Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lucus ao gosto.
A muralla de Lugo (Foto de Erik Buchmann)
Cando os romanos fundaron Lugo, un campamento militar no medio da fraga sagra que lle da nome, quixeron, sen dúbida, como conta Estrabón na súa Xeografía, atraer á poboación dos castros dende os seus curutos fortificados, ao tempo que aos seus propios colonos. Era unha cidade que servía de escaparate da civilización dos seus fundadores, ben trazada e deliñada, con todos aqueles luxos que os romanos consideraban un símbolo de esplendor. Había grandes casas con pavimento de mosaico, un foro, termas, e un teatro na actual Praza Maior, do que aínda quedaban restos en 1736, cando foi en parte demolido para deixar sitio a unha corrida de touros (os bárbaros hainos en todas as épocas). E hai quen di que hai un anfiteatro enterrado, aínda que nisto os arqueólogos andan á greña. De todo aquilo restaba, principalmente, a muralla que construíron no Baixo Imperio, ante o medo das invasións bárbaras. Unha obra que non impediu que os Suevos arramblaran co Imperio e convertiran aquela alonxada provincia de Gallaecia no primeiro reino independente da Europa Occidental.

Dende entón Lugo era unha cidade deprimida e deprimente. A súa poboación non igualou á que posiblemente tiña na época dos romanos ata principios do século XX. Aínda así, e a pesares do constante recordatorio que a muralla facía da súa pasada gloria, os lucenses non tiñan unha boa relación cos seus restos históricos. O valado estivo a un tris de ser demolido para facer muros nas fincas, e só zafou do derrubo in extremis, cando cinco intelectuales locais promoveron a súa declaración de Monumento Nacional en 1921. A “Operación muralla limpa”, nos anos 70, fora unha inversión notable de cartos que conseguira limpar de edificacións espurias o contorno do valado romano, pero sen coidados esmerados, os outrora poderosos muros caían a cachos. Non poucos lucenses miraban para a muralla con malos ollos, lamentaban a súa consideración de monumento, e consideraban que non era outra cousa máis que un estorbo para o tránsito rodado. As pedras milenarias abafaban rodeadas por unha ronda con demasiados coches e unha infamante nova muralla, esta vez de edificios de seis pisos, que ocultaban as vistas da paisaxe chairega que Cunqueiro cantara dende o alto do seu parapeto. A cidade intramuros sufría o castigo da especulación. Os arqueólogos non eran máis que un atranco para a construcción, o único progreso que moitos entendían, xornal á marxe.

Pero calquera que visitara Lugo hai dez anos, e volva agora, poderá decatarse que houbo un cambio sustancial, e para ben, na relación dos cidadáns con respecto aos seus monumentos arqueolóxicos. E un fito marca o cambio de tendencia: a declaración da muralla romana como Patrimonio Cultural da Humanidade no ano 2000, un feito que sen dúbidas contribuiu a unir á sociedade de Lugo a carón dos seus antigos muros. Naceu un interese polo pasado romano que se manifesta, por exemplo, no éxito de expresións lúdicas populares, como esas festas históricas tan de moda. Dende o 2002 cada verán os lucenses se disfrazan de centurións, gladiadores, patricios e matronas no festival “Arde Lucus”, un simulacro da antigüedade algo kitsch que ten de positivo a creación dunha identidade colectiva co patrimonio histórico como base. As novas arqueolóxicas ocupan máis espazo na prensa, hai unha preocupación maior pola conservación dos restos atopados, e hai consenso na necesidade da revalorización do Patrimonio e a aposta polo turismo cultural como o principal activo dunha cidade arredada dos circuitos habituais. Algo mudou en Lugo, cando a xente reúne sinaturas para salvar a paisaxe que lles queda contra a marea de cemento, recurrindo precisamente ás figuras de protección do Patrimonio.

Hai uns días, o pasado día 9, Lugo inaugurou un novo museu, o Centro Arqueolóxico San Roque. Trátase dun espazo expositivo onde se amosan varios restos atopados nas escavacións realizadas na zona dende 1989, durante a construcción dun edificio. Alí pódense ver os restos dunha necrópole, un forno de cerámica do século V e unha piscina relacionada con algún lugar de culto, de entre o século I e II. O centro é semellante á chamada “Casa dos Mosaicos”, inaugurada a finais do 2005, outro minimuseu que amosa os restos dunha rica vivenda, atopada nas escavacións realizadas entre 1999 e o 2001, e no que se poden admirar os escasos e fermosos anacos do desgraciado mosaico de Batitales, unha peza senlleira da arte antiga en Galicia.

A estes centros vanse a sumar outros en proxecto na cidade, nunha aposta por amosar in situ os achados arqueolóxicos co obxectivo de convertir á cidade enteira nun espazo museístico. Así está previsto que se poidan visitar os restos atopados no solar do edificio do Salón de Actos do vicerreitorado da Universidade, conservados no seu lugar orixinal dentro do soto do edificio, e que abranguen unha gran vivenda do século I, os restos dun posible templo do século III adicado a Mitra, e unha necrópole medieval. Pero a maior das apostas museísticas da cidade será o Museu Interactivo da Historia de Lugo, (MIHL), o eixo central dun deses catro grandes Centros Arqueolóxicos de Galicia que a Xunta proxectou e non dá arrancado. De momento celebrouse un concurso de ideas no mes de Marzo, no que resultou gañador un proxecto do estudio madrileño de Nieto Sobejano. Seica hai cartos (a obra custará sete millóns de euros) e gañas de empezalo, pois se asegura que as obras, situadas no parque de Frigsa, ao Norte da cidade, estarán licitadas para finais de ano.

Evidentemente, non todo van ser parabéns. Hai moitas sombras na xestión do Patrimonio en Lugo. Ultimamente foi polémica a construcción do auditorio no antigo cuartel de San Fernando, unha obra que dende o Concello se considera prioritaria (despois do derrubo de todos os teatros históricos cos que contaba a cidade) e que a Xunta considera demasiado espantoso para o entorno da muralla. Despois dun demoledor informe de ICOMOS, principal ONG internacional adicada á protección dos monumentos, e que considerou o proxecto como “totalmente improcedente”, o Concello decidiu poñer o asunto directamente nas mans da UNESCO, asegurando que acatará o seu dictame como definitivo. Nesas estamos.

Antes de onte foi o Día Internacional dos Museus, así que viña ben aproveitar a data para recordar a Lugo e a súa flamante oferta museística. Pero calquera día vale para achegarse a esta cidade, tomar uns viños acompañados cos mellores pinchos de Galicia, dar unha volta pola muralla, e aprender algo deses romanos que sabían ata falar en latín.
Comentarios (5) - Categoría: Novas e Opinións - Publicado o 20-05-2007 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Cantas cousas interesantes conta vostede!, é un pracer para min que me permitira#blgtk08# atopalo. Un tesouro os seus antigos post, paseareime por eles para porme ao día.
Comentario por Doutora Seymour (20-05-2007 21:28)
2 Hola
Les recomiendo el tratamiento de la muralla romana de Lugo que se desarrolla en la web: http://www.3dnauta.com (Trilogia/El Presente)
¿Les gustaría una colabo#blgtk08#ración desinteresada adaptada a su standar?
Si les agrada esta rápida e inofensiva URL, ¿Me harían ustedes una mención o link?
Un saludo cordial y felices fiestas
Comentario por Ulises Sarry (20-12-2007 02:27)
3 grac#blgtk08#ias
Comentario por chat musical pour bébé (03-09-2013 11:28)
4 Ola,

É un home de negocios ou muller? Está vostede en calquera estrés financeiro? vostede
precisa de diñeiro para comezar o seu propio negocio?

Ten unha baixa puntuación de crédito, e está atopando dificultades para obter préstamos
de bancos locais e outras institucións financeiras? A solución para o seu
problema financeiro é ANDRE Solange Préstamo Firm

Os nosos servizos son os seguintes:

* Préstamos persoais
* Débeda Consolidación Préstamos
* Préstamos de negocio
* Crédito Educativo
* Mortgage
* Correo otherpurposes

Ofrecemos préstamos a xuros do 2% ao anular.

Ofrecemos préstamos a persoas físicas que pre#blgtk08#cisan de axuda financeira con xuros baixos
taxa do 2%. A fin de obter un préstamo con esta empresa, pode dicir a cantidade exacta de
préstamo que precisa e no momento en que pode reembolsar o préstamo.

NOTA: Vostede está obrigado a enviar-nos en: andresolangeloanfirm@gmail.com

Información que esixe de ti:

(1) Os nomes completos:
(2) Importe necesario como Préstamo:
(3) Número de Teléfono:
(4) Duración:
(5) País:
(6) Renda mensual:
(7) Estado civil:
(8) Idade / Sexo:
(9) Finalidade do préstamo:

NOTA: Todas as respostas deben ser enviadas a: andresolangeloanfirm@gmail.com para o procesamento rápido.

Grazas.
Comentario por Andre Solange (14-07-2014 20:35)
5 Ola,

É un home de negocios ou muller? Está vostede en calquera estrés financeiro? vostede
precisa de diñeiro para comezar o seu propio negocio?

Ten unha baixa puntuación de crédito, e está atopando dificultades para obter préstamos
de bancos locais e outras institucións financeiras? A solución para o seu
problema financeiro é ANDRE Solange Préstamo Firm

Os nosos servizos son os seguintes:

* Préstamos persoais
* Débeda Consolidación Préstamos
* Préstamos de negocio
* Crédito Educativo
* Mortgage
* Correo otherpurposes

Ofrecemos préstamos a xuros do 2% ao anular.

Ofrecemos préstamos a persoas físicas que pre#blgtk08#cisan de axuda financeira con xuros baixos
taxa do 2%. A fin de obter un préstamo con esta empresa, pode dicir a cantidade exacta de
préstamo que precisa e no momento en que pode reembolsar o préstamo.

NOTA: Vostede está obrigado a enviar-nos en: andresolangeloanfirm@gmail.com

Información que esixe de ti:

(1) Os nomes completos:
(2) Importe necesario como Préstamo:
(3) Número de Teléfono:
(4) Duración:
(5) País:
(6) Renda mensual:
(7) Estado civil:
(8) Idade / Sexo:
(9) Finalidade do préstamo:

NOTA: Todas as respostas deben ser enviadas a: andresolangeloanfirm@gmail.com para o procesamento rápido.

Grazas.
Comentario por Andre Solange (14-07-2014 20:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal