Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Morte e sepelio dun petroglifo.
O petroglifo antes e durante a súa remoción.
A Devesa do Rei, no Concello de Moaña, era unha interesantísima estación rupestre de entre as moitas e tamén interesantísimas que se podían atopar nos montes do Morrazo. Nunha gran laxe, de máis de 11 metros de longo e uns 8 de largo, algún home da Idade do Bronce gastou o tempo en trazar parsimoniosamente, mediante sulcos na pedra, un complicado deseño reticulado de case dous metros por un, e poida que tamén ese mesmo home riscase algúns outros deseños circulares arredor. A pedra foi descrita por Antonio de la Peña na súa tese de licenciatura, e publicada no seu inventario Grabados Rupestres de la Provincia de Pontevedra. Dende entón, era coñecida entre os arqueólogos, os aficionados ás cousas antigas e os curiosos.

Como case todos os petroglifos, descoñecemos moitas cousas sobre quén o fixo, con qué intención, en qué época. Emporiso, eses sulcos son o debuxo dun mapa, rudimentario e paciente, que un home antigo nos deixou do seu pensamento. Atravesando as idades, o mapa chegou ata nós, incapaces de comprendelo, pero conscientes de que aqueles simples riscadelos gardaban un inalcanzable saber arcano.

Pero eis que o enxeñeiro que trazou o mastodóntico Corredor do Morrazo decidíu que a tan ansiada vía rodada que ía permitir aos vigueses chegar en 20 minutos ás praias de Cangas, aos constructores especular convertindo o monte en patrimonio inmobiliario con vistas ás rías e a milleiros de madrileños “invertir” en adosados e segundas residencias n’O Hío ou Aldán, debía pasar xusto por riba da nosa pedriña que durmía tranquila entre a broza dende había milenios. Seica foi esa broza a que impedíu aos avispados autores do Estudo de Impacto Arqueolóxico incluila nas súas previsións, a pesar de levar publicada máis de 20 anos nunha obra de obrigada referencia.

Con todo, plantexouse unha “medida correctora”: Unha escavación do contorno, e despois a remoción da pedra do sitio para poder levala a un lugar onde estorbase menos. Alí sería “posta en valor” pretendendo “devolverlle algo do contexto paisaxístico a estes elementos patrimoniais”. Xunto á Devesa do Rei, outras dúas estacións máis, O Viveiro (Moaña) e Gondarán (Cangas), correrían a mesma sorte. Segundo a memoria publicada destes traballos, coordenados por Felipe Criado e Elena Cabrejas, “A cartelería que acompañará ós petroglifos reubicados terá unha información sobre o propio petroglifo e a sociedade na que se creou, co que se lle dará un contexto histórico que explique a súa función social” (sic) .

Os asistentes ás IV Xornadas "Blanco Freijeiro" de arqueoloxía celebradas en Marín hai dous anos puidemos asistir, dentro dun coloquio sobre a situación do patrimonio arqueolóxico, a unha descripción moi gráfica, por parte dun membro do Colectivo en Defensa do Patrimonio do Morrazo, dos métodos empregados para extraer as pedras do seu leito, ante a indignada protesta dunha (así se presentou) membro do equipo que alí traballaba. Por empregar un eufemismo, aquilo non se parecía moito ao traslado de Abu Simbel.

A pedra de Gondarán, relativamente incólume, foi trasladada a unha escola de canteiros en Cangas. Seica os alumnos, desinformados, fan prácticas co mazo sobre a rocha ignorando a súa condición de reliquia. A pedra do Viveiro fendeu en dúas partes e foi dende entón abandoada na gávea do Corredor, sen que en tres anos ninguén se puxera dacordo en qué facer con ela. A pedra da Devesa do Rei rebentou en anacos, grandes e pequenos. O petroglifo ficou estragado.

Reconstruido en parte, foi ubicado perto da rotonda de Meira. Alleada do seu entorno e do seu leito hercínico, a pedra esmorecía coma un despoxo. Antes aínda amosaba os seus antigos segredos ao camiñante ocasional que a atopaba entre a fronda, agora era ignorada por todos os automóbiles que pasaban zumbando por diante. Ninguén lembrou o dos carteis revalorizadores. Se así fora, poida que o camioneiro que buscaba un sitio onde deitar a terra que levaba se decatara que alí había un petroglifo. Así foi que, hai uns días, recibíu sepultura.

Sit tibi terra levis.
Comentarios (14) - Categoría: Pezas - Publicado o 09-02-2007 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 ¡quédome de pedra! A Criado e compania deberían chamarlos "os destructores do paixae", ¿como poden autodenominarse "Arqueologos do paisaxe? Non sei, eu coma ti teño as miñas propias ideas sobre os petroglifos e coido que a sua situación é fundamental para chegar un día a comprender o seu fin e #blgtk08#explicalos. Quiza eu equivoucome. Non sei. Non me gustan nada estos arqueólogos do paisaxe, eu coñocin a algún deles cando estudiaba na Autónoma, sobre todo a una que traballaba para Construcciones E Contratatas e parecía unha yuppie.... con deportivo e roupa de marca... é "o prezo da traizón"
Comentario por carmiña (09-02-2007 19:00)
2 Estimada Carmiña.
Son unha persoa de ánimo positivo, e con tendencia a pensar ben da xente, así que quero crer, de corazón, que non estaba no ánimo destes arqueólogos romper petroglifos nin que pasara o que pasou. Pero sí que estou convencido que a súa actitude (e a desta muller que citaba concretamente) é a consecuencia lóxica de que non haxa unha independencia firme dos arqueólogos respecto dos axentes des#blgtk08#tructores do patrimonio de quen reciben os cartos, porque ao final, falamos por quen nos paga.
Isto solucionábase de maneira ben sinxela, pero fai falta o consenso de toda a profesión (algo máis difícil que a reforma estatutaria de Galicia), e unha lei que non nos deixe aos arqueólogos aos pés dos cabalos. Pero isto daba para outro poste destes.
Gracias pola túa opinión, é un pracer recibir visitas.
Comentario por Franjo Padín (10-02-2007 15:53)
3 Estás "chuçado", que o saibas!

http://chuza.#blgtk08#org/historia/morte-e-enterramento-dum-petroglifo-morracense/
Comentario por suso (12-02-2007 12:08)
4 Sen dúbida é un caso máis de destrucción do patrimonio cultural, como sucede de acotío e estamos demasiado acostumados a ver nos medios de comunicación. Quizáis, sexa momento de por sobre a mesa cales son as razóns de que día tras día vexamos que os bens culturais están sofrindo numerosos agravios (tanto polas distintas administracións como por particulares). É obvio que son múltiples os factores que inciden nesta situación; pero quixera por de relevo unha delas. Por exemplo, a falta de información e concienciación social sobre o noso patrimonio, sucede algo moi semellante o acaecido meses atrás cos incendios, queima o monte pero como é de todos que veña a Xunta apagalo lume e limpalo; realmente non hai conciencia propia de que nos pertence, que é noso; pero en certa medida podo explicarme o porqué; a maioría da sociedade descoñece o valor > do noso patrimonio, segue sendo como séculos atrás, cando a cultura pertencia só os grupos sociais máis pudientes. Sorprende por exemplo a accesibilidade da sociedade as institucións museísticas e expositivas, unha das fontes principais de formación non regrada e que teñen como finalidade a sociliazación do coñecemento (divulgación, difusión, información, coñecemento, etc.) que na maioría dos casos permanece pechado na franxa horaria accesible #blgtk08#para a sociedade en xeral, e dicir, fins de semán e festivos, principalmente polas tardes. Dende logo a primeira vista parece unha contrasentido, e dicir, si os centros museísticos e expositivos son un servizo público, e ademais teñen entre as súas finalidades dar a coñecer e polo tanto crear sensibilidades, como é posible que cando a inmensa maioría da sociedade pode acceder a estes espazos estean pechados?.

Resultame esperanzador ver como por exemplo Vigo ten previsto abrir nos vindeiros anos 3 ou 4 novos museos, pero desalentador ver como leva anos sin un arqueólogo municipal sendo unha das zonas con maior intensidade na actividade arqueolóxica en Galicia.

Que pasará coa Cidade da Cultura, poderemos difrutar dela os cidadáns de a pé, ou será un producto dirixido ó turismo? poderemos ir un domingo pola tarde a biblioteca ou o arquivo a consultar documentación ou só será posible facelo de luns a venres e sábados pola mañá?

Podemos seguir laiándonos e manter unha aptitude como a presente, coñecemento e información restrinxida, e no caso dos bens arqueolóxicos que siga sendo feudo dun poucos (profesionais, eruditos e afeccionados) ou tentar explicarlle a xente porque unha pedra cuns sinais que a penas se ven teñen tanto valor cultural.
Comentario por Víctor Barbeito (12-02-2007 14:15)
5 Estimado Víctor. Gracias polo teu extenso comentario, porque ademais tocas certos temas nos que ando a teimar a cotío. Ao estar dentro do gremio dos "socializadores do coñecemento", síntome dobremente afectado e dobremente responsable (como arqueólogo e como docente), deste estado de cousas.
O tema dos museus é delicado, pois certamente deberían imbricarse dunha forma máis fonda co sistema educativo. Emporiso, na actualidade só son un relativo activo turístico e un pretexto para que as administracións se dean "pote" coa inversión en cultura. Os museus de #blgtk08#Vigo son un exemplo paradigmático, pois son, a día de hoxe, grandes contedores de ar.
En canto ao valor que a sociedade lle da ao Patrimonio, penso que é moito máis do que se pensa. Hai exemplos. Pero podería ser máis se realmente a educación non estivese só na responsabilidade dos centros educativos, senón nos medios de comunicación, nos hábitos sociais, nas familias... e houbese deste xeito verdadeiros cidadáns. E nisto os escolantes non temos moito máis que facer.
Esta páxina é un instrumento moi modesto para todo isto. Gracias por apreciala.
Comentario por Franjo Padin (12-02-2007 15:25)
6 e non se lle poderá facer o mesmo#blgtk08# aos respponsables, eu apúntome?
Comentario por apana (12-02-2007 15:55)
7 Non sei se é o emplazamento exacto, se alguén mo pode confirmar cambio a et#blgtk08#iqueta a onde corresponda; in memoriam: http://www.tagzania.com/item/40260
Comentario por omuxu (12-02-2007 18:10)
8 Estimado Omuxu.

Se continúas polo corredor un quilómetro máis cara ó Norde, chegas á rotonda da saída de Meira. Coido que era alí onde estaba tirada a pedra, porque é onde están a traballar as máqu#blgtk08#inas.
Non é nin moito menos o único xacemento desaparecido co Corredor. De feito, o Corredor, ou máis ben a voracidade das constructoras, ameaza con facer desaparecer todo o Morrazo tal como o coñecemos.
Comentario por Franjo Padín (12-02-2007 19:04)
9 Respeto a meu comentario anterior, sinto ser tan impulsiva as veces. Pero non entendo a predisposición da algúns para ver, chegar, estudiar e marchar, tamén hay que conservar e divulgar (para todos non para uns cantos elexidos dos deuses), ¿non?
Estou dacordo con Victor. Salvo grandes excepcions o noso patrimonio estanos completamente vedado ao común dos mortais. Moitas veces sen ningunha indicación e díficil atopar algúns sitios, ¿alguen que non houbera estado con algún experto o con alguen do lugar podería atopar os famosos petr#blgtk08#oglifos de Paredes en Campolameiro? A musealización deixa moito que desexar, os nosos musueos son de todos menos atractivos, amenos e instructivos, os panales brilan pola sua ausencia. Cando fuimos ao "futuro parque" de San Cibrao de Las, nin un misero panel, nada de nada.
E son dous exemplos dos "futuros parques arqueolóxicos", non se trata de ningún petroglifo perdido no monte. Ainda así alguns o seguimos intentando. Coido que dificilmente poderemos respetar o noso patrimonio si as institucions non facilitan o seu coñecemento.
Comentario por Carmen (12-02-2007 19:11)
10 Pero este é a sorte xeralizada que corre o noso patrimonio histórico A meirande parte dos petroglifos e mámoas xa non chegaron até nos. Só chegaron unha mínima parte dos que debeu haber, o resto xa foron destruidos desde a súa construcción até nos O penoso é que a destrucción continúa hoxe en día sin que ó autor da destrucción lle pase nada. Eu sei de algú#blgtk08#ns máis que foron destruidos nos noso días Xa se sabe si a cousa vinhera de fóra entón tería valor pero como é noso, non vale ren.

Cecais deberíamos facer que os destruidos pasen avivir para sempre no ciberespacio. Quero decir ponhelos nunha web coas súas fotos( si as hai), características así como a súa "esquela de defunción".Algo é algo
Comentario por Anxo (12-02-2007 19:25)
11 Gracias po-la información, Franjo. Queda pois resituada a etiqueta. Efectivamente no mapa cita a zona co nome de 'Fraga', así que non tendo datos máis ex#blgtk08#actos aí queda perfectamente:

http://www.tagzania.com/paste/item/40351

para escarnio do mundo e memoria da nosa aldraxe :(
Comentario por omuxu (13-02-2007 18:07)
12 Máis concretamente:
http#blgtk08#://www.tagzania.com/item/40351
Comentario por omuxu (13-02-2007 18:08)
13 necesito un mapa de la civil#blgtk08#izacion hebrea lo lo tienes
Comentario por danny (01-11-2007 23:42)
14 grac#blgtk08#ias
Comentario por ours à l'heure du bain avec bébé (03-09-2013 11:40)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal