Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A sombra de Arbor é alongada
A arbore das ciencias, en Compostela, logo do C.S.I.C. (foto de Gacela, picasaweb.google.com)
Falamos algunha vez nesta bitácora do peculiar ambiente de crispación que se vive dende hai anos na arqueoloxía galega. É unha palabra, esta da crispación, moi de moda nos medios de comunicación. Foi introducida neles por políticos interesados en definir con este termo os argumentos, modos e formas empregados durante a pasada lexislatura española. Por unha vez, medios e políticos, tan proclives a utilizar palabras hiperbólicas, inexactas ou fóra de contexto, acertaban. O diccionario da RAG define crispación como a provocación ou o sufrimento dunha forte irritación ou enfado. Tal é tamén o caso do noso pequeno gremio, dende hai xa moitos anos.

No pasado mes de maio, esta crispación viviu un dos seus últimos episodios. O catedrático de Historia Antiga na USC J. C. Bermejo Barrera publicaba un artigo na revista Arbor, revista publicada polo C.S.I.C., no que, baixo a forma dun estudo antropolóxico dun grupo de investigación arqueolóxica galego, expoñía unha áceda crítica á chamada “arqueoloxía da paisaxe”, centrada sobre todo na inconsistencia teórica do seu máximo gurú, F. Criado Boado, e nas conclusións prácticas e presuntamente científicas, á luz desta corrente interpretativa, expresadas por dous dos seus integrantes: M. García Quintela, e M. Santos Estévez, encol dos petroglifos galegos. Bermejo Barrera exerce como Catedrático de Historia Antiga dende 1992, e é recoñecido por ser un dos maiores especialistas galegos en mitoloxía grega e historia do pensamento antigo. Foi o introductor no noso país das teorías de Georges Dumézil, que causaron unha fonda impresión en certa parte do elenco docente compostelano. Dende hai uns anos, eríxese nun dos principais críticos dunha política de “xestión do Patrimonio” mercantilista e allea a motivacións científicas, que personifica na autodenominada “arqueoloxía da paisaxe”. Sobre isto, escribiu unha serie de artigos, e un libro ao alimón con Mar Llinares García: O Valor da Arqueoloxía, (Santiago de Compostela 2006).

O argumentario de Bermejo artéllase en varias frontes. Por unha banda, critica aos arqueólogos da paisaxe pola súa insipidez teórica. Non hai, ao parecer, na producción literaria de todo este nutrido grupo, nada que defina coherentemente ou xustifique a autoproclamación da “arqueoloxía da paisaxe” como unha teoría sistemática e global, ou para entendernos, que sirva para interpretar o coñecemento arqueolóxico na súa totalidade. A arqueoloxía da paisaxe é á teoría arqueolóxica como a “bellota” aos paletíns: unha marca, unha palabra baleira. Pero tamén critica a vinculación desta “teoría” coa chamada “arqueoloxía de xestión”, que consiste basicamente na aplicación de criterios economicistas á actividade arqueolóxica, convertindoa nun servizo (con criterios empresariais) que reverque os seus beneficios na sociedade en forma de bens patrimoniais utilizables como atracción turística. Ou se está a investigar, ou a gañar cartos, pero as dúas cousas....

Por outra banda, na práctica os arqueólogos da paisaxe, segundo Bermejo, parecen comportarse como un grupo sectario, aglutinado arredor dun líder carismático e idolatrado, que ao contar coa súa propia liña de publicacións poden manter unha certa producción literaria. Nesas publicacións prolifera a autocita ou a cita recíproca para fortalecer o prestixio intelectual do grupo, mentres que os non adeptos son ignorados ou condenados ao ostracismo. Este universo pechado funciona como unha fortaleza ideolóxica onde as críticas son vistas como mostras de enemizade malintencionada, causada pola iñorancia ou peor aínda, a envexa. Son guais.

Para rematala, Bermejo faille un traxe a dous acólitos paisaxísticos, García Quintela, e Santos Estévez, poñendo a parir panteras a súa interpretación de certos petroglifos como manifestacións simbólicas ligadas a ciclos astrais dentro dunha cosmoloxía céltica, sen ningún aval para demostralo máis que a propia imaxinación, unha mala dixestión de Dumézil, e moita música de gaita.

E onde foi publicado este artigo? Pois a Bermejo non se lle ocurriu cousa mellor que mandalo a Arbor, a revista do C.S.I.C. onde o gurú Felipe Criado, mentor da arqueoloxía da paisaxe, ocupa o pomposo posto de Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais. Alí deu cos seus ósos, despois do seu frustrado asalto á cátedra de arqueoloxía da USC. Non me meto na pertinencia das razóns que Bermejo expón no seu artigo, pero tamén ten que recoñecer que algo de mala idea tiña. Podería ter ido ao Bernabeu cunha ikurriña, e o resultado sería o mesmo. Porque a Bermejo duroulle o artigo un santiamén. O tempo que lle deu a un felipista do C.S.I.C. a leelo, e inmediatamente borralo da versión web. Isto foi visto como un acto intolerable de censura, aínda que Arbor xustificara esta actitude en que o artigo en cuestión xa aparecera previamente noutra revista, e polo tanto non era orixinal. Isto é un argumento moi endeble: o artigo sí é orixinal, posto que non cabe dúbida que o redactou o mesmo Bermejo. O que non era é inédito, que é outra cousa. Se algunha razón tiñan os do C.S.I.C. en estar molestos con Bermejo, perdérona cunha acción tan infantil, tan de pataleta, tan definitivamente sectaria.

Haberá quen non mira en todo isto máis que un enfrontamento persoal. Nestas discusións mestúranse argumentos e sofismas, con paixons e instintos animais. Quéixase Bermejo de que García Quintela vai presumindo de ter lido a Dumézil antes que ninguén, e de non acordarse del nas súas citas. Ten mala memoria, o Quintela, e iso que Bermejo lle dirixiu a tese doutoral, alá a principios dos 80. Aficionado como é á mitoloxía grega, temerá que o seu antigo pupilo remate coma Altémenes, ou Telémaco, ou Edipo, matando ao seu propio pai. Por iso quixo papalo (intelectualmente), aliñado con Dumézil e sorna, coma un Urano goyesco. A arqueoloxía galega é así: unha traxedia grega.
Comentarios (14) - Categoría: Publicacións - Publicado o 30-06-2008 23:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Lémbrese, carísimo don Franjo, que non é a primeira vez que desde ese colectivo privilexiado se actúa deste xeito tan cuestionable. No catálogo da exposición de gravados rupestres galegos celebrada en Pinerolo no 2000, foron eliminados os parágrafos do texto asinado por Costas Goberna, Fábregas Valcarce e o que suscribe, nos que se cuestionaban os resultados da chamada "arqueoloxía da paisaxe" aplicada á arte rupestre galaica. Eliminados sen máis. Vostede mesmo se fixo eco neste blog da supresión manu militari do foro de ArqueoWeb hai agora cousa dun ano porque estaban entrando moitas críticas aos intocables... E agora isto. E con Bermejo, que non é precisamente un chaíñas coma moitos de nó#blgtk08#s. Está claro que, cando menos, non se pode dicir que teñan demasiados complexos. E non esquezamos que estamos a falar de persoeiros da elite da investigación hispana, o que cuestiona, se cabe, moito máis o seu modo de actuar. E así vamos tirando...
Ah, e non esquezamos que no fondo de todo este asunto, e moito máis aló das loitas polo prestixio, a pasta e o poder, está o que eu chamo "relación calidade-precio"; é dicir: os cartos que nos costan aos contribuíntes as elucubracións destes elementos no tocante á arte rupestre e a trascendencia que para a investigación teñen tais elucubracións. Algo que, se osas criticar, te borran e a outra cousa... Científicos, coido que se chaman...
Comentario por Antonio de la Peña (01-07-2008 09:14)
2 É sintomático que o asunto de Arbor teña traído a colación outros máis ou menos semellantes. Lembra un pouco a esas películas de misterio onde unha parvada calquera leva á descoberta dun armario cheo de esqueletes. Seguramente os exéxetas, historiógrafos e fauna parella do futuro máis ou menos lonxano analizarán non só a coincidencia censorial en Arbor, Arqueoweb ou De Petroglyphis Gallaeciae senon, sobre todo, as maneiras: manobras subterráneas, chamadas dende despachos, secretismo e unha cerval xenreira á luz e taquígrafos. Aqueles interesados poderán ver no foro Arqueogalicia alá polo Febreiro/Marzo de 2001 con todo detalle o que aconteceu coa publicación italiana, por non ser fastidioso eis a parte do texto onde o editor procedeu á poda (en maiúsculas):

[El verdadero cambio se produjo en la década de los noventa, cuando comenzaron a ver la luz obras que abordan el estudio de los grabados desde diferentes líneas de investigación pero que tienen en común su consideración de los petroglifos como producto social de primera magnitud susceptible de aportar información de gran valor para poder comprender algo del universo simbólico e ideológico de las comunidades campesinas responsables de su
existencia, unas comunidades que para una parte de los autores serían las de la Edad del Bronce en general -siguiendo la vieja teoría- y para otros, los más relacionados con el
tema, las de los primeros tiempos de la Metalurgia, a partir de los inicios del III milenio.

Si en esos aspectos los avances de la investigación han sido incuestionables, la situación general del foco rupestre en Galicia hemos de catalogarla, siendo benévolos, cuando menos como preocupante. Si por un lado los grabados rupestres son cada vez más
considerados como un bien cultural de primera magnitud, como una de las más fuertes señas de identidad de lo gallego, se está produciendo al mismo tiempo una enorme paradoja a
causa de la irresponsable pasividad de los organismos del Gobierno Autónomo Gallego relacionados con el tema: jamás se había llegado a tal grado de deterioro y de destrucción de complejos rupestres como el que se viene padeciendo desde hace un par de
décadas. Hasta tal punto esto es así que tememos seriamente por la integridad a corto plazo de esta manifestación cultural.

El nefasto papel de #blgtk08#la Administración gallega no se queda sólo en la pasividad dolosa ante la realidad y ante las reiteradas llamadas de atención de particulares, colectivos
y conclusiones de congresos. Su máxima preocupación hasta la fecha ha consistido en promulgar una normativa legal claramente intervencionista y propiciadora de la arbitrariedad, que lejos de facilitar la investigación, lo que hace es ponerle toda suerte de trabas burocráticas. Del nulo interés de la Administración gallega por la
difusión de los resultados de las intervenciones arqueológicas autorizadas por ella misma
es buena muestra la supresión hace ya diez años de su línea editorial. Una larga década sin información oficial habla bien a las claras.

Tampoco es muy brillante el papel jugado por algún colectivo de investigadores. Proyectos generosamente subvencionados por la Administración y finalizados hace casi una
década -COMO EL TANTAS VECES CITADO DE SERRA DO BOCELO- siguen sin ser publicados en su integridad, privándose con ello a los investigadores ajenos de los elementos de juicio necesarios para el contraste de las referencias. Por otra parte, la salvaje privatización
de la actividad arqueológica, propiciada de manera desordenada por la Administración autonómica, ha traído como consecuencia indeseable la desinformación sobre los resultados
alcanzados en un sinfín de intervenciones de urgencia, UN MAL QUE -DE FORMA MENOS COMPRENSIBLE- AFECTA IGUALMENTE AL UNICO GRUPO UNIVERSITARIO (LABORATORIO DE ARQUEOLOXÍA
E FORMAS CULTURAIS DE LA UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA) QUE SE HA INTRODUCIDO EN EL CAMPO DE LA ARQUEOLOGÍA COMERCIAL.

Luego es de justicia reconocer que, como marca una acendrada tradición en estas tierras, el estudio, la difusión y en última instancia la preocupación por la conservación del patrimonio rupestre sigue estando, en Galicia, en manos del voluntarismo de unos cuantos
ante la desidia -cuando no la clara oposición- de quienes deberían asumir el compromiso.]

A pregunta que xa daquela fixeran pública os autores afectados é: se as frases en cuestión eran inadecuadas en fondo e/ou forma, ¿por qué o editor non llo fixo saber para que as matizaran no seu caso? Na resposta pola via dos feitos están as claves dunha certa maneira de entender o debate e a discrepancia.
Comentario por R. Fábregas (01-07-2008 11:12)
3 Embora seja um absoluto leigo na matéria (apesar de que ainda nom há muito tempo me explicaches, porque eu cho pedim, que caráfio era isso da "Arqueologia da paissagem", lembras?) ach#blgtk08#o que voltaches a escrever um magnífico artigo. Parabéns, amigo Franjo!

P.S.: Obrigado pola limpeza feita nos comentários do post anterior! Também sem tempo nom era! ;)
Comentario por suso (03-07-2008 12:07)
4
E para máis inri non é que Bermejo presentara ese artigo á revista, senón que foi o editor da revista o que lle pediu un artigo a Bermejo.

Neste enla#blgtk08#ce pédense ver as puntualizacións do editor: http://firgoa.usc.es/drupal/node/40025

Noraboa por este recuncho e gracias por seguir manténdoo

Comentario por Rui (08-07-2008 13:51)
5 #blgtk08#
Comentario por carmiña (24-07-2008 21:13)
6 Hai moito que teño abandonado esto dos blogs, a ver si co verán o retomo. Só comentarche que pareceume moi inter#blgtk08#esante tanto o artigo como os comentarios.
Esperando volver pronto a este blog, envioche un tardio saudo.
Comentario por carmiña (24-07-2008 21:19)
7 Sinto non ter respondido ás vosas amábeis puntualizacións, sobre todo aos meus dous admirados lectores Antón della Stone, e o Sr. catedrático Fábregas. Non saben vostedes o moito que agradezo ter lectores de tanto pedigrí. Xa dixen que non quería pronunciarme moito sobre estes debates nesta páxina, porque agradaríame moito que todo o mundo atopase aquí o seu sitio sen necesidade de clasificarme nun ou nout#blgtk08#ro bando. E repito que os que me coñecedes sabedes o que penso, e abonda. Pero o que non podía deixar de criticar son as formas, e certamente, estas non son formas de facer as cousas.
Rui, Carmiña, Susinho, grazas polas flores, non se merecen. Tentarei actualizar a bitacora esta de cando en vez, pero non podo manter o ritmo endiañado que me marquei o ano pasado. Non quero convertirme nun blojadito!
Comentario por O'Padín (28-07-2008 22:19)
8 Caro Franjo

Non é preventivo o papamento, máis recorda a unha vinganza de titáns arroxados ao tartaro, polo "seu fillo", ti tamen meu fillo ... ou en todo caso un moi human resentimento, Quintela non foi o único certamente, senon que emulando a un bo Lucifer, como bo favorito entre a caterba, O Discipulo Amado, levouse tras del a -case- todolo resto dos anxiños para o laboratorio ao amparo do novo Pai Criador.

Outra cousa he que entre o Vello Deus Otiosus e o novo Idolo, haxa unha relación case xenética, Bermejo tamen lle dirixiu a tesiña ao Criado vai anos xa, e non tivo acaso -como denunciará Acuña- tamén algo que ver na posto no CSIC de noso novo Idolo.

Si amigos ni#blgtk08#sto aiche moito de persoal e intransferible

Coido que o noso Deus Otiosus debeu de pasar moi amargos momentos ao respecto, non é prato de gusto ser mestre, e poñer nelo o fervor, para recivir finalmente tal agradecemento un por un dos teus discipulos, e máis sendo neste trance o Primeiro entre eles tamén o primeiro no coro de feridas ... "tu quoqui Quinteli mihi", e cecais por isa dor o Deus Otiosos ten que identificar a noso Lucifer como creación do Novo Idolo e non de si propio, en autoreverso negacionismo do tempo e nos esforzos prestados retroativo, durante ... tanto anos.

Bo argumento para un mito freudiano

PD: "Es de bien nacidos ser agradecidos"

Comentario por Un que algo sabe (17-09-2008 05:32)
9 Tiña constancia deste artigo polas publicacións de Bermejo, aínda que descoñecía que fose obxecto dunha censura tan pouco elegante!
#blgtk08#
Sen dúbida, unha das cousas que máis me gustan da parella Bermejo-Llinares é a súa dura crítica do concepto "posta en valor".
Comentario por Vixía (11-03-2009 18:30)
10 grac#blgtk08#ias
Comentario por chat blanc en peluche (03-09-2013 11:07)
11 Grac#blgtk08#ias
Comentario por Taladros (28-02-2017 17:45)
12 Moitas #blgtk08#Gracias
Comentario por Taldros eléctricos (28-02-2017 17:47)
13 Moitas #blgtk08#Gracias
Comentario por Taldros eléctricos (28-02-2017 17:47)
14 Grac#blgtk08#ias
Comentario por Taladros (28-02-2017 17:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal