Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Hispania cañí |
|
Debido ao noso dobre oficio de arqueologos e docentes, queixámonos algunha vez neste humilde espazo do escaso ou nulo peso que ten a prehistoria e a historia antiga nos programas da educación obrigatoria, claramente minusvalorados, cando non desprestixiados pola esmagadora presenza da historia contemporánea. Tamén falamos algunha que outra vez do papel didáctico que os medios de comunicación poden asumir, toda vez que os nenos pasan moito máis tempo diante da televisión que diante dos deberes. Nada ten isto de malo: é mellor un bo programa que un mal libro. His rebus cognitis, (que diría César), decidín botar un ollo (de esguello) a emisión de ?Hispania: La leyenda?, miniserie de TV emitida pola canle española Antena 3, e presuntamente ambientada nas guerras que Viriato, caudillo lusitano, sostivo contra Roma. Tratábase de facer un experimento pedagóxico: Tentar borrar da miña mente todo coñecemento previo e todo prexuízo, e tomar apuntamentos sobre todo o qué se pode aprender sobre a Idade do Ferro na península Ibérica a través da tele. Eis os resultados:
No século II a.C. a península Ibérica chamábase Hispania, e os seus habitantes, todos eles, hispanos. Os habitantes da Lusitania eran tamén hispanos, e a súa lingua era o hispano, con sotaque mesetario, mesmo carabancheleiro. Os hispanos eran xentes pacíficas e pousonas. Os homes adicábanse ao comercio, a cazar coellos e a pastorear cabuxas baixo a sombra protectora das devesas. As mulleres, ás súas seculares tarefas domésticas, e a lavar o seu pelo con Pantene (a xulgar polo brillo sedoso e o voluptuoso volume das súas crechas). En Hispania, por certo, vai xa un solazo estupendo, nunca chove e as chicharras cantan ledas todo o ano. A pesares do seu carácter calmoso, os hispanos van sempre armados cuns machetes de espanto, chamados falcatas, adobiados no puño con debuxos de fíos de prata que chamaban damasquinados, a pesares de que non tiñan remota idea de onde quedaba Damasco. Os hispanos viven en aldeas bucólicas á sombra de aciñeiras que non saben a idade, onde non hai cercas nin murallas, e arrolados por ríos murmuradores. As súas casas son redondas con teitos de colmo e muros de papel maché, pero coidadosamente pintados para que parezan de pedra. Dentro, o parco mobiliario está disposto arredor das paredes conformando rústicos bodegóns, onde non fallan as ristras de allos que lle dan aos hispanos o seu peculiar arrecendo.
A idílica paz na que viven os hispanos vese alterada pola chegada dos romanos. Os romanos falaban latín, unha lingua que era practicamente indistinguible do hispano, salvo polo sotaque carabancheleiro antes citado. Por outra banda, os romanos diferencianse noutros moitos detalles: Ao contrario dos hispanos, que visten prendas de serapilleira tinguida de coloríns, os romanos van ataviados de uniforme romano, (agás o seu "xeneral" e a súa esposa, que o acompaña en campaña, que visten túnicas elegantes), e comen sopa de garum, un sofisticado consomé servido en grandes palanganas. Ademais, son xentes libidinosas e malvadas. Roma decátase axiña de que Hispania, patria común e indivisíbel, estaba sometida a un réxime autonómico descentralizado, esnaquizada en ducias de pobos enfrentados entre si por espurios intereses e cainitas envexas. Desta división imprudente aproveitanse os romanos, xentes de corazón ambicioso, no que latexaba a arela do Imperio, para entrar a saco na península cos seus exércitos invencibeis. ?Se os hispanos estivéramos unidos, acabaríamos cos romanos nun tris?, di, máis ou menos, un dos hispanos que non se resignan á súa sorte.
Porque, despois de humillacións e escarnios sen conto, un grupiño de afoutos hispanos rebélase fuxindo ao maquis. O seu líder é Viriato, un fornido e guapo machote, morfolóxicamente oposto ao aspecto que agardaríamos dun pastor extremeño da era preindustrial. Viriato é o máis hispano de todos porque é o único que leva un nome ?hispano?; todos os demais (tal e como hoxe ocurre, á vista da proliferación de Yésicas e Yonatáns) prefiren levar nomes exóticos, sobre todo gregos (Helena, Héctor, Nerea, Tirso, mesmo Teodoro, nome cristián que os hispanos usan antes de Cristo), persas (Darío), italianos (!) (Sandro) ou incluso dos seus enemigos romanos (Paulo, Bárbara). Viriato, home de boa fe, confía nos romanos, pero éstes revélanse avarentos e crueis, matan sen piedade aos hispanos díscolos, e secuestran ás súas belas mulleres para escravizalas, azoutalas inmisericordemente, e obrígalas a vestir as súas túnicas transparentes para que se lles miren ben os pezóns, estimulándose sexualmente a través deste deplorable comportamento. Farto de burlas e de ofensas, Viriato, (aliás Capitán Trueno) inicia unha guerra persoal contra todo o imperio romano, acompañado do seu cuñado Sandro (Goliath) e dun rapazolo chamado Paulo (Crispín). É unha loita desigual, pois terán que pancar sós contra milleiros de soldados, ademais da traizón dos seus propios compatriotas, atrapados entre a ambición e a pusilanimidade. Emporiso, tamén contan con grandes axudas, pero sobre todo, a laxitude da soldadesca imperial, a súa neglixencia no manexo de armas brancas, a miopía dos centinelas, e a súa portentosa carencia de puntería. Grazas a estas e outras circunstancias, Viriato e os seus poden entrar no campamento romano cando queren, e saír sen menoscabo da súa saúde.
Aquí está o ?argumento? da serie, que non podo seguir a desvelar sen incurrir en destripamento. Non mirei máis, pero coñecendo que finalmente os romanos, pese a todo, conseguiron conquistar a península, dame que as aventuras de Viriato acabarán mal. Tanto ten, fica o seu exemplo de sacrificio pola liberdade e a independencia de Hispania, valores inmorredoiros que tamén moveron a Don Pelayo contra o sarraceno e a Agustina de Aragón contra o gabacho, e xa postos, á flor e nata da xuventude hispana, vestida de camisola vermella coma o sangue derramado, para impoñer a súa bota ao mundo enteiro, facéndolles ver que con eles non se xoga.
Antena 3 é o aparello excretor deste producto audiovisual intelectualmente tóxico. Viriato ocupa dúas liñas nos libros de texto da ESO. A pesares do seu guión chafalleiro, actores inexpresivos, personaxes maniqueos e medios de opereta, Antena 3 pretende que a súa chafallada histórica imprima indelebelmente as fazañas dos próceres patrios nas mentes en formación dos adolescentes hispanos, aliñándoas coas tetas respingonas de Ana de Armas. Burdo pero efectivo. Nós non somos ninguén para negar o dereito do nacionalismo español a alimentar e alimentarse da súa mitoloxía, que teñen dabondo. Pero postos a sublimar mitos do nacionalismo español, ben podían escoller Numancia, ou a Indíbil e Mandonio. Porque remexer en Viriato, que é un mito do nacionalismo portugués, soa a desfachatez. Os vecinhos deben de flipar, de ver ao seu heroe chamarse hispano, e non lusitano, cada cinco segundos. Nin sequera a Enciclopedia Álvarez ousaba tal cousa.
É lícito ambientar no pasado tramas ficticias de personaxes inventados. Tamén é lícito recrear historias a partir da Historia. Pero decir que hai veracidade histórica onde hai unha confesa violación sistemática da verdade é unha estafa. Os productores argumentan que só se tomaron unha pequena licencia: cambiaron da historia todo o que lles petou, e encheron de fantasía todo o demais. Eles din: Non hai que ser tan tiquismiquis, o importante é que Viriato existiu, e era ?hispano?, e só se pretende que o gran público coñeza unha parte da historia de Hispaña, bla bla bla. Pero entón que non falen de Historia, senón de Formación del espíritu nacional. |
|
|
|
22 Comentario(s) |
|
1 |
boismo#blgtk08# post |
|
|
Comentario por siso (08-12-2010 01:36) |
|
|
2 |
Grazas. Non se merecen. A verdade é #blgtk08#que o tema daba para tres ou catro. |
|
|
Comentario por O'Padin (08-12-2010 11:57) |
|
|
3 |
Parabéns pola entrada e grazas por facilitarme unha aproximación a unha serie que non podo ver (por morar no estranxeiro). En calquera caso, coido que non estou a perder moito. Só dous apuntamentos:
Hai algunha evidencia de que os 'hispanos' se chamasen a si mesmos así? E de que considera#blgtk08#sen a Península como un territorio (inda mentalmente) unitario?
Algunha reacción dende Portugal ao fachendoso roubo do 'seu' Viriato? Aínda recordo como a aparición dun inexistente rei luso en 'The Tudors' acabou por condenar á serie fóra das pantallas portuguesas.
Saúdos. |
|
|
Comentario por Fran Alvarez (08-12-2010 14:08) |
|
|
|
|
5 |
Maxistral o posto e mailos comentarios.#blgtk08#
Saúdos desde As Médulas |
|
|
Comentario por edicions positivas (08-12-2010 17:09) |
|
|
6 |
Volvo a dar as grazas polas lecturas tan benevolentes. Desque funciona outra vez o Chuza!, isto volve a estar animado.
Polo que sei, en Portugal non parecen demasiado amolados. Pescudei un pouquiño, pero máis ben parecen conformes con que os españoles se fixaran no seu heroe. Cadaquén ten os seus complexos.
A serie dos Tudor tampouco a seguín. Tíña#blgtk08#me mala pinta só polos diálogos, demasiado "modelnos". Shakespeare in love fixo moito dano. Pero iso de casar unha irmá (bizarra) de Enrique VIII cun rei de Portugal, coma se Portugal fora o reino de Jauja ou de Trapobana, resulta orientativo do exótico que para o público medio anglosaxón é a existencia de Portugal. Ben: o pai de Ubú rei tamén fora rei de Aragón. |
|
|
Comentario por O'Padín (08-12-2010 20:12) |
|
|
|
|
8 |
Parabéns,#blgtk08# moi bo! |
|
|
Comentario por queca (09-12-2010 22:55) |
|
|
9 |
Non crea que porque non lle deixamos comentarios xa non o leamos. Se cadra, facémolo con máis interese aínda. Agradécese tamén os seus posts, tan e#blgtk08#spaciados como cheos de contido, que poñen de manifesto que non se deixou vostede seducir pola logorrea ególatra, como outros. Apertas e parabéns! |
|
|
Comentario por cãosemdono (13-12-2010 23:49) |
|
|
10 |
A serie non hai por onde c#blgtk08#ollela, moi bo artigo hehe |
|
|
Comentario por Ith (19-12-2010 14:30) |
|
|
11 |
A serie non hai por onde c#blgtk08#ollela, moi bo artigo hehe |
|
|
Comentario por Ith (19-12-2010 14:46) |
|
|
12 |
O que pasa e que descubriron na tele que viriato era galego, ten casa en Verín.Preguntai alí a calquera. Po#blgtk08#r eso se chamaba Viriato: In Viria, Verín, natus.
Xa nos amolaron outra vez.;)
Saudos |
|
|
Comentario por Miguel Losada (21-12-2010 22:00) |
|
|
|
|
14 |
Non crea que porque non lle deixa#blgtk08#mos comentarios xa non o leamos. |
|
|
Comentario por Dallas photo booth rental (28-07-2022 14:33) |
|
|
|
|
16 |
Grac#blgtk08#ias! |
|
|
Comentario por bible verses (04-08-2022 02:04) |
|
|
17 |
Grazas. Non se merecen. A verdade é o #blgtk08#tema daba para tres ou catro.
|
|
|
Comentario por bible verses (04-08-2022 02:05) |
|
|
|
|
19 |
After countless humiliations and taunts, a small group#blgtk08# of Hispanic brats rebelled by fleeing to the maquis. |
|
|
Comentario por www.burbanktreetrimming.net (13-09-2022 11:30) |
|
|
|
|
21 |
Gracias y saludo desde nuestra r#blgtk08#eseña de FreeBitcoin en español |
|
|
Comentario por Free BTC (16-12-2022 15:34) |
|
|
22 |
Gracias y fuertes saludos desde nuestra reseña de F#blgtk08#reeBitcoin en español con trucos y consejos
|
|
|
Comentario por Free BTC (16-12-2022 15:35) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|