas tidas por "célticas"... mas nada tinham a ver com os celtas, nem por suposto falavam umha língua celta, e se algo tinham de celtas, foi todo importaçom romana (o dos romanos é como a glándula pineal, vale para justificar todo). Por nom ter, nom tinham relaçom com nengum outro castro, e já nom digamos com outras áreas atlánticas, porque os cuitados é provável que nem navegar soubessem.
Um saúdo |
|
|
Comentario por Ulmo de Arxila (19-03-2011 13:07) |
|
|
5 |
Como ían ser os galaicos unha pequena tribo portuguesa se eran dunha zona da hoxe provincia de Lugo? Non eran guerreiros? E daquela por que achamos multitude de armas? Para que estaban daquela as espadas (das que hai catalogadas un mínimo de 300, se contamos só as de bronce), cascos e escudos?
Pero o que xa non pode soportar a miña conciencia de profesora de Historia é que se considere que unha cultura é "#blgtk08#inculta", algo de todo punto imposible. Para que pasarnos horas e horas de clase intentando que os nosos alumnos entendan que non se pode xulgar o pasado desde o noso punto de vista, e que non hai civilización boas nin malas, senón simplemente culturas distintas se despois se atopan con noticias coma esta na que se poñen de manifesto prexuízos etnoculturais como este? Sinceramente, decepcióname moito este artigo. |
|
|
Comentario por María Baldomir (19-03-2011 20:54) |
|
|
6 |
Maria, creio que nom entendeche que o parágrafo em que#blgtk08# se fala disso está escrito em clara clave irónica... |
|
|
Comentario por Ulmo de Arxila (19-03-2011 21:17) |
|
|
7 |
Reitero os agradecementos a todos os que ledes e criticades por esta casa vosa.
Ulmo, concordo. Pero debo decir que o problema do celtismo é que non hai quen sexa capaz de deitar unha opinión que non estea lastrada por unha enorme carga ideolóxica. Tanto nun sentido coma noutro. E para que a categoría "celta" sexa epistemolóxicamente útil debe de desvestirse deses aditamentos subxectivos (repito, tanto a favor como en contra). En canto aos romanos, nada fixero#blgtk08#n por nós, (agás os acueductos, o alcantarillado, as estradas, o regadío, a sanidade, o ensino, o viño, os baños e a orde pública). Coñas aparte, semella que aquí eramos todos parvos antes que eles chegaran: Eu escoitei con estas orellas decir que trouxeron o arado, a roda e as castañas e estes son orneos que aínda pululan polos libros de texto.
Sra. Baldomir, agardo que regrese e lea con máis atención. A ver se terán que vir máis romanos a traernos a sorna. |
|
|
Comentario por O'Padin (22-03-2011 01:36) |
|
|
8 |
Com efeito, O'Padín, o debate está condicionado sempre por umhas posturas ideológicas prévias e, o que é pior, inamovíveis. Sempre que discuto destes temas, inclusive com gente que tenho por cabal e intelectualmente mui competente, o debate acaba caindo a níveis mais bem tristes, e lastrado polos quatro ou cinco tópicos de sempre. Deduzo que hai umha predisposiçom a nom aceitar nada do que o contrincante tem a dizer, e a ridiculizar preventivamente toda quanta nova achega queira fazer. Com o qual tomei a opçom de deixar de intervir nestes debates, porque dá a impressom de que, em vinte e pico anos, nom se descobriu nada nem se desenvolvérom novos paradigmas e perspectivas, e nom hai nada novo que incorporar aos nossos razoamentos.
Agora bem, tam grave como isso (ou mais), é a facilidade com que desterramos deste debate cousas tam saudávei#blgtk08#s como o sentido comum (que por si só já nos aclara muitas cousas e já nos permite compreender muitos dados), a facilidade com que os celtófobos recalcitrantes criam argumentos "ad hoc" que, porém, passam por serem os mais dignos de respeito e credibilidade, inclusive sem achegar dados concretos que os apoiem (celtizaçom maciça desde a Messeta, estátuas de guerreiros que nunca guerreiros forom senom colaboracionistas etc.), dados que si se lhes pedem sempre aos celtófilos, e, por último, a facilidade com que se fala deste tema com um tom e um nível discursivo mais próprio da messa de um furancho que de instáncias que se pretendem académicas e científicas (ler certos artigos de certo arqueólogo sonense no Terra e Tempo pode ajudar a ilustrar o que digo). Em fim, que hai muito que rascar.
Parabéns e a seguir escrevendo cousas tam jeitosas! |
|
|
Comentario por Ulmo de Arxila (22-03-2011 11:22) |
|
|
9 |
Parabens polo ar#blgtk08#tigo e o blogue. |
|
|
Comentario por Joám (29-03-2011 13:33) |
|
|
10 |
parabéns p#blgtk08#olo texto! |
|
|
Comentario por séchu (30-03-2011 01:04) |
|
|
|
|
12 |
Poñamos que o viaxeiro é teimudo e con#blgtk08#segue emprazarse nunha visita guiada. |
|
|
Comentario por our site (28-07-2022 15:28) |
|
|
13 |
What seems not to be fully understood is that Baroña i#blgtk08#s a victim of what made it unique among other castles |
|
|
Comentario por www.stgeorge-atvrentals.com (13-09-2022 11:38) |
|
|
|
|
15 |
They had no relationship with any other fort, let alone with other Atlantic areas,#blgtk08# because the cuitados probably didn't even know how to navigate.
A greeting |
|
|
Comentario por prom night limo service rental (03-11-2022 14:10) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|