Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Morreu o conto |
|
 ¿Qué é un azteca? É unha persoa da antigüedade que predice o futuro.
¿Qué é un escravo? Un home que traballa inutilmente para o rei.
¿E o Islam? A lingua dos marroquís.
¿E unha carabela? Como unha catedral, pero máis pequena.
¿E a Idade Media? Unha parte da vida.
¿E a arqueoloxía? Un conxunto de illas.
Estas son algunhas das respostas dadas por alumnos de 2º de E.S.O. ás preguntas dunha avaliación inicial, a comenzo deste mesmo curso. Os profesores adoitamos facer este tipo de exercicios para avaliar os coñecementos previos do alumnado, e desa maneira saber dende qué base podemos comenzar a traballar. Non as cito por rirse da ignorancia, son nenos e ninguén nace aprendido, aínda que algúns compañeiros fagan recopilacións destas respostas e as rulen entre o populacho para solazamento xeral. Estas respostas, tomadas fóra de contexto, serven logo para que os tertulianos radiofónicos e en xeral toda esa xente que vive de ?formar? opinión rachen as súas túnicas desesperados ante o pozo da iniquidade no que se convertíu a instrucción pública, claman ao ceo, mesan cabelos e barbas, e acaban por afirmar rotundamente que calquera tempo pasado (en cuestións educativas), foi mellor. Acto seguido, volven facer os mesmos prantos sobre o malo que é Ibarretxe, e a louvar o bó que é Obama, e dan recetas para superar a crise ao ministro de economía.
Pode ser verdade que parte da culpa desta ignorancia naza do propio sistema educativo e da maneira en que se estructuran os contidos, algo do que xa falamos nesta mesma bitácora hai algún tempo. Cando lemos estas burradas (e non son casos illados), nos exámenes moitos dámonos a pensar que nós non eramos tan ignorantes á mesma idade que eses nenos, e que polo tanto, o sistema educativo ten mudado a peor. Emporiso, eu lembro estudar por libros de texto deplorables onde se decía por exemplo, sobre ?el carácter de los gallegos?, que eramos ?trabajadores y sufridos? (como a pana!), e ter profesores psicópatas e frustrados que parecían personaxes dunha canción de Pink Floyd. Pero a pesares diso, á idade que hoxe teñen os meus pupilos, case todos sabiamos quen era Cristóbal Colón e Marco Polo, Xulio César ou Napoleón.
E pode ser que algo teña que ver o feito que, máis ou menos cando tiña esa mesma idade, naquela televisión que só tiña dúas canles, emitían xoias como ?Érase unha vez... o home?, e en canto soaba aquel minueto de Beethoven perpetrado por un candoroso coro de voces infantiles, corriamos a pegarnos á pantalla durante a media hora escasa que duraba cada episodio, para seguir as aventuras do ?Maestro? e dos seus compañeiros ao longo dos séculos.
A serie tiña 26 capítulos, nos que se contaba a historia do planeta a través das andanzas duns personaxes recurrentes que representaban valores máis ou menos intemporais. O Maestro (así no orixinal, en italiano) era unha especie de Leonardo da Vinci eterno, sabio despistado e inventor serendipítico, que encarnaba a sabedoría e a innovación. Pedro e Gordo (Pierre e Le Gros no orixinal), e as súas respectivas parellas representaban os valores da tradición e a forza ao servizo do ben, respectivamente, mentres que os malvados Tiñoso e Tapón ("Canijo" en versión española), representaban a ambición e a mezquindade, tinguidos coa conveniente estulticia. Con estes personaxes, construíanse pequenas historietas enmarcadas nunha época histórica, o cal era un achádego: grazas á renovación xeracional, os personaxes podían sucederse uns a outros sen perder a súa identidade. Ademais, servían de contrapunto intrahistórico aos acontecementos ?importantes?, amosando a vida cotiá das xentes correntes coas que todo o mundo se identifica. O contexto histórico narrábase cunha voz en off, mesturando coa animación imaxes reais de gravados e cadros, mentres que un simpático peluco con ollos marcaba a data nun recanto da pantalla. Así, sempre se sabía en qué ano estaba sucedendo a cousa.
A serie foi unha creación do realizador francés Albert Barillé, quen xa acadara sona por outra serie de animación con marionetas: Colargol. En 1978, despois dun traballo de catro anos nos que el mesmo deseñou os personaxes e ata puxo a voz en off do narrador, emitiuse o primeiro episodio en Francia. Foi un éxito clamoroso, que chegou a emitirse en 120 países: gostaba tanto aos nenos como aos maiores, que podían tamén aprender sen sentirse incómodos, porque aquela serie tiña a xenial virtude de non tomar aos espectadores por parvos. Tamén tivo os seus detractores: hai quen a acusa de demasiado maniquea, (os bós moi bós e intelixentes, os malos moi malos e parvos), esquecéndose que se trata dunha serie infantil, na que aos personaxes non se lles pode pedir demasiada profundidade psicolóxica. Tampouco gustou a todo o mundo: a primeira emisión en TVE eludíu emitir o episodio do Século de Ouro español. Seica retrataba demasiado graficamente o que se coñece como ?Lenda Negra?, esa visión de España como un país dominado polo clero e a Inquisición. Nin que non fora verdade. Tamén hai os que resaltan erros nas datas, nas ambientacións, nos enfoques demasiado canónicos e eurocéntricos, pero en xeral é unánime a opinión do alto valor didáctico destes modestos debuxos animados, tanto que mereceron o premio Soleil d?Or ao mellor programa para a mocidade.
Non era arqueólogo, nin historiador, pero Barillé despertou en moitos de nós o desexo de coñecer a historia e de aprendela. E non só a historia, pois a serie ?Il était une fois...? tivo as súas secuelas sobre outros temas (o corpo humano, os descubrimentos, o espazo...) con máis ou menos calidade e fortuna, pero sempre cun interese didáctico. Quizais non o contabamos como un dos nosos mestres, pero moitos dos profesionais da historia da miña xeneración debémoslle, aínda que sexa, unha pouca da nosa vocación. Barillé deixou de vivir o día 11 deste mes, aos 88 anos. Decía que había que «dar aos nenos o desexo de saber, despertar a súa curiosidade, e tratalos como persoas con sentidiño, que entenden maís do que os adultos cren. Desa maneira faranse máis fortes e saberán agradecelo». Dende aquí, grazas. |
|
|
|
5 Comentario(s) |
|
1 |
Comparto o sentemento de mágoa. Por certo, eu tamén estudiei eso de "los gallegos" como "trabajadores y sufridos", no libro de Sociales da editorial Vives de 5º da EXB, creo lembrar. Claro que tiven a sorte de ter a Paco como#blgtk08# profesor, e que nos trataba como homiños e nos advertíu de que ás veces as cousas que aparecen nos libros non son máis que parvadas.
A ver se se prodiga máis, que se lle bota de menos.
Apertas! |
|
|
Comentario por cãosemdono (02-03-2009 01:00) |
|
|
2 |
INTERE#blgtk08#SANTE |
|
|
Comentario por (02-03-2009 09:56) |
|
|
3 |
Como moitos, eu tamén me criei con "Érase unha vez... o home". Estaría ben que a volvesen emitir na televisión, pois penso que é un bo instrumento para que os pequenos podan desfrutar da cultura igual que desfrutan dos xogos. Os n#blgtk08#enos deben xogar a maior parte do tempo, mais non se lles pode tratar como a seres inferiores en intelecto e capacidade de comprensión, e para iso, entre outras cousas como non tratalos de parvos, hai que ofrecerlles coñecemento. |
|
|
Comentario por Vixía (03-03-2009 18:06) |
|
|
4 |
A verdade é que aprendemos moítisimas cousas con aqueles d#blgtk08#ebuxos e sen decatarnos do esforzo que estabamos facendo. |
|
|
Comentario por vakastolas (03-03-2009 19:31) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|