Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Loitando contra muíños
O Monte Pindo (Foto de Jonathan Shock)
Hai montes que só poden ser o fogar dun deus. Este tipo de crenza, ancorada no máis fondo do pensamento de moitas culturas, non responde só á ignorancia ou ao primitivismo dunha relixión incapaz de explicarse doutro modo a natureza. Responde máis ben ao desexo de dar forma literaria ao arrepío que sentimos ante a Natureza, ante eses espazos colosais que só podemos explicar doadamente recurrindo ao sobrenatural, ao insuperábel, ao mito. Os deuses gregos vivían no cumio do Olimpo, e Hefestos,o deus ferreiro, tiña a súa bigornia no monte Etna; cando marterlaba, a terra tremía e saltaban as faíscas polo cumio. A case perfecta simetría do monte Fuji empuxou aos sintoístas xaponeses a imaxinalo o lar das deusas que fan florecer ás cerdeiras. No Machu Pichu, refuxio dos incas, os sacerdotes construíron unha cidade arredor do amarradoiro do sol. Os aborixes australianos consideran sagro o monte Uluru, que os turistas teiman en ascender pisoteando asemade este inmenso penedo e a dignidade da cultura indíxena.

Os montes de Galicia tamén están cheos de anterga sabedoría. Ata non hai tanto, todo o mundo sabía que baixo os nosos montes habitaban mouros e encantos, gardadores de fabulosas riquezas, trabes de ouro e de alcatrán que podían representar a fortuna ou a desgraza dos temerarios que ousaran xogar con estas forzas do alén. Non son historias de vellas, froito da incultura, parvadas sen sentido que só os nenos poden crer. Son símbolos artellados nun sólido sistema mítico, que falan, en último termo, da íntima e milenaria relación dos galegos coa súa Terra. Son Cultura. Porque onde hai un monte sagro, pódese decir que hai civilización.

O espírito romántico que reinventou Galicia para sacudila de séculos de indigna postración quixo ver o Olimpo galego no monte Pindo, quizais levado pola homonimia co outro monte Pindo, en Grecia, fogar das musas. Así o reseñou o padre Sarmiento, e tras el outros moitos, sobrecollidos pola magnitude da inmensa mole granítica, fendida polo Xallas antes de caer ao Atlántico nunha ruxinte fervenza. Alí, na imaxinación dos nosos próceres, había ecos dos sacrificios aos vellos deuses celtas, e de antigos ritos fecundatorios oficiados por parellas amantes baixo o luar. Coma todo monte galego, está inzado de lendas de saboroso gosto pagán, que axudaban a condimentar este relato. Adobiado tamén polos restos de pías e de petroglifos, e sobre todo, unha enigmática e esborrallada inscripción, na que se conta que bispos, reis e presbíteros acudiran a este monte, cecais polo século XII, para excomulgalo. Olimpo ou non, o Pindo é un deses lugares capaces de apreixar a unha ánima sensíbel, a tal punto de ter que inclinarse ante el con respecto.

Outra desas moles graníticas que espantan a quen se achega a ela é o Galiñeiro, no Sur de Galicia. Un domo de paredes verticais que caen a pico sobre o val do Louro. O Galiñeiro ten tamén a súa historia calada: Nun dos seus cumios, o Corno do Demo (deuses ou demos, tanto ten), ergueuse unha extraordinaria fortaleza. Extraordinaria porque nos tumultuosos tempos da antigüedade serodia, nunha Galicia atrapada polas disputas entre suevos e visigodos, entre campesiños e posesores, as xentes que habitaban a carón deste xigantesco penedo que domina todo o baixo Miño levantaron con enorme esforzo murallas e parapetos nun cumio inaccesíbel. Quizais, un exemplo deses Castella Tutiora dos que falaba Idacio de Chaves, refuxio da plebe ante a depredación dos bárbaros. Non é a única pegada do pasado: un pouco máis abaixo deste cumio, nunha gran laxe inclinada, as xentes da idade do bronce gravaron un desfile de pantasmas: 26 armas, espadas, escudos, alabardas, tan ordeadamente dispostos que a xente chamoulle a ?a pedra das procesións?. O petroglifo de Auga da Laxe é un documento extraordinario da nosa prehistoria, e unha das obras máis senlleiras da arte rupestre galega e europea. Espadas de máis de dous metros, símbolos do poder antigo e esquecido destas xentes que coidaban retratalo mellor a través das súas temibeis e custosas armas.

O Monte Pindo leva tempo querendo ser parque natural, pois aos seus tesouros patrimoniais hai que engadir os seus valores ecolóxicos e paisaxísticos. É necesario, antes de que as súas ladeiras acaben sendo rilladas polas canteiras. O río Xallas tampouco cae ceibo na súa fervenza máis que unhas horas cada mes, cando a compañía eléctrica que o escraviza ten a ben liberalo da súa catividade para que os turistas fagan unha foto apresurada. Os sucesivos intentos por ampliar o seu grao de protección chocan unha e outra vez coa teimosía dunhas autoridades que, pola súa negativa, semella que agachan outras intencións sobre o noso pequeno Olimpo.

Pero o Galiñeiro corre peor sorte: unha empresa sombría pretende instalar no seu cumio un parque eólico con 13 virandelos de tamaño ciclópeo. 120 metros de altura terá cada un, sobre unha moa de 700 metros, garantizan que as súas aspas poidan ser visíbeis dende máis de 50 quilómetros. A Xunta de Galicia, sempre atenta ao interese público, aprobou o anteproxecto polo que concede 39 megavatios a unha empresa chamada ?Terra de vento S.L.? (constituída ad hoc para beneficiarse do novo concurso eólico hai menos dun ano, con só 3100 euros de capital social) para que instale estes monstros xusto enriba da fortaleza que antano serviu aos nosos devanceiros para refuxiarse da rapacidade. Todo un síntoma destes novos tempos, nos que xa non nos quedan castelos nos que protexernos e protexer este país do poder que o somete.

Porén, non lles será doado. En Carnota móvense porque hai quen ama os nosos montes e o que conteñen polo que son, e non por albiscar neles moreas e moreas de cartos. Esa era a moralexa da trabe de ouro e da trabe de alcatrán, que tanto costou aprender para esquecer en tan pouco tempo. Gondomar e todo o Val Miñor, prepárase para defender os seus horizontes e liberalos da rapiña. E isto non é por defender catro pedras, que só importan a outros catro pedantes. Ninguén imaxinaría hoxe o Uluru dinamitado polos canteiros, ou o Fuji asediado por un parque eólico. Os nosos olimpos tamén merecen o mesmo respecto. E se o máis sagro que temos está en venda, non teremos dignidade.
Manifesto pola protección da sera do Galiñeiro
Asociación Monte Pindo Parque Natural
Comentarios (9) - Categoría: Novas e Opinións - Publicado o 31-01-2011 18:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Eu non entendo como se pode chegar a ser tan antagonistas (refírome os diferentes gobernos da Xunta) cando se pretende dar a entender que fan o que fan en "beneficio" do país. Agora o Galiñeiro, fai un ano a Mina#blgtk08# de Andalucita nas Fragas do Eume, fai algo mais de tempo, enchendo as minas de Meirama e de As Pontes de auga, cando tiñan a OBRIGA de deixar as cousas como as atoparon. E a xente sigue tragando, así nos vai!!.
Comentario por brigantium (03-02-2011 18:49)
2 A plataforma pola defensa do Galiñeiro esta a argallar unha andaina para o vindeiro día 20. Déixolle unha ligazón#blgtk08# con máis información. Un saúdo

http://www.celtas.net/glg/actividades_ficha.php?id=150&tit=ANDAINA
Comentario por Antón (04-02-2011 11:35)
3 Máis do mesmo, un outro olimpo cheo de virandelos. #blgtk08# /> http://www.galiciaconfidencial.com/nova/7387.html
Comentario por franjopadin@hotmail.com (15-03-2011 18:13)
4
Quérome acordar de Carlos Solla e a súa lo#blgtk08#ita de anos en favor do monte do Seixo en Cerdedo.
Comentario por Paco Bouzas (26-11-2011 17:52)
5 grac#blgtk08#ias
Comentario por ours théodore en peluche (03-09-2013 10:38)
6 Outra desas moles graníticas que espantan a quen #blgtk08#se achega a ela é o Galiñeiro, no Sur de Galicia.
Comentario por photo booth rental (28-07-2022 14:56)
7 They are symbols articulated in a solid mythical system, which speak, in the last t#blgtk08#erm, of the intimate and millennial relationship of the Galicians with their land.
Comentario por visit our site (14-09-2022 08:59)
8 Interesti#blgtk08#ng story!
Comentario por insulator contractor (26-10-2022 06:43)
9 Waiting for your nex#blgtk08#t story about this.
Comentario por insulator contractor (26-10-2022 06:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0