Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Viva nun castro costeiro
O Faro da Atalaia (Foto Louzao Peñalva)
Quen se achegue a un castro costeiro, como o de Baroña, por exemplo, neste outono de clima caprichoso, ficará sempre sorprendido de dúas cousas. Por unha banda, sobrecollerase seguramente pola beleza dun Atlántico case salvaxe, onde a penas hai que esforzarse para imaxinar a rudeza da paisaxe primixenia na que aqueles primeiros poboadores habitaron. Por outro lado, se é curioso, non poderá deixar de extrañarse de que alguén quixera vivir nun penedo tan inhóspito, azoutado por ventos mareiros tan cargados de salitre e humidade que mesmo os peixes poderían nadar entre nós.

Seica está de moda entre a burguesía madrileña invertir en vivendas situadas en pintorescas paraxes costeiras. Non é seguro que ninguén dos que mercan estas vivendas teña unha verdadeira intención de vivir nelas. Chámanlles “inversión” e agardan simplemente a que incrementen o seu valor ao ritmo da burbulla especuladora do tixolo. Esta moda, como é ben sabido, convertiu ao litoral mediterráneo nunha muralla de cemento, unha liña interminable de rañaceos e chaletes adosados. Cando as costas soleadas non deron máis de si, os ollos dos especuladores tornáronse cara o Atlántico bretemoso, azoutado polos ventos. As postais eran fermosas, unha terra verde como unha esmeralda que se deixaba abrazar polo mar. Non había sol, pero iso non importaba a quen compra unha casa de postal. Habendo demanda, non tardou en xurdir a oferta, e sendo Galicia unha terra de concellos minifundistas e económicamente infradotados, habitados por pillabáns desexosos de sacarlle partido á súa leira, era lóxico que esta fora a nova terra prometida para mesetarios inversores en vivendas-cromo.

Só así se pode entender o incremento exponencial de vivendas en concellos como Cervo, un municipio de menos de 5000 habitantes que mira ano tras ano como aumenta o número de pisos construídos ao tempo que, paradoxicamente, se reduce o monto dos seus habitantes. A principal poboación do Concello, San Cibrao, estaba situada nun precioso entorno, ao longo do pequeno esteiro que forma a desembocadora do río Cobo, resgardado dos embates do mar pola península da Atalaia: Un promontorio avanzado sobre o mar, unido ao continente por brancos areais e coroado por un faro do máis cuco. Todo moi tentador para os devoradores de costa. Unha empresa de promocións inmobiliarias, Sanciprián, fíxose cos terreos máis apetitosos da Atalaia, disposta a construír pisiños de postal a carón do faro e ofertalos en Madrid. Non importa que alí chovan 1600 litros por metro cadrado ao ano, o dobre que en Londres. Nas postais non chove. Tampouco importa que debaixo do solar se agachara un antigo e esquecido castro. Nada que non teña arranxo.

Porque o arranxo foi como segue: no ano 2005, os arqueólogos encargados de realizar o inventario de xacementos do Concello, con vistas á súa inclusión no planeamento municipal, localizaron o castro da Atalaia, e atoparon algúns dos seus vestixios, nomeadamente muíños de man e outros artefactos. Emporiso o alcalde de Cervo, sumamente preocupado polo Patrimonio Cultural do seu concello, concedeu licencias de edificación nos solares, ao tempo que eludía a inclusión do castro da Atalaia no inventario arqueolóxico do municipio. Aínda así, en Abril do 2007 o castro foi incluído neste inventario, pero iso non arredou á empresa promotora. A comenzos do verán dese ano, unha pala escavadora comenzou a remoción de terras no solar. As pedriñas do castro saían en camións cara ás entulleiras dos arredores, para deixar sitio ao tixolo voraz.

Algúns veciños (os do non, os da casca amarga, xa saben o que quero decir), denunciaron os feitos na Dirección Xeral de Patrimonio, que remitiu un escrito ao Concello ordeando a paralización das obras. A carta chegou, pero o concello, inquebrantable valedor do Patrimonio, tardou catro días (!!!) en mandar a alguén ás obras a cumplir co seu deber. Para cando a empresa constructora se deu por “oficialmente” enterada de que estaba a cargarse un castro, xa esfolaran mil metros cadrados do mesmo. Ademais, a orde de paralización debía estar escrita en papel tisú: se a leron, non fixeron moito caso, porque a extración de terras continuou a ritmo de traballadores chineses.

Pero aínda quedaba algo sen remexer. A Xunta ordenou unha intervención arqueolóxica no solar, para avaliar o que quedase. Fixéronse algunhas sondaxes, con resultados pouco claros. A lectura do informe dá a entender que nos solares a penas quedaba nada que lembrase a un castro. Outras fontes insinúan que os arqueólogos, a soldo dos constructores, fixeron un informe a medida, que obviaba o uso de maquinaria no solar, e minimizaba todo o posible o valor patrimonial dos achados. É o problema deste modelo de “xestión” do Patrimonio, no que os arqueólogos fan o traballo da Administración, pero a soldo de quen está fronte a ela. O caso é que as sondaxes non deron escusa para unha protección efectiva do que quedaba, e o promotor aproveitou os periodos de ausencia de arqueólogos para seguir destripando o solar.

Á vista dos feitos, a Xunta anunciou medidas sancionadoras ao Concello de Cervo por non evitar a destrución dun xacemento arqueolóxico inventariado. Disto, o alcalde deféndese de maneira ben curiosa, orneando que a única protección posible do castro pasa pola compra (por parte da Xunta, evidentemente) do terreo, un custo que o Concello non pode asumir. É decir: se se quere salvar un ben público, (o castro), da súa destrucción para satisfacer un interese privado (o da empresa promotora), hai que idemnizar aos especuladores cos cartos dos cidadáns. Non chega simplemente com prohibir a construcción desaforada sobre o patrimonio de todos, destruíndo para sempre unha paisaxe que merece mellor trato. O constructor non pode perder. Ademais, o Concello di que non sabía nada do castro, a pesares que o incluían no avance do Plano Xeral de Ordenación Municipal xa no ano 2004. Daríano ao esquecemento.

San Cibrao conservaba ata hai poucas décadas todo o engado dunha viliña mariñeira, con todos os ingredientes que salfiren e dan sabor á paisaxe da costa galega: as casas amoreadas sobre os cons, o areal resgardado onde varan as chalanas, o faro guiador dos mareantes, e ata un castro que, como o de Baroña, era um confín verde cargado de connotacións pombalianas. Pero nese atractivo está o seu negro fado: entre promotores avarentos, políticos cómplices, administración neglixente, arqueólogos dependentes, veciños apáticos e moita ignorancia, vai camiño de convertirse nunha urbanización anodina de edificios baleiros e impersonais acurralando o faro, amurallando os cons e os areais, e acalando para sempre os ecos dun pasado milenario. E total, para que un madrileño presuma dun piso nunha postal.
Comentarios (11) - Categoría: Novas e Opinións - Publicado o 31-08-2008 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Non nos teña moito tempo#blgtk08# neste sen vivir, home.
Comentario por Doutora Seymour (06-09-2008 00:50)
2 Grazas pola súa fidelidade, Doutora. Todo ben, só que perdín o artigo dúas veces ante#blgtk08#s de poder subilo, e ademais tiven demasiado pouco tempo para a interné. Pero volvo!
Comentario por O'Padín (30-09-2008 10:10)
3 Por fim! Também sem tempo nom era! (o título do post levava postado um mês! Desde 31-08-2008 16:34!).

Mas finalmente semelha que "os tempos som chegados" e que "nom n#blgtk08#os deches ao esquecimento" ;)

De todos os jeitos a espera pagou a pena. Magnífico artigo, como sempre, e valente denúncia. Parabéns e um forte abraço, amigo Padín! :)
Comentario por suso (30-09-2008 13:32)
4 Estimado amigo:
Magnífica historia, que aún sabiendo el final, siempre aporta nuevos datos de los personajes de la farsa.
No sé por que a mi me vino al recuerdo a la buena novela, El tesoro, del tío de mi buen amigo Germán Delibes, pero aquí, los "malos eran los vecinos" y los perseguidos eran l#blgtk08#os arqueólogos, enviados por la administración, para velar por su "oro"...Será por eso que cambia el principio, desarrollo y fin de la citada obra. Un saludo muy cordial y como dicen los compañeros de lectura, no nos hagas esperar tanto para leer la "la historia" desde su puesta en cartelera hasta su estreno.
Comentario por jose manuel hidalgo (01-10-2008 18:36)
5 Ignorancia, cinismo, corrupción, cobiza, hipocresía, arrogancia e ineptitude. Os concellos están enfermos de raquitismo financiero e parálise burocrática, a hiperinflación e o caos normativos e a selva competencial en materia urbanística tradúcense en vía libre para os bárbaros, que somos nós mesmos e os nosos veciños: os donos das fincas, os promotores, cons#blgtk08#tructores, contratistas, poderes outorgantes de licenzas, políticos que ocupan eses cargos e facultativos e técnicos da administración, por activa e por pasiva. Os madrileños só son a escusa.

Hoxe máis que nunca, e a ver se dunha puta vez, esta debe ser a santísima trinidade: Lei de Costas, man de ferro e, sobre todo, dinamita. Moita dinamita.
Comentario por câosemdono (01-10-2008 20:05)
6 Uffff pois se ves o que garda o castro ese.....

http://elprogreso.galiciae.com/nova/19291.html

http://lh4.ggpht.com/mr.patrimonio/SQG7y2DLfKI/AAAAAAAAARU/qS7N7rQFMxQ/s400/monumento%20con#blgtk08#%20forno%20%20atalaia%2002.jpg

http://www.vieiros.com/nova/69879/achan-unha-sauna-castrexa-na-marina

nada menos ca un monumento con forno, o millor conservado de galiza se non o destrúen
Comentario por lughaid (05-11-2008 23:05)
7 Gran artigo!! Moi ben exp#blgtk08#licado!!
Parabéns!
Comentario por Xacobe (03-03-2009 16:15)
8 Gran artigo!! Moi ben exp#blgtk08#licado!!
Parabéns!
Comentario por Xacobe (03-03-2009 16:18)
9 Eu tipo de ligação com 'Times chegou som de "tod#blgtk08#os os mesmos, é um ótimo artigo, bem feito admin
Comentario por Hamilton Beach Coffee Maker (25-02-2011 16:47)
10 Hoxe máis que nunca, e a ver se dunha puta vez, esta debe ser a santísima tri#blgtk08#nidade: Lei de Costas, man de ferro e, sobre todo, dinamita. Moita dinamita.
Comentario por Vard Cat (05-01-2012 10:47)
11 grac#blgtk08#ias
Comentario por border collie en peluche (03-09-2013 11:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal