Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A vella Via Nova |
|
 Os alicerces dos grandes imperios son as estradas. Polos camiños chegan aos lugares máis agachados as cousas, as ideas, as novas e as ordes dun poder distante. Permiten o tránsito seguro das persoas e o tráfico das mercadorías nos tempos de paz, e tamén a marcha dos exércitos cara á guerra. Transforman a paisaxe e as xentes por onde pasan, dilúen os límites e as fronteiras e unen aos pobos que a natureza separa. Cando un camiño cruza ríos e vales, sube aos montes, ou cruza pantanos e brañas, convírtense nun símbolo do poder que é capaz de impoñerse deste xeito aos atrancos da natureza.
Así que alí onde os romanos chegaron, o primeiro que fixeron foi construír estradas. Todo o Imperio, dende Galicia ata Armenia, e dende os bosques de Xermania ata as areas do Sahara, foi sulcado por unha rede inmensa de arterias e veas empedradas que comunicaban o corazón da besta, Roma, cos máis recónditos confíns dos seus dominios. Coñecemos relativamente ben estes camiños. Moitos aínda están en uso convertidos en estradas modernas, que seguen o mesmo trazado, e cruzan os ríos polas mesmas pontes que os romanos ergueron. Outras veces intuimolos só polos miliarios, fitos de pedra onde se indicaban as distancias ás cidades e capitais máis próximas. Dalgunhas só queda a pegada en vellos documentos.
O máis sonado destes documentos é o chamado ?Itinerario Antonino?, unha especie de guía de estradas onde aparecían numeradas as principais rutas, as cidades que comunicaban e os lugares aptos para facer parada, as mansiones, onde a modo de estación de servizo, os viaxeiros e as súas bestas poderían reparar forzas. O itinerario é unha radiografía das comunicacións do Imperio a finais do século III, época na que foi redactado, e é un documento importantísimo porque grazas a el coñecemos o nome de vilas e cidades das que non conservamos nin o recordo. Tampouco hai que enganarse, non recolle, nin moito menos, todas as que había. A guía servíu ao emperador M. Aurelio Antonino ?Caracalla? na súa viaxe dende Italia a Exipto por Grecia, de aí o nome, e probablemente recolle rutas seguidas polos emperadores nas súas viaxes, así como por recadadores de impostos para cobrar a annona, o tributo en especies. Poida que cada mansio non fose máis que a cabeceira dunha comarca de tributantes.
Das 34 estradas descritas na Península Ibérica, tres comunicaban as tres capitais da Gallaecia: Bracara, Lucus e Asturica. A Vía XIX unía Braga con Lugo a través de Ponte de Lima, Tui, Caldas de Reis e Iria Flavia. A Vía XX, chamada ?per loca maritima?, separábase da anterior en Caldas para ir pola costa, por terras do Xallas e Bergantiños ata Brigantium, e de alí pasando por Lugo a Astorga. A Vía XVIII, chamada ?Via Nova?, unía Braga con Astorga, por Bande, Petín e Cacabelos.
No seu tempo a Vía Nova foi un gran alarde técnico: O trazado escollido non podería ser máis óptimo, os enxeñeiros romanos escolleron a ruta máis directa e rápida, a Portela de Home, que como unha coitelada fende o corazón da Serra do Xurés, unha perfecta liña recta dende Braga ata o Val do Limia. Logo, dobrando cara ó Leste, o camiño penetraba nas Serras Orientais aproveitando o val do Sil para penetrar nas Serras Orientais cruzándoas por Valdeorras ata o Bierzo. Cando un río impedía o paso, gañaban a outra beira con pontes prodixiosas, como a que cruza o río Bibei, co seu arco central de pedra voando máis de 18 metros dun pé a outro.
A Vía Nova hai moito que deixou de selo. Unhas partes seguen en uso, agora cubertas de chapapote. Outras foron alteradas polos séculos, e sobreviven como pistas forestais ou camiños pecuarios. Outras simplemente desapareceron baixo as construccións modernas, as terras de labor, ou o esquecemento. Pero hai quen pensa que a Vía Nova é un recurso patrimonial que convén preservar e que pode ser explotado turisticamente. No interior ourensán, tan arredado das zonas turísticas tradicionais de praia e furancho, o patrimonio histórico, ben xestionado e presentado, é o prato de mellor gusto que se lle pode ofrecer ao visitante. Ten ademais a ventaxa do seu carácter transfronteirizo, polo que pode traer visitantes da outra banda da raia, ademais deses investimentos tan codiciados das moitas administracións implicadas. Constituíuse a tal fin unha fundación, (a Fund. Aquae Querquennae-Via Nova), na que participan varias institucións públicas e privadas de Galicia e Portugal, e froito disto erguéronse varios ?centros de interpretación? (entidades de difícil definición, a cabalo entre un museu que non é, e unha expendeduría de folletos turísticos), un deles en Bande, onde enlaza a información da Vía coa das escavacións do Campamento romano de Aquis Querquennis.
Parecería que con esa consciencia da importancia da Vía Nova, ésta sería un obxecto mimado polas administracións, e que o seu trazado estaría ben estudado, coñecido, sinalizado, restaurado e protexido. Pois non. Hai unhas semanas un arqueólogo denunciou a desaparición dun dos tramos, ao seu xuízo, mellor conservados da vía ao seu paso por Bande. Uns veciños contrataron unha escavadora que achandou aquela senda milenaria ata deixala irrecoñecible. Para máis estupor, a obra era absolutamente innecesaria, pois paralela á vía hai unha pista forestal e unha estrada asfaltada.
No mes de Xullo delebrouse no Mosteiro de Xagoaza, en Valdeorras, un dos moito simposios que teñen como obxecto de debate a Vía Nova. Alí os expertos reunidos advertiron do perigo que corre este vestixio do pasado sen unha axeitada posta en valor. ?Se non se pon couto, as máquinas acabarán con ela?, dicía Rodríguez Colmenero. Mírase que a advertencia chegou tarde, se chegou. O alcalde de Bande (PP), autorizador da obra, di que o da escavadora pasou por non estar a pista sinalizada, cousa que, según el, corresponde á Xunta. Acto seguido vota en contra dunha proposta para solicitar á Xunta a declaración de BIC para a Vía e o campamento romano de Aquis Querquennis. Mentres, a súa señora esposa, antiga alcaldesa e agora deputada (PP tamén), pediu no Parlamento 6 millóns de euros para a recuperación da Vía Nova, ademais dunha proposta (que a Xunta xa fixera no 2004) para que a UNESCO a declare Patrimonio da Humanidade. BIC non, pero Patrimonio da Humanidade si, e sen saír da mesma casa.
Hai xente que hai tempo extraviou o camiño. |
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Tendo en conta que a súa señora esposa é esa mesma que saco#blgtk08#u as banderitas no congreso, non cabía esperar outra cousa. |
|
|
Comentario por fisido (10-10-2007 16:48) |
|
|
2 |
Teño que recoñecer que cando me chegan á casa algunhas visitas, teño botado algunha que outra maldición contra os romanos por aquela teima coas estradas, rúas e pontes. A natureza é sabia se non te deixa chegar a algures é que quizais#blgtk08# é mellor que non chegues, hai tantos sitios fermosos aos que lles están saindo engurras por estar comunicados de máis...
Malia todo ten razón O´Padín, non será esta aspirante a eremita a que lla quite.
|
|
|
Comentario por Doutora Seymour (10-10-2007 18:33) |
|
|
3 |
Canto máis vello vou, máis desprezo e enfado me producen certas cousas. Por exemplo, ¿para qué carallo nos vale esta entelequia político-administrativa que padecemos baseada na mestura inintelixible e carísima de descentralización administrativa+transferencias competenciais+asunción de dete#blgtk08#rminadas titularidades; se despois, á hora da verdade, enguedellámonos en liortas de rufiáns de prostíbulos de baixa estofa que o único que fan é deixar o importante sen facer e poñer de manifesto a nosa inmadurez, incultura e falla de preparación para a xestión dos nosos propios asuntos? |
|
|
Comentario por cansendono (10-10-2007 21:20) |
|
|
4 |
Ana Belén Vázquez em acçom: http://#blgtk08#br.youtube.com/watch?v=bZvAAMeVrho |
|
|
Comentario por suso (11-10-2007 13:17) |
|
|
5 |
Grazas, Fisido e Suso, polas vosas pinceladas no retrato desta representante da soberanía popular. Polo que se mira, deixa a altura dos debates a media hasta.
Señor Cansendono. O malo da inmadurez, da incultura e da falla de preparación é que se retroalimentan e teñen pouco remedio. A humana xente pode facer un inferno de calquera sistema político por bondadoso que este sexa.
#blgtk08#
Doutora, non se engane, comparto a súa maldición. Renego dos imperios, da natureza ferida, da uniformidade e dos símbolos do poder. Pero un camiño que fixo todo iso, cando xa pasan dous milenios, é tan parte da paisaxe coma os montes que fura. O que hai que facer é desfacer as estradas que sobran antes que pasen mil anos, e cortarlle as pontes ás visitas indesexables.
Un abraço a todos. |
|
|
Comentario por O'Padín (11-10-2007 13:50) |
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|