Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Amasando o barro
O cilindro de Ciro
Ciro II, Rei do Mundo, Rei de reis, tiña este destino marcado polo fado. Cando naceu, o seu avó materno, Astiaxes, rei dos medos, soñara que o meniño acabaría por destronalo, así que ordenou abandonalo no monte, para merenda das feras. O encargado do infanticidio, Harpago, tivo reparos en cumplir unha orde tan cruel, así que deulle o neno a un pastor chamado Mitrídates. Tamén a éste deulle escrúpulo andar a matar nenos, e como a súa muller acababa de perder un fillo, vestiu o cadáver coas roupas do príncipe, e fixo o paripé de abandonalo no monte, quedando co neno vivo para crialo como seu. Algún tempo despois, Astiaxes topou co Ciro xa mozo, e decatouse da farsa ao observar que o seu porte e ademáns principescos eran incompatibeis cos do fillo dun pastor. Perdonou ao rapaz pero vingouse da desobediencia de Harpago cun castigo de refinada atrocidade oriental: convidouno a un banquete e serviulle, sen que o soubese, a carne guisada do seu propio fillo. Harpago tamén tomou a súa vinganza. Algúns anos despois encirrou a Ciro e Astiaxes a guerrear entre si, e sendo xeneral do vello, cambiou de bando no medio da batalla, entregándolle así o reino ao príncipe persa. O pesadelo de Astiaxes rematou por cumplirse, e Ciro botou do trono ao seu rexio avó.

Este conto, tan parecido a outros como a de Sargón de Akad, Rómulo e Remo, Gárgoris e Habidis, ou Artur de Bretaña, son unha patraña recurrente en moitas lendas primixenias, que quizais neste caso servise para disfrazar de fatalismo as causas dunha guerra entre parentes, ou ocultar asemade unha orixe familiar máis humilde da pretendida. Sexa como for, Ciro, rei dos persas, conquistou a Media, e dende entón foi non parar: Un reino tras outro foron caendo todos baixo o seu poder, dende Grecia ata Afganistán: Bactria, Lidia, Siria, Fenicia, e entre todos a capital de Mesopotamia, a cidade máis grande e poderosa do mundo antigo, a venerada Babilonia.

Ciro non tivo que facer moitos esforzos para tomar unha cidade cinguida por murallas que, segundo Herodoto, tiñan case 90 metros de altura. Despois de aplastar ao seu exército en Opis, e de entrar sen loita na cidade de Sipar, o derradeiro rei de Babilonia, Nabónido, fuxíu, e a cidade abriu ás portas sen máis ao seu novo amo. Era Outubro do ano 539 a.n.e. Ciro foi condescendente: proibiu excesos ás súas tropas, devolveu aos habitantes as súas casas, e mesmo lles construiu novas vivendas, liberou aos deportados cativos na cidade e permitiu a súa repatriación, (entre eles os xudeos), e restaurou nos seus respectivos santuarios nas súas cidades as imaxes dos deuses que Nabónido mandara traer a Babilonia.

Todas estas cousas sábense polo chamado ?Cilindro de Ciro?, un pequeño rolete de barro do tamaño dunha man, cuberto de escrituras cuneiformes en acadio, que foi atopado no século XIX polo arqueólogo Hormuzd Rassam mentres escavaba os alicerces do Esagila, o recinto templario onde se achaba a mítica torre de Babel, como unha lembranza das reparacións que o propio Ciro debeu mandar facer no templo. O cilindro é propiedade do Museo Británico, caixón da rapiña colonial, e fíxose famoso por confirmar ata certo punto o edicto de liberación dos xudeos do cativerio de Babilonia recollido na Biblia (Cronicas, 36, 22-23; Esdras, 1, 1-4). O texto cuneiforme, escrito na lingua dos sometidos, resumidamente, pon a pedir pan a Nabónido e a súa impiedade, alaba a Ciro como rei e salvador providencial, e fai un retrato da súa xenerosidade coa poboación conquistada e da súa particular devoción polos deuses locais.

Pero o cilindro colleu fama universal cando a propaganda do Shah de Persia, Reza Pahlevi, utilizou o texto co gallo da celebración, en 1971, dos 25 séculos do Imperio Persa, (do que se consideraba sucesor), e aproveitando a aparente humanidade coa que Ciro e o seu exército se conduciron, presentouno como proba de que os persas inventaran, nin máis nin menos que os Dereitos Humanos. A impostura callou ben, e axiña comenzaron a aparecer versións deturpadas do texto, repetidas sen fin grazas á carencia absoluta de sentido crítico e o desinterese pola historia que caracteriza aos medios de comunicación e ao público que os consume. Tanto é así que a avogada iraní Shirin Ebadi, ao recibir o Premio Nobel da Paz no 2003, permitíuse citar a apócrifa ?Carta de Ciro?, e afirmou que debería ser estudada como parte da historia dos Dereitos Humanos. O cilindro de Ciro pasou de ser un relativamente anodino documento histórico a unha adornada lenda, coma a das orixes pastoriles do seu redactor.

A última peripecia do cilindro tamén ven arrandeada por este mar de fondo. As autoridades culturais iraníes solicitaron recentemente ao Museo Británico o artefacto, para unha exposición de catro meses en Teheran. O Museo asinou un convenio pero foi demorando á entrega: que se en setembro do 2009, que se en febreiro do 2010, que se en xullo..., parapetandose na situación turbulenta do país tras as eleccións do 2009, todo no contexto das tormentosas relacións diplomáticas entre o reino Unido e a República Islámica de Irán. Isto levou a Hamid Baqaei, responsabel do Patrimonio Cultural iraní, a declarar que rompería toda relación coa institución británica, ao estimar, (con algunha razón) que politizaban un asunto estritamente cultural, que os denunciarían á UNESCO por incumplir os seus acordos, e que xa podían os arqueólogos ingleses esquecerse de meter o sacho en Irán, ou de expoñer ningunha peza do patrimonio persa nos seus museos. O British rematou por ceder baixo o peso dos seus propios compromisos, e a exposición, co cilindro de Ciro como peza estrela, foi inaugurada polo presidente iraní Almadineiah hai unhas semanas. A min paréceme ben: os obxectos son o que son, pero tamén o que facemos deles. Puidemos escoller facer co Cilindro de Ciro unha apoloxía da providencia divina da que procede un poder absoluto (como de feito é), pero escollimos privilexiar os seus aspectos máis filantrópicos e o convertimos nun símbolo da paz, a concordia, a liberdade de conciencia e os valores humanistas. E nin as autoridades da teocracia iraní son capaces de resistirse á poderosa forza deste símbolo.
Comentarios (11) - Categoría: Pezas - Publicado o 30-10-2010 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ours samson en peluche (03-09-2013 10:40)
2 A última peripecia do cilindro tamén #blgtk08#ven arrandeada por este mar de fondo.
Comentario por tree care (28-07-2022 15:34)
3 Grac#blgtk08#ias!
Comentario por Ash (13-08-2022 02:09)
4 Cyrus did not have to make many efforts to take a city surrounded #blgtk08#by walls that, according to Herodotus, were almost 90 meters high.
Comentario por Go here (13-08-2022 02:10)
5 Ciro como rei e salvador providencial, e fai un retrato da súa xenerosidade coa #blgtk08#poboación conquistada e da súa particular devoción polos deuses locais.
Comentario por cement austin (24-08-2022 14:24)
6 A última peripecia do cilindro tamén ven arrandeada por este mar de fondo. As auto#blgtk08#ridades culturais iraníes solicitaron recentemente ao Museo Británico o artefacto.
Comentario por cement austin (24-08-2022 14:25)
7 Ciro non tivo que facer moitos esforzos para#blgtk08# tomar unha cidade cinguida por murallas que
Comentario por cement austin (24-08-2022 14:26)
8 The cylinder of Cyrus went from being a relatively insignificant historical docu#blgtk08#ment to an embellished legend, like that of the pastoral origins of its editor.
Comentario por foundation lifting mobile al (13-09-2022 11:34)
9 I am so impressed by the details you've#blgtk08# mentioned about the Cylinder of Cyrus.
Comentario por www.drywallproscleveland.com (01-10-2022 03:19)
10 Thanks for the detai#blgtk08#led information...
Comentario por best drywall installers near me (10-11-2022 09:32)
11 Carta de Ciro?, e afirmou que debería ser estuda#blgtk08#da como parte da historia dos Dereitos Humanos.
Comentario por best drywall installers near me (14-11-2022 14:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0