Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lancia, a cidade atropelada
Foto Norberto Diario de LeónOs pobos do Norte da Península Ibérica, Galaicos, Astures e Cántabros, denominados de maneira xenérica e imprecisa por Estrabón como montañeses, eran un incordio para a Roma que acababa de someterse ao seu primeiro emperador, Octavio Augusto. Os historiadores romanos píntanos como xentes embrutecidas, que comían landras e castrón asado, e bebían sen moderación cervexa ou viño, cando o conseguían, sen rebaixalo con auga como era costume entre as xentes civilizadas. Encirrados pola escaseza de recursos dos seus ariscos montes e polo seu modo de vida brutal, non pensaban máis que na guerra contra os seus ricos veciños. Certamente, eran pobos afoutos e cecais algo túzaros, que miraban na guerra un modo de vida. Vivían empoleirados nos seus altivos castros, e de cando en vez baixaban aos vales da Meseta, atacaban as vilas da fronteira, e regresaban co botín ás súas verdes montañas, espetando no camiño as lanzas onde penduraban as togas ensopadas en sangue das súas vítimas. Os colonos romanos do Sur debían sentirse un pouco como aqueles pioneiros americanos das películas, a mercede do ataque de bandas apaches moi maleducadas.

Había, polo tanto, serios motivos para acabar de asoballar a aqueles pobos. O botín e o ouro tamén eran un asunto goloso. Pero ademais, a vitoria militar outorgaría a Augusto unha tona de prestixio político: o sometemento da península permitíalle equipararse a Xulio César, o conquistador das Galias de quen se pretendía sucesor. Por iso, mobilizouse un exército impresionante dirixido por el mesmo en persoa, para dar conta daquelas xentes irredutibeis. Non foi un paseo militar. A guerra prolongouse máis do debido, e cando os fríos invernais coroaban de neve aquelas montañas, Augusto prefería retirarse a Tarraco a invernar. Quizais propenso aos gripallóns, enfermo e aburrido, Augusto rematou por deixar o mando da guerra aos seus xenerais. Tardaron unha década enteira, do 29 ao 19 a.C. en conquerir aquelas terras agrestes. Non faltaron episodios heroicos, onde abundaron os asedios a poboacións enteiras refuxiadas no cumio dos montes máis altos. Os galegos tiveron o seu derradeiro reducto no mítico Medulio, cantado por Cabanillas. Alí, azoutadas polo frío, a fame e a ameaza dos exércitos romanos, as nais mataban aos fillos para evitarlles a escravitude, antes de darse morte elas mesmas. Os que caían prisioneiros eran crucificados polos romanos, e estes, sen dúbida espantados, escoitaban como dende o alto das súas cruces aqueles bárbaros daban a alma sen deixar de cantar hinos de vitoria.

Unha das cidades asediadas polos romanos foi Lancia, á beira do río Astur ou Esla. Tratábase dun castro certamente grande, que abranguía bastantes hectáreas de casas de adobe e pallabarro cercadas por unha muralla, no alto dun outeiro aplanado entre o Esla e o río Porma. Os astures tentaran sorprender aos romanos atacando simultáneamente aos tres exércitos que operaban na zona, pero foron descubertos polos seus espións aliados e tiveron que recuar ata Lancia, onde ofreceron resistencia. Sitiados, os astures inflixiron aínda moitas baixas aos romanos, que quixeron prenderlle lume á fortaleza. Emporiso, Lancia escapou da devastación, ao contrario que outros sonados asedios, pola graza do xeneral romano Tito Carisio, que negociou cos astures a súa entrega, dado que prefería ter como trofeo unha cidade intacta antes que un montón de borralla.

Lancia salvouse e puido logo florecer coa ocupación romana. Sobre as antigas casoupas de barro erguéronse novos edificios de pedra seguindo un trazado reticulado, con rúas paralelas e perpendiculares dotadas de drenaxe e cloacas. A media xornada de marcha dende o campamento da Lexión VII Gemina, (que logo se convertirá en León), por Lancia vai pasar a Estrada que comunica Astorga con Zaragoza. Un século despois da súa caída, conseguíu posiblemente o título de municipio de mans do emperador Vespasiano. Paralelamente a isto, a cidade dotouse de edificios acordes dunha nova dignidade, nos que destacan o pouco que hoxe está escavado e á vista do visitante: un mercado ou macellum, e unhas termas, que non estarían demasiado lonxe dun hipotético foro. Mais a gloria de Roma amosouse perecedeira. A partir do Baixo Imperio, estes edificios públicos foron ocupados e usados por particulares, que os reformaron con peor gosto e medios, o que é síntoma de decadencia. Cara o século IV ou principios do V, coincidindo coa chegada dos nosos queridos Suevos, a cidade foi totalmente abandonada.

Lancia convertiuse nun deses xacementos nos que, debido ao seu abandono, o arqueólogo pode acceder ao coñecemento dunha cidade antiga a penas máis alterada que polo paso inexorabel do tempo. Aquí non houbo séculos tras séculos de reformas, cambios, destrucións, alteracións, que son frecuentes nas cidades onde a ocupación humana se fixo perenne. Lancia é unha cápsula do tempo enterrada baixo a poeira, un libro onde é posible ler, de principio a fin, a historia dunha cidade romana, dende a súa conquista ata o seu lento languidescer. Así o souberon apreciar os moitos estudosos e saqueadores que afundiron aquí a piqueta, en busca das súas reliquias, e tamén os lexisladores, que nunha desas iniciativas tan cargadas de boas intencións como carentes de efetividade, declararon o sitio como Ben de Interese Cultural, a máis alta cota de proteción para un xacemento arqueolóxico.

Nestas chegaron os nosos vellos coñecidos nesta bitácora: os asfaltadores. Alguén decidiu que era necesario facer pasar por estas terras desoladas unha autovía. E de todos os trazados posibles, foron escoller o que pasaba rasando a aba do vello castro. E por cumplir un pouco coas formas, fixeron unha desas escavacións eufemisticamente chamadas ?de xestión?. E como era de esperar, alí apareceu de todo: alicerces de edificios adicados a almacén e a vivendas, obradoiros cerámicos onde se fabricaban tellas, unha ferrería, unhas novas termas, unha necrópole e posiblemente unha basílica paleocristiana, xunto con restos da antiga calzada. Todo un conxunto que indica que Lancia era máis que o curuto do castro; era unha cidade enorme, cecais de 30.000 habitantes, industriosa e bulideira, que lle valería o alcume de Validissima Civitas que lle deron os romanos. Todos estes restos, moito máis do que se escavara na propia Lancia en cen anos, vai ser cuberto por piche, para que os outros Lancias, os Maseratis e os Lamborginis cheguen zumbando de León a Pucela.

Agora, pasa o de sempre: ante a mobilización dunha parte da sociedade civil (sempre haberá xente para todo) os políticos buscan solucións a unha imprevisión bastante previsibel, mentres se pasan a patata o goberno autonómico e o ministerio de Fomento. Aínda así, todos están de acordo nun imposible: Habería que salvar Lancia, porque os restos son moi importantes, o noso pasado e a nosa identidade, bla bla bla, e se hai que desviar a autovía desvíase, ou se non facemos unha chambonada como levantar a autovía sobre piares (coma se o impacto paisaxístico non fora xa bastante grave). Pero a autovía non se pode permitir ningún retraso, que é unha obra prioritaria, que o progreso da comarca depende de bla bla bla. Lancia vai ser destruída pola incompetencia dun fato de sandeus, ela, que se salvara da destrución, e debeu a súa fortuna á misericordia dun soldado.
Bitácora de opositores á autovía sobre Lancia
Páxina do Concello de Villasabariego sobre Lancia
Comentarios (12) - Categoría: Escavacións - Publicado o 30-09-2010 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Cona que os botou!!!!! eu non entendo coma se pode chegar a ser tan burros, cun espazo declarado BIC#blgtk08#, deciden pasala autovía xusto por riba del BURROS CONA!!!!!!!!!!!!
(perdón polo de burros).
Comentario por Brigantium (04-10-2010 17:44)
2 Claro, en tempo de crise importa máis gastar 3 millóns de euros por km asfaltado! Gárdome os improperios que tiña pen#blgtk08#sado escribir, penso que van sintetizados con maior elegancia no último paragrafo teu e no comentario de Brigantium.
Comentario por Vixía (08-10-2010 10:37)
3 Grazas polos comentarios.
Brigantium, efectivamente, se fas pasar unha autovía a carón dun BIC, podes agardar o peor. Pero aínda que non aparecera nada, tampouco se entende que se faga unha autovía a carón deste sitio, porque é estragar unha paisaxe cultural, e podíase evitar perfectamente alonxándoa un par de quilómetros.
Vixia,#blgtk08# un pracer coñecerte. Esta é a súa casa.
Por outra banda, sen vir a conto, quero pedir disculpas polas ocasionais patadas á ortografía (e á lingua) que ás veces aparecen neste blog, e que son culpa, en grande medida, ao *%$#@* corrector do procesador co que escribo, que máis que unha aplicación, parece un virus, e non o dou desativado.
Comentario por O'Padín (09-10-2010 13:37)
4 Sintoo, igual fun escesivamente explícito no cabreo. Podo entender que, por erro e descoñecemento, se destrúa parte do patrimonio que non está catalogado (non debería pasar se se fai control arqueolóxico, pero bu#blgtk08#eno, errar é de humanos), pero o que non entendo é que a propia administración declare BIC un sitio, e acto seguido faga pasar por riba del unha autovía, eso non é un erro human, iso é ter algún problema mental.
Comentario por Brigantium (15-10-2010 11:22)
5 De sentilo nada, Brigantiu#blgtk08#m. Se levas toda a razón!
Comentario por O'Padín (15-10-2010 16:07)
6 grac#blgtk08#ias
Comentario por ours écossais avec cornemuse en peluche (03-09-2013 10:42)
7 Unha das cidades asediadas polos romanos f#blgtk08#oi Lancia, á beira do río Astur ou Esla.
Comentario por Austin car detail (28-07-2022 15:07)
8 Hi! Gr#blgtk08#acias!
Comentario por Ash (03-08-2022 00:02)
9 Great storyli#blgtk08#ne. Gracias!
Comentario por https://www.clarksvilledrywall (09-08-2022 00:16)
10 Who threw them?!!!!! I don't understand how somebody #blgtk08#can be so foolish as to pass right over the freeway.
Comentario por top drywall company in Charlotte (10-08-2022 02:20)
11 Who threw them?!!!!! I don't understand how somebody #blgtk08#can be so foolish as to pass right over the freeway.
Comentario por top drywall company in Charlotte (10-08-2022 02:20)
12 Alí, azoutadas polo frío, a fame e a ameaza dos exércitos romanos, as nais matab#blgtk08#an aos fillos para evitarlles a escravitude, antes de darse morte elas mesmas.
Comentario por dallas texas drywall contractor (14-09-2022 15:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0