Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Luz sobre o Facho
O Monte do Facho, no solpor.
Conta o historiador galaico Orosio que cando Decimus Iunius Brutus, cónsul de Roma no ano 138 a.n.e., e xeneral das tropas invasoras da Gallaecia, chegou ás beiras do gran Océano Occidental, convenceuse de ter chegado ao confín do mundo cando mirou arrepiado ao sol afundirse no mar. Bruto cruzara antes o río Limia, que os seus homes tomaran polo río Lethes ou do Esquecemento, nun episodio ben sonado. Mirando o susto da tropa, apañou el mesmo o lábaro da lexión, meteuse na fría corrente e chamou aos soldados polo seu nome dende a outra beira, para demostrarlles que estaba vivo e coa súa memoria intacta. Isto demostra que Bruto, a pesares do seu cognomen, era un home intelixente e pouco dado á superstición, pero iso non o librou do terror infindo de ver cómo o sol se abismaba no mar, de tal xeito que ata creu oír o chisporroteo do astro apagándose nas augas. E presa do máis insuperable dos medos, deu a volta a Roma para non voltar xamais.

Aínda que se ignora o lugar onde Brutus o Galaico contemplou este lexendario solpor, o Monte do Facho, en Donón, un promontorio na punta do Morrazo que cae a pico sobre o mar nun cantil de 180 metros de altura, sería un bo candidato. Ofrece unha atalaia impoñente sobre ese inmenso Océano que se extende ata o infinito tal que, dende tempos moi remotos, cecais dende os albores da Idade do Ferro, os habitantes do lugar, sentindo que alí residía algo sobrenatural, o escolleron para celebrar os seus cultos relixiosos, sen dúbida inspirados por esa situación privilexiada sobre o mar e sobre as verdes terras circundantes.

Hai xa moitos anos que se coñecía da existencia dun santuario de época galaico-romana no alto deste monte, cando Enrique Massó e José Suárez Mariño atoparan nos anos 60 e 70 varias aras ou altares de pedra no que parecía ser un castro, e que se gardaron no Museo de Pontevedra e no Quiñones de León de Vigo. Pero dende hai catro anos, un equipo interdisciplinar, dirixido polo arqueólogo José Suárez, fillo dun dos descubridores das primeiras aras, e no que participa o Instituto Arqueolóxico Alemán, acometeu a tarefa de escavar por completo o castro e o santuario, con resultados que non por agardados, deixan de ser absolutamente sorprendentes.

No Facho houbo, segundo se deduce dos traballos, un poboamento moi antigo, pois existen indicios dun gran asentamento da Idade do Bronce, que chegou a abranguer practicamente toda a ladeira do monte. Cecais nesta época xa o lugar acollese algún tipo de culto, (se como elemento cultual consideramos os varios petroglifos aquí descubertos, que poderían pertencer a esta época). Pero xa logo, na segunda metade do primeiro milenio a.n.e. o asentamento transformouse nun castro de mediano tamaño, coas típicas cabanas circulares organizadas en terrazas por toda a ladeira. Alí debeu desenvolverse un culto a unha divindade de nome céltico, Berobreo, do que se iñora case todo agás o nome, e ao que se ofrecían sacrificios, cecais, nas pías que ao efecto se escavaban nas rochas para recoller o sangue das víctimas propiciatorias.

Cando a influenza romana foi tal que os habitantes abandoaron o castro cara outros asentamentos na ribeira, o culto mantívose sobre as ruínas do poboado. Ao Facho acodían pelegríns en romería para pedirlle favores ao misterioso Berobreo, ou para agradecerllos, chantando sobre a terra un pequeño piar de pedra labrada, e acendendo no alto deste unha lapiña de lume alimentado por aceite, de tal xeio que, naqueles solpores sobrecolledores no alto do Facho, un bosque de aras acesas alumeaban a noite como un centenar de vagalumes trementes.

No Facho de Donón teñen aparecido nestes anos case 180 aras adicadas a Berobreo. Para quen non saiba da importancia deste feito, hai que decir que máis da metade da epigrafía romana de Galicia apareceu no Facho. E iso o convirte nun xacemento de referencia para o estudo dos cultos pagáns en toda a península. Pero no só no aspecto científico é destacable: A súa escavación deu pé á creación dun novo atractivo turístico para o Concello de Cangas, principal e ata hai pouco solitario promotor financeiro da investigación. Un turismo, por outra banda, que é de agardar non sexa devorador da incomparable beleza da Costa da Vela, despois da súa inclusión na Rede Natura, que deixa a Donón lonxe dos dentes das inmobiliarias. Tanto é así que a proxectada construcción dun centro de interpretación ao pé do castro, cuestionado polo seu impacto por varias asociacións ecoloxistas e veciñais, foi desbotada pola Administración, e o proxecto da aula de interpretación foi trasladado ata o propio núcleo de Donón, onde non se diferenciará formalmente dunha casa labrega do contorno.

No pasado mes de maio iniciouse a quinta campaña de escavacións no Facho, cun ciclo de conferencias titulado «Altares e lugares de culto na Gallaecia», no que quince especialistas, entre os que estaban os alemáns Michael Coch e Thomas Schattner do Instituto Arqueolóxico Alemán, deron a coñecer e discutiron os últimos achados e as súas posibles interpretacións. Non é o único foro no que os achados do Facho se dan a coñecer: hai exposicións, visitas guiadas e publicacións nos que os arqueólogos fan esa labor divulgativa que tantas veces non existe. As escavacións, que desta volta pretendían centrarse no acceso do poboado castrexo e na súa muralla, rematan nestes próximos días, e de seguro saberemos axiña se deitaron aínda un pouco máis de luz sobre o Facho. Pero en calquera caso, é recomendable achegarse un serán a este lugar, subir ao alto do promontorio, pasear entre as antigas ruínas do castro, e sentados no alto, sentir ante as cores do solpor, ante o berro da natureza, o mesmo estremecemento que o vello cónsul Décimo.
Guía didáctica do Castro e Santuario do Monte do Facho de Donón.
Comentarios (21) - Categoría: Escavacións - Publicado o 26-06-2007 21:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
21 Comentario(s)
1 Coma sempre moi ilustrativo. ¡Pena de non saber antes o d#blgtk08#as conferencias sobre os lugares de culto na Gallaecia!
Comentario por Carmiña (27-06-2007 09:24)
2 ¿o de equipo interdisciplinar na escavación é porque#blgtk08# está composto por un arqueólogo e varios obreiros?
Comentario por Mariano (27-06-2007 16:24)
3 Ave, Carmiña, tanto gusto de vela a vostede outra vez por aquí. A verdade é que as conferencias foron organizadas con tanta premura que foi imposible darlles publicidade. Pero supoño que os organizadores pensan en repetilas con máis tempo noutra ocasión.
Grazas pola túa ligazón e po#blgtk08#la túa visita.

Mariano, cónstame que hai varios arqueólogos no Facho, aínda que os obreiros sexan máis :-). E que hai outra xente, non só arqueólogos senón de varias disciplinas traballando sobre os achados realizados tamén, porque a arqueoloxía non se realiza só no campo.
Comentario por O'Padín (27-06-2007 16:51)
4 é certo que a arqueoloxía non se realiza so no campo, pero si no campo non hai arqueólogos, resulta difícil pensar que tipo de arqueoloxía se esta#blgtk08# facendo. A min tamén me consta o número de arqueólogos que hai traballando en campo e so espero que teñan contratado algún nos últimos días.....
Comentario por mariano (28-06-2007 17:00)
5 Muito estou a aprender contigo! De outras e da minha própria t#blgtk08#erra morracense! Um forte abraço, caro amigo, e até logo! :-)
Comentario por suso (28-06-2007 18:33)
6 A costa da Vela é fermosísima, sempre é un pracer para os sentidos achegarse alí e deixarse abraiar pola forza da paisaxe. Agora que sei da existencia dese c#blgtk08#astro e do centro de interpretación, a próxima visita aínda será máis gozosa, se iso é posible.
Unha sempre atopa tesouros aquí, nesta casa. Un saúdo
Comentario por Doutora Seymour (03-07-2007 01:37)
7 Franjo, confire urgentemente a caixa#blgtk08# de entrada do teu e-mail! Falamos!
Comentario por suso (03-07-2007 19:15)
8 Saúde Padín!
Aínda que resulte "inacreditábel" qué pena que un xacemento de tanta importancia como é o caso do Facho esté a ser escavado dun xeito tan defectuoso, asemade dende aquí e en voz alta propoño unha reflexión ¿por qué a maioría da equipa té#blgtk08#cnica marchou do proxecto? Sabemos cales son os achádegos pero ¿e os niveis? ¿Cal é a data de inicio do povoado (que non da ocupación do monte)?, etc. Moitas lagoas tinguen de escuridade un dos principais centros relixiosos da Gallaecia.
Cuídese!!!!
Comentario por O fillo de Berobreo (04-07-2007 14:09)
9 Hai debate. Ben!
Eu quería poñer un poste amable, xa que falaba do sitio arqueolóxico máis importante dese meu país que é o Morrazo. Algo sei da (in)estabilidade laboral da equipa té#blgtk08#cnica, pero ás veces teño tendencia ao comentario positivo, como Arsenio Iglesias, así que Mariano, Berobreo Jr, agradezo que usedes este foriño para poñer outros "contrapuntos" de vista.
Comentario por O'Padín (05-07-2007 17:31)
10 Quen quera falar que fale pero con coñecemento de causa. O Facho é unha milagre, como se conservaron tantas aras?, pq é a iniciativa do concello a única que se molla?, pq todo kiski entra a criticar ...deporte nacional?...por favor fagan críticas razoadas e#blgtk08# constructivas, as eivas do proxecto son evidentes, tanto económicas como competenciales, ninguén pode ser o mellor en tantas e diferentes etapas arqueolóxicas, ás publicacións para cando?, agardemos que a racionalidade teña a ben orientar esta tertulia...
Comentario por Vaiche boa... (09-07-2007 21:22)
11 Todo quisqui, o que se di todo quisqui non está criticando, pero se hai críticas (tamén ao autor destas liñas) nesta casa teñen cabida, se non se falta. Xa hai publicacións con datos parciais:
BAÑOS, G. y PEREIRA MENAUT, G.: “Deus larius Breus Brus. Las inscripciones votivas del Facho de Donón (Pontevedra)”, Homenaje a José Mº Blázquez, ed. J. Alvar, vol. V, 1998.
FARIÑA BUSTO, F#blgtk08#. e SUÁREZ OTERO, J. “El santuario galaico-romano de O Facho (O Hío, Pontevedra), Boletín Auriense, 32, 2002.
KOCH, M., SCHATTNET, T. G. e SUÁREZ OTERO , J.: «Monte do Facho, Donón (O Hío–Pontevedra), 2003», Informe sobre las excavaciones en el santuario de Berobreo. Archivo español de Arqueología, 77, 2004.
Pero eu, coma ti, agardo que cedo se poida publicar unha boa síntese.
Comentario por O'Padín (10-07-2007 01:03)
12 Por qué en Galicia se ten tanto medo a crítica? Asemade, coido que se pode criticar se "faltar".
Gustaríame apontar unha serie de dados:
O Concello non é o único que aporta cartos ao proxecto, aínda que é verdade que é o que máis aporta e respecto de cartos, as eivas neste senso non son tan relevantes, máis ben ao contrario.
A falta de publicacións é unha constante, non entrarei a enumerar intervencións importantes sen publicar xa que non#blgtk08# quero "herir susceptibilidades".
E unha pregunta ¿a intervención do Facho ten CJ como a maioría das que se executan en Galicia ou pontea á Admon Autonómica? (non levanto falsa testemuña só pregunto).´
Para rematar, gustaríame ver dentro dun ou dous anos unha monografía completa do Facho, con dados precisos, planimetrías, debuxos e conclusións e que non se convirta nun entretemento estival para algúns.
Saúdos desde o máis profundo respeto.
Comentario por O Pai de Berobreo (16-07-2007 14:17)
13 Estou mirando que hai moita xente atendendo ao Facho. Máis ben parece o "Facho de Vigo" :-).
Benvido por estes lares (viales), pai de Berobreo. Certamente o Concello xa non é o único financeiro. Dixen alí no alto que "ata hai pouco" foi o único que apoquinaba.
En canto ao da falla de publicacións, iso merecerí#blgtk08#a un "post" aparte, pero a culpa ben a sabemos todos: 1º Non hai medios económicos porque moitas veces os arqueólogos non orzamentamos como é debido o gasto do traballo de gabinete. 2º Non hai publicacións especializadas en Galicia, agás as da facultade de Santiago e "afíns", e 3º Moitos arqueólogos somos vagos ata o delito!.
Comentario por O'Padín (27-07-2007 01:37)
14 Respecto a las aras del castro de Donón, entiendo, se producen dos momentos, un antes y un despues al 2003 fecha en que aparecieron esas dos inscripciones que realmente,parece y a mi humilde entender, definen el topónimo y el "dios" del oppidum, es decir: BEROBRIGA el nombre del castro y el Dios "Lar" (protector) del mismo.

Este verano, finales de julio, me llevé una grata sorpresa, que por cierto ya tardaba, un cartelón al comienzo de la subida del Facho con el nombre, supongo que oficial, de: B#blgtk08#EROBRIGA. Cinco años para ello, no entendía el retraso a algo que aparentemente estaba muy claro.

Por otro lado y es una opinión muy personal: tengo la impresión que no existe ningún Dios de nombre BEROBREO y de lo que nos hablan las aras encontradas es del DIOS LAR que protegía al oppidum de Beróbriga.

Espero no molestar a nadie con esta mi atrevida lectura.

Gracias, O´Padín, por todo lo que nos comentas en el blog, muy interesante.

Saludos
Comentario por Raúl Villanueva (16-10-2008 18:03)
15 Respecto a las aras del castro de Donón, entiendo, se producen dos momentos, un antes y un despues al 2003 fecha en que aparecieron esas dos inscripciones que realmente,parece y a mi humilde entender, definen el topónimo y el "dios" del oppidum, es decir: BEROBRIGA el nombre del castro y el Dios "Lar" (protector) del mismo.

Este verano, finales de julio, me llevé una grata sorpresa, que por cierto ya tardaba, un cartelón al comienzo de la subida del Facho con el nombre, supongo que oficial, de: B#blgtk08#EROBRIGA. Cinco años para ello, no entendía el retraso a algo que aparentemente estaba muy claro.

Por otro lado y es una opinión muy personal: tengo la impresión que no existe ningún Dios de nombre BEROBREO y de lo que nos hablan las aras encontradas es del DIOS LAR que protegía al oppidum de Beróbriga.

Espero no molestar a nadie con esta mi atrevida lectura.

Gracias, O´Padín, por todo lo que nos comentas en el blog, muy interesante.

Saludos
Comentario por Raúl Villanueva (16-10-2008 19:43)
16 Moi boas.
Dende o Hostal e Apartamentos Rodeiramar en Cangas, estades t#blgtk08#odos conviddos a subir o Monte do Facho con Nós.
!Adiante a disfrutade!
Comentario por Rodeiramar 2A (24-04-2010 10:59)
17
Sobre a importância, pela sua conexão céltica e pelo paralelismo entre o Deo lari Berobreo/Breogo das aras-estela do Facho de Donóm com Breoga/Breogam, permitide-me vos remitir a uns papéis:

Ancestral Caminho de peregrinação
ao Fim do Mun#blgtk08#do: na procura do deus do Além, Briareo / Berobreo / Breogán / Hércules / Santiago...
Um trabalho de André Pena e Alfredo Erias

[qote] http://www.tunadesantiago.com/andres/publicacions/berobreo.htm [/quote]




Comentario por Veroblio (09-09-2010 10:52)
18 http://www.tunadesantiago.com/andres#blgtk08#/publicacions/berobreo.htm
Comentario por Veroblio (09-09-2010 10:53)
19 Alguien sabe dónde se pueden conseguir las planimetrías del yacimiento. Me urge si qui#blgtk08#ero hacer un trabajo sobre su hipotética restauración y conservación!
Gracias!
Comentario por Sofía (15-11-2010 18:28)
20 grac#blgtk08#ias
Comentario por doudous plats (03-09-2013 11:25)
21 Incredible. D#blgtk08#avion Clacton
Comentario por Davion Clacton (22-02-2016 00:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal