Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O martelo de herexes |
|
 "España, evanxelizadora da metade do orbe; España martelo de herexes, luz de Trento, espada de Roma, berce de San Ignacio...; esa é a nosa grandeza e a nosa unidade; non temos outra. O día en que remate de perderse, España volverá ao cantonalismo dos arévacos e dos vetóns ou dos reis de taifas." Con esta lapidaria frase describía Marcelino Menéndez Pelayo a esencia nacional de España no epílogo da súa ?Historia dos heterodoxos españois?. A sona desta sentenza xustifícase no seu carácter de síntese non só desa obra senón do pensamento que a inspirou: a afirmación da existencia dun carácter nacional español, e a íntima identificación deste carácter coa relixión católica. Sen Igrexa, o caos. Marcelino Menéndez Pelayo foi o grande artífice dunha historia ?nacional? de España, unha historia que demostrase a existencia dunha invariable identidade española a través dos séculos, e que xustificase a través desa identidade un Estado monárquico, confesional e unitario. Non se concibe o éxito que en vida, e durante moitos anos despois da súa morte, tivo a obra de Menéndez Pelayo se non é pola utilidade que tivo para esta causa política.
Marcelino Menéndez Pelayo é un producto histórico do seu tempo. Nado en Santander, en 1856, axiña amosou precoces capacidades intelectuais, agrandadas polos seus haxiógrafos ata os límites do sobrehumano. Dono dunha memoria portentosa, disque era capaz de ler dúas páxinas á vez, unha con cada ollo, ou que era capaz de recitar a Iliada de carreira, ou que en dúas lecturas aprendeu os seis primeiros capítulos do Quixote, ou que falaba con soltura toda sorte de linguas vivas e mortas... Estudante nos tempos do convulso sexenio revolucionario, a sorte quixo que lle tocasen como profesores antipáticos dous presidentes da I República: Salmerón e Castelar, o que alimentou no Marcelino mozo un odio visceral aos que denominaba krausistas, os defensores do laicismo no ensino e da liberdade de cátedra. E iso tamén o botou nos brazos de Gumersindo Laverde, ultracatólico inimigo do krausismo, que exerceu sobre a precoz mente unha influencia que o marcará para toda a vida.
A pesares dos krausistas, Menéndez Pelayo conseguíu licenciarse con 17 anos, e doutorarse con 18. Incapacitado legalmente pola súa curta idade para acceder a unha cátedra, e redimido do servizo militar ao apoquinar o seu pai a mordida correspondente, aproveitou unha xenerosa bolsa de estudos para viaxar por Europa,: Portugal, Italia, Francia, Bélxica, Holanda... mergullándose nas máis vizosas bibliotecas europeas: a Vaticana de Roma, a Laurenciana de Florencia, a de San Marcos de Venecia, a Ambrosiana de Milán, a Nacional de París... Ao seu regreso, en 1878, gañou con 22 anos a cátedra de Literatura na Universidade Central, despois de que se mudase a lei (case a propósito para favorecelo, e grazas ao compadreo de Cánovas del Castillo) que lle impedía ser docente aos seus escasos anos. A partir de aí, non deixou de recibir honores: académico da Lingua en 1880, da Historia en 1882, da Academia de Ciencias Políticas en 1889, da de Belas Artes en 1892...
Mentres, labrouse a súa sona de escritor e erudito, marcado polo seu catolicismo militante e integrista. A súa grande obra histórica é a ?Historia dos heterodoxos españois?, un monumental repaso pola disidencia relixiosa en España ao longo dos séculos, publicada en varios tomos a partir de 1880. Nela, argumenta a existencia dun carácter nacional que identifica coa ortodoxia católica. Paradoxicamente, pretende demostrar a fortaleza da fé dos devanceiros, cerne da identidade de España, historiando sobre a persistente tendencia dos mesmos a saírse do rego. En realidade, toda a obra é un monumento á falacia. En primeiro lugar, polo argumentum ad verecundiam co que xustifica a intencionada parcialidade e intransixencia dos seus xuízos, ao xulgar a historia polo prisma da Igrexa, única depositaria da Verdade. En segundo lugar pola súa tendencia ao argumentum ad hominem, criticando as ideas heterodoxas polo recurso de atacar a moralidade de quen as profesaban. En terceiro lugar, polo argumentum ad Populum, ao identificar sen pudor a súa propia maneira de pensar co pensamento do ?pobo español?, e así sucesivamente.
Menéndez Pelayo retirouse da docencia en 1898, ao tempo que era nomeado director da Biblioteca Nacional, cargo que compatibilizou coa presidencia da Academia da Historia dende 1902. Dende entón reduciu a súa presenza pública, e se refuxiou nos seus estudos literarios, segundo algúns, afectado polo desastre do 98. Seica tamén moderou as súas posicións antiliberais, pero non hai demasiadas trazas de que abandonase o seu ríxido catolicismo, a pesares da súa tamén lexendaria tendencia aos pecados da carne e da gula. Misóxino empedernido, era lenda que satisfacía o seu apetito sexual nos prostíbulos madrileños, sen sacar o colar postizo da camisa durante o acto, ou que daba rodeos no curto camiño entre a súa casa e a billioteca para demorarse en todas as tabernas do barrio. Prematuramente avellentado, e laiándose polos libros que aínda non lera, morreu aos 55 anos de cirrose hepática.
Tras a súa morte, Menéndez Pelayo foi reivindicado pola intelectualidade católica, sobre todo os xesuítas a quen tanto defendeu, elevándoo aos altares da ciencia patria. Convertiuse no argumento de autoridade para os que describían unha historia organicista e finalista, na que España era entendida como unidade eterna e indisoluble, cun destino manifesto na defensa do catolicismo, e na que o carácter español era definido tomándose en serio a Don Quixote, un cabaleiro cristián, santo e guerreiro, sobrio, irracional, exaltado e absurdo. Unha historia que privilexiaba o heroísmo celtiibérico fronte os invasores romanos, aos romanos cristiáns fronte aos bárbaros arriáns, aos visigodos fronte os suevos e vándalos, aos reinos cristiáns fronte os musulmáns, á monarquía católica fronte a Europa enteira, á contrarreforma fronte o racionalismo, a lealistas Fernandinos fronte liberais afrancesados. Unha España maniquea, que presumía de devota, leal e austera, cando en realidade era fanática, sumisa e pobre. Menéndez Pelayo destilara, ao parecer, a natureza e sustancia da españolidade, esa fé cega compartida que de perderse, suporía a disgregación e o caos. Non é de estrañar pois, que no ermo intelectual que foi o franquismo, a obra de Menéndez Pelayo se convertera no devocionario do réxime. En 1956, no centenario do seu nacemento, publicáronse as súas obras completas nun ambiente case de canonización. No prólogo da edición o daquela ministro de Educación, Ibáñez Martín, pontificaba, facendo súa a tese menendezpelayista: A nosa guerra foi en realidade unha consecuencia necesaria do desvío e abandono do camiño tradicional da Cultura española (?) para seguir o naturalismo, o materialismo e o positivismo histórico.
O menendezpelayismo entrou en crise ao tempo que agoniou o nacionalcatolicismo, a súa ?consecuencia necesaria?. Hoxe, cando se cumplen 100 anos do seu pasamento, conta con moitos menos apoloxistas que nos tempos dourados do integrismo franquista. Algúns quéixanse da suposta manipulación da súa obra polo nacionalismo español, e acentúan a faciana ?liberal? da súa obra de madurez. Outros, renegando do fondo filosófico dos seus escritos, enfatizan a forma, o seu estilo vigoroso e lacerante, algo que se acha de menos na historiografía actual, e a súa inxente erudición. Hai tamén elementos da vella garda pretoriana que o reivindican como o santo que foi da súa devoción. Por fortuna, son poucos. Aínda que a influenza de menéndez Pelayo aínda se deixa ver en moitos libracos e manuais, hoxe a súa filosofía está sepultada por toneladas de poeira e de couza. El mesmo o dicía, no prólogo dos seus ?heterodoxos?: Nada avellenta tan pronto coma un libro de historia. |
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Excelente #blgtk08#entrada ! |
|
|
Comentario por brayan (28-08-2013 23:32) |
|
|
|
|
3 |
In the prologue of the edition, the Minister of Education at the time, Ibáñez Martín, pontificated, making#blgtk08# the Menendezpelayist thesis his own: his complete works were published in an almost canonical atmosphere. |
|
|
Comentario por drywall contractors (28-09-2022 16:20) |
|
|
4 |
In the prologue of the edition, the Minister of Education at the time, Ibáñez Martín, pontificated, making#blgtk08# the Menendezpelayist thesis his own: his complete works were published in an almost canonical atmosphere. |
|
|
Comentario por drywall contractors (28-09-2022 16:21) |
|
|
|
|
6 |
Mimadriña, menudo exemplo de argumentum ad hominem. Só che faltou poñerlle cornos e rabo a este vilán de tebeo. Non está mal para e#blgtk08#strearme neste blog. Espero que as próximas entradas falen de arqueoloxía máis a modiño. Tanta intolerancia só en pequenos grolos. |
|
|
Comentario por Melmoth (13-06-2023 12:33) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|