Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O tarro das esencias localistas. (Historia dun ungüentario). |
|
No século VI, poida que no VII, arribaba ao Areal de Vigo un barco procedente de Oriente. Entre o seu cargamento, ou posiblemente entre a equipaxe dalgún viaxeiro, había un obxecto curioso: unha pequena garrafiña de cerámica fina, con forma de fuso, decorado con pintura vermella no bico, e cun pequeño selo na súa base en forma de áncora. Por accidente ou por despiste, a garrafiña rematou perdida na area da praia.
Podemos seguir imaxinando a historia desde obxecto, aínda que nos trabuquemos, sen medo. Quen podería ser o seu propietario? Trátase dunha garrafiña oriental, bizantina. Usábanse para levar aceites perfumados ou ungüentos. Aceites valiosos, posto que é un frasco pequeño, a penas 10 centímetros. Os aceites de freír e de alumear virían en ánforas de tamaño máis xeneroso. Qué clase de aceite pode ser tan valioso? Poida que un perfume, pero o selo coa áncora é un símbolo cristiá que como é sabido representa a esperanza. Podería ser un aceite bendecido. Quizais santos óleos procedentes de calquera santuario importante de Oriente, ou quizais mesmo dos Santos Lugares de Palestina. Un souvenir de Terra Santa, traído por un pelegrín, un monxe, un sacerdote. Quén sabe?
Catorce séculos despois, no ano 2000, os arqueólogos que sondeaban as areas que a construcción do túnel de beiramar ía levar por diante no Areal de Vigo, atoparon o ungüentario entre unha morea de restos diversos, descontextualizados, anacos de ánforas de moitos séculos, rotas, mesturadas, arrastradas e enterradas polas ondas na praia. Sendo un achado senlleiro, non tivo demasiada repercusión mediática, ata que a alguén da Consellería de Cultura imaxinou a historia do ungüentario que acabamos de contar, ou algunha semellante, e decidiu que ilustraría moi ben as primeiras pelegrinacións a Terra Santa dende Galicia no Museo das Pelegrinacións de Compostela.
O ungüentario estivo exposto en Vigo un tempiño, no 2004, formando parte dunha exposición no Museu do Mar de Alcabre, un dos museus máis baleiros do mundo. Pero cando foi ubicada na súa vitrina compostelá, xa chamara a atención dalgúns vigueses aficionados ás cousas vellas. Qué fai esta peza tan viguesa en Compostela? O caso é que a peza case nin desembarca en Vigo, varada na praia como un soldado aliado en Omaha, pero a maquinaria do localismo comenzou a andar. Juan Manuel López-Chaves, presidente daquela da Asociación Amigos dos Pazos presentou unha instancia na Consellería pedindo a ?devolución? da peza, e igual facía o Concello.
Pasa o tempo que todo o muda. Cambia o signo político da Xunta, e Ignacio López-Chaves (qué coincidencia de apelidos!), Concelleiro de Cultura de Vigo (PP) non se esquece do ungüentario. O Faro de Vigo publica o 9 de Abril do 2006 un hiperbólico artigo dando conta do achado do ungüentario (moi luxoso ungüentario) do século III (sic) con cinco anos de retraso. E polo mesmo tempo, a flamante nova Presidente da Asociación Amigos dos Pazos inicia a súa particular campaña de petición de devolución do artefacto.
O Concello presentara no seu día, ao parecer, recurso de alzada ante a decisión da Xunta de exponer a cerámica en Compostela, que foi desestimado, e logo un recurso contencioso-administrativo sen que tivese demasiada (por non dicir ninguna) trascendencia mediática. Pero agora xa había un incendio prendido e só había que soplar.
En Xuño, os Amigos dos Pazos inician unha campaña de recollida de sinaturas, co lema ?El ungüentario es de Vigo? (sic). Queren que vaia á exposición do Museo Quiñones de León, en Castrelos. A eles se van a sumar inmediatamente outros colectivos veciñais, como a Federación Veciñal Eduardo Chao. Asemade, o responsable de Cultura da federación, Xosé Couñago, aproveita para denunciar na prensa o estado lamentable do Museo de Castrelos, daquela en obras.
O Concelleiro deféndese, haberá sitio no Museo para exponer o ungüentario e o que faga falta. O pleno municipal aproba o 27 de Xullo que o Concello lle pida a Xunta o cacharro (se non o fixera xa). Hai só 800 sinaturas recollidas, pero en setembro Vigo énchese de cartaces reclamando o viguismo do trebello. En Outubro despois de meses de obras, reábrese a sala de arqueoloxía do Quiñones, e nun lugar ben destacado colócase a fotografía do ausente ungüentario como ?medida provisional?. As sinaturas medran, recóllense dende o Club Náutico ata a Biblioteca Central. Ninguén quere parecer menos vigués que os demais e os ex-alcaldes Príncipe, Manuel Pérez e Castrillo estampan sorrintes a súa rúbrica
Pero en Novembro... a desilusión. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) falla que a competencia sobre a ubicación do ungüentario é da Xunta, como é sabido, e rexeita a demanda do Concello. De nada valen as máis de 3000 sinaturas, as razóns de peso, a convicción moral, a unidade social conseguida arredor do sempre maltratado patrimonio arqueolóxico... aínda que este patrimonio estívese personificado nun obxecto tan raquítico. O Concello láiase. Os Amigos dos Pazos non se rinden.
Sen ánimo de polemizar, o criterio máis obxectivo para enfocar o asunto é o museográfico, pero as razóns para expoñer o ungüentario nun museu ou outro son igualmente válidas. O valor dun obxecto arqueolóxico nunha exposición radica no seu poder evocador. Mirando o ungüentario podemos imaxinar as andanzas de Exeria, a freira que no século IV recorreu o camiño entre Galicia e Terra Santa, ou tamén crer que a sociedade viguesa de hai 1400 anos xa era sofisticada dabondo como para que industriais que vendían magas de peixe podre puideran mercar perfumes de importación. Nos dous Museus a peza ten un sentido. Todos os demais criterios aparte do museográfico están contaminados de subxectividade, de demagoxia e incluso de mala fe. De igual xeito que un ungüentario vigués ilustra unha peregrinación en Santiago, un machado de bronce de Mondoñedo ilustra a Idade do Bronce en Vigo. Se a Xunta ten a potestade de decidir onde expoñer o patrimonio de todos é polo acordo xeral de querer que fose así. O ungüentario non é de Vigo, é de todos. O Museu das Peregrinacións non é de Compostela, é de todos. A ver se un día aprendemos a ser galegos, estes de Vigo. Estanse a volver moi coruñeses.
|
|
|
|
11 Comentario(s) |
|
1 |
Igual que a anterior, esta história está muito bem contada. Parabéns. A ver se tenh#blgtk08#o mais sorte que coa anterior e nesta o trebelho me permite deixar um comentário... |
|
|
Comentario por suso (17-01-2007 12:48) |
|
|
2 |
Permitiu-mo! Pois nom sei que era o que se passava co post anterior, entom! É pena porque ontem f#blgtk08#oi capa do Chuza.Org e, com certeza, alguém ficaria com vontade de comentar-che qualquer cousa... |
|
|
Comentario por suso (17-01-2007 12:50) |
|
|
3 |
Nenos, isto é do unguentário apenas é um pequeno um ensaio de nós, os da Bracarense, vi#blgtk08#sando que nos volvam de vez as relíquias que Gelmirez apanhou e levou para Compos ;-) |
|
|
Comentario por o' lombar (17-01-2007 18:16) |
|
|
4 |
A ver se un día aprendemos a ser galegos, estes de Vig#blgtk08#o. Estanse a volver moi coruñeses.
¡Qué bonito! |
|
|
Comentario por (20-01-2007 00:05) |
|
|
5 |
Bonito Blog. Moi interesante
Non estou de acordo co tema de aprender a ser galegos. Seguramente o museo das peregrinacións é de todos, aínda que eu non estou moi seguro. Tamén é certo que Vigo é de todos, pero supoño que esta é outra forma de ver as cousas, aínda que algúns so queiran ver a través dos seus intereses.
Quizais o ungüentario está mellor nun museo ben acondici#blgtk08#onado para el, pero non é menos certo que a súa saída de Vigo foi un pouco oscura. Por outra banda esta é unha magnífica ocasión para que a xente se sinta de Vigo e mire cara ela, incluso potenciando a súa arqueoloxía de cara o público. Pero iso non se está a facer. Será que hai moito centralismo, e non falo do tan nomeado Madrid (onde tantos galegos hai).
Ser galego...¿?
|
|
|
Comentario por Rui (26-01-2007 23:33) |
|
|
6 |
Gracias, Rui, pola túa visita e polo teu comentario. Penso que está ben expresado que o asunto é espiñento. realmente o positivo é que por unha vez unha gran parte da cidadanía de Vigo arremuiñouse en torno a unha cuestión do patrimonio. Pero o que quixen dicir é que o triste é que o fondo da cuestión é dun localismo infumable, digno do peor Paco Vázquez. M#blgtk08#oito patrimonio en Vigo está en perigo: a situación do castro é lamentable, as torres de Padín son unha desfeita, as mámoas do IFEVI desapareceron...podo poñer mil exemplos. O ungüentario non está en perigo, o problema é que está en Compostela, (Para quen queira ver que iso é un problema). Vai ó Quiñones e verás pezas que non son viguesas e non pasa nada. |
|
|
Comentario por Franjo Padín (27-01-2007 14:34) |
|
|
7 |
Gústame moito a túa páxina, ainda que ésta vez non podo estar moi de acordo có teu comentario, refírome ó de aprender a ser galegos, e que estamos a volvernos moi coruñeses... Penso que é un comentario bastante desafortunado. E non pola comparación, ainda que todalas comparacións son odiosas, senon máis ben polo tono peyorativo, que non me parece de recibo, é menos cando se fala de "aprender a ser galegos". Eu son de Vigo, pero penso que seguramente o Museu Das Peregrinacións, será un lugar millor p#blgtk08#ara expoñer a peza, simplemente porque o Museo de Castrelos tampouco está todo o atendido e coidado que debería, algunhas das súas millores pezas acabaron amoreadas nun desván, nas peores condicións imaxinadas. Estaría de acordo coa reivindicación si realmente o Museo Quiñones de León estuvera nunhas condicións idóneas. Entonces sería o momento de tratar de darlle puxo e incorporar novas pezas interesantes, para o disfrute de todos, vigueses, coruñeses, cómo tí distingues, ou incluso "galegos".... |
|
|
Comentario por Eco (01-03-2007 02:28) |
|
|
8 |
Por certo, Franjo, quería comentache que hay un blog tamén moi interesante, con unha temática parecida, ainda que #blgtk08#afondando máis no que é o mundo grego e romano, que é "La Flauta de Pan". A min polo menos gústame moito tamén. |
|
|
Comentario por Eco (01-03-2007 02:36) |
|
|
9 |
Moitas gracias, Eco, polas flores e polas críticas. Sei que o comentario sobre o viguismo-coruñesismo é algo incendiario. A miña intención non era ser tan despectivo como cáustico. O certo é que na Coruña sufriuse unha forma de facer política baseada en localismos deste tipo, e que#blgtk08# é precisamente esa forma de facer política a que fai que a comparación de vigueses con coruñeses sexa tan ofensiva. Así que usei (pode que desafortunadamente) esta arma no sentido contrario. Pido perdón aos deuses e aos damnificados. Mirarei como soa esa flauta de Pan. Un saúdo. |
|
|
Comentario por Franjo Padín (01-03-2007 11:44) |
|
|
10 |
E digo eu, que traballei (e bastante) pola zona... pq carallo non comezan a desempaquetar caixas do museo de Pontevedra, q teñen pezas procedentes de toda a zona da ría de Vigo para encher canas vitrinas queiran#blgtk08#? Sí, ho, que son uns garrulos coño, pero polo carallo choran polos xacementos que destrozaron a petardazo limpio eses mesmos que agora queren q lles devolvan un ungüentario que nen sequera saben para q serve... |
|
|
Comentario por Icscipio (30-06-2007 23:20) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|