Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Museo da Historia pasa a ser historia
Maqueta do malogrado Museo de Historia (foto Loop arquitectos)
No ano 2006, o Concello de Pontevedra acometeu a reforma da Praza de Valentín García Escudero, situada no arranque da Ponte do Burgo, que lle dá nome a cidade. Tratábase dunha actuación urbanística complexa que pretendía a reordenación do tránsito rodado pola ribeira e pola propia ponte, alixeirandoa de veículos e tratando de devolverlle o seu antigo aspecto. Era, se se quere, unha operación de restauración, de recuperación dunha cidade que está feita para vivir con hábitos máis tranquilos, ritmos mais pausados, e estética menos brutal que a padecida na Pontevedra finisecular, co seu río encintado de edificios arrepiantes e unha densidade de tránsito absurda nunha vila que se percorre a pé nun cuarto de hora. E como era unha operación de restauración, nun lugar no que, en tempos, se produciran uns importantes achados arqueolóxicos, volveron os arqueólogos a meter o fuciño, tentando comprender un pouco mellor a historia desta parte da vila.

Os resultados da escavación, que se prolongou ata o verán do 2007, foron espectaculares. Un verdadeiro palimpsesto onde se escribiron, un sobre outro, capítulos de todas as épocas polas que pasou a cidade. Da era dos romanos apareceron dous miliarios, que sumados a outro aparecido nos anos 80 no mesmo lugar, confirmaban o paso da Vía XIX por este lugar, certificaban a existencia dun paso ou ponte sobre o río Lérez, e afortalaban a identificación do solar de Pontevedra coa antiga Turoqua da que falan os antigos itinerarios romanos. Mais tarde, o lugar foi abandonado ata a refundación da cidade no século XII polo rei de Galicia Fernando II, momento no que se reconstrúe a vella ponte romana. Diso dan fe os catro arcos soterrados da ponte medieval atopados, xunto cos alicerces da torre que defendía esta entrada na cidade, e os restos da muralla medieval. No século XV e XVI a cidade vive o seu momento de gloria, grazas a explotación dos recursos pesqueiros e o comercio internacional. Os restos dun peirao, acompañados de abundante cerámica das máis variadas procedencias certifican o alcance do comercio dos navegantes pontevedreses. O porto fluvial e a muralla sufriron sucesivas reformas na Idade moderna, ao tempo que a cidade gañaba terreo ao río, rodeándose dun camiño empedrado por fóra da muralla. En época máis recente, estes recheos serviron como solar do cárcere e da antiga Praza de abastos, no século XIX, da que tamén se atoparon restos. A escavación do Burgo era quen de describir a historia da cidade (e de Galicia) capítulo tras capítulo. Pero tamén escribía un novo capítulo na relación que as autoridades locais mantiñan coa arqueoloxía. Era a primeira vez na que a actuación urbanística se faría en función dos restos arqueoloxicos que se atoparan, e non ao revés, como cando as intervencións arqueolóxicas son un molesto e preceptivo atranco e a conservación dos achados depende da adaptación a un proxecto urbanístico previo. Dese cambio de mentalidade nas autoridades municipais xa falaramos nesta bitácora hai xa máis de 4 anos.

A magnitude dos achados deu pé a un arrebato de ensoñacións. Axiña, pensouse na posibilidade de ?musealizalos?, que é o xeito modelno de decir amosalos. O problema era que iso significaba deixar a praza coas tripas ao aire, e non podía ser. Non faltou quen propuxo tapalo co manido cristal ?para que se poida ver?, típica proposta superimaxinativa que sempre aparece cada vez que se fala de expoñer restos arqueolóxicos. Os máis ambiciosos falaron de facer un museo soterrado, algo que non era de todo imposible. O exemplo paradigmático é o Museu d'Historia de la Ciutat de Barcelona, todo baixo terra, e que ofrece un percorrido moi didáctico polos intestinos da Barcino romana, sen alterar a fisonomía do que está por riba do pavimento. Pero precisamente o problema en Pontevedra era cómo resolver o problema da altura das cubertas e a configuración da praza, algo difícil porque de todas as maneiras, o museo sería un obstáculo entre a cidade e o río, algo que se pretendía evitar. Convocouse un concurso de ideas, e gañou un proxecto que tiña a virtude de minimizar, dentro do posible, ese impacto.

Aínda así, a cousa resultou controvertida. Diversos colectivos botáronlle os dentes a idea, con variados criterios, urbanísticos, estéticos, ou os de sempre: a reducción de carrís para o tránsito rodado. Tampouco estaba claro cómo se ía financiar todo isto. Os prazos dilatáronse e a inauguración prevista para o 2010, ficou adiada. Mentres, a escavación esmorecía tapada con plásticos, baixo as inclemencias meteorolóxicas deste recuncho húmido do mundo, e entre os bucinazos dos condutores cabreados. Xusto antes das eleccións municipais, o Concello licitou a primeira fase da construcción sen garantías de poder asumir o orzamento. As obras estaban por fin en marcha.

Pero agora, pasadas as eleccións, onde dixen arre digo xó. O flamante concelleiro de Patrimonio Cultural e Centro Histórico, Luis Bará (BNG) ven de anunciar a paralización das obras e a cancelación do proxecto do Museo. Non hai cartos. Os que gostan de remexer nas cloacas da política municipal falan de axustes de contas coa anterior concelleira de casco histórico, Teresa Casal, (PSOE) para quen o Museo era case unha arela persoal, e a quen a afeción pola arqueoloxía debe vir de familia. Pero tamén é certo que para un xestor dos cartos públicos, entre asumir unha obra de 10 millóns de euros sen garantías de financiamento, e tapar os achados e agardar a que escampe, a opción máis barata e consecuente é a segunda. En todo caso, é unha mágoa.

Moitos en Pontevedra agardan ledos a que os coches recuperen o espazo perdido, e celebrarán este triunfo do pichi sobre as pedras antigas e señoriais. Outros lamentarán o sacrificio dun novo recurso patrimonial na cidade, e neste caso non é a primeira vez. En todas as cidades históricas existe esta batalla entre a conservación do patrimonio que lles outorga identidade e razón de ser, e as esixencias práticas da vida moderna. O verdadeiramente lamentable é que neste caso, no que ?historia? e ?progreso? non se planteaban como termos antagónicos, senón complementares, non chegase a callar unha solución imaxinativa e sostible. A pesares do rico debate suscitado na cidade sobre a preservación dos restos, a divulgación realizada da historia local, e mesmo a valoración social do patrimonio arqueolóxico como recurso, na práctica triunfou a visión da arqueoloxía como un atranco que sufren veciños e condutores, unha molestia e un gasto.

Seica a crise dicta que non estamos para museos, e os concellos deben facer economías. Non é cousa de buscar culpables. Ou si. Se acaso, habería que averiguar por qué calquera obra que se emprende con cartos públicos, pero contratada a empresas privadas, multiplica o seu orzamento previsto de forma exponencial en a penas uns meses. O Museo orzamentouse en 4?5 millóns de euros en Xaneiro de 2009, pasou a unha estimación de 8 millóns en Abril do 2011, e agora que se desbota o proxecto, a 10 millóns. Quedamos sen museo porque hai moito contratista a mamar do teto, e a vaca (que somos todos) non dá máis de si. Aí tedes a crise. Así de claro.
Comentarios (20) - Categoría: Escavacións - Publicado o 30-06-2011 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 grac#blgtk08#ias
Comentario por ours benny en peluche (03-09-2013 10:34)
2 A magnitude dos achados deu pé #blgtk08#a un arrebato de ensoñacións.
Comentario por Leander car detail (28-07-2022 14:47)
3 Se estás á procura dunha empresa que non só se preocupe polos seus clientes senón tamé#blgtk08#n pola cidade na que opera, entón deberías chamar hoxe a NYC Demolition Contractor Co.
Comentario por Building Demolition (19-08-2022 09:01)
4 Cada proxecto que levamos a cabo, desde a demolición residencial a pequena escala ata a demolición industrial a gran escala, está coi#blgtk08#dadosamente planificado para salvagardar tanto o inmoble en si (sempre que sexa posible), como os edificios e ambientes circundantes.
Comentario por nycdemolitioncontractor.com (19-08-2022 09:04)
5 Se estás buscando levar os teus pisos ao seguinte nivel e protexer a base da túa propiedade,#blgtk08# Elite St Petersburg Epoxy Flooring está aquí con todo o que necesitas baixo un mesmo teito.
Comentario por epoxygaragefloorstpetersburg.com (19-08-2022 09:06)
6 Benvido á fonte número un de solucións epoxi na cidade de Po#blgtk08#rt St Lucie, Florida, Port St Lucie Epoxy Garage Floor Pros.
Comentario por Recommended Site (19-08-2022 09:08)
7 O noso nome é Bloomington Concrete Contractors Co, o provedor de formigón favorito da cidade de Bloomington. Can#blgtk08#do necesites solucións de primeiro nivel en instalacións e reparacións de formigón, sempre podes contar con nós.
Comentario por Concrete Contractors (19-08-2022 09:09)
8 Traballamos nunha industria moi competitiva. Ao longo dos anos, o número de empresas de formigón#blgtk08# en Indiana creceu en número. Pero, en South Bend Concrete Contractors Co seguimos sendo fortes.
Comentario por Discover More (19-08-2022 09:11)
9 Como contratista de formigón líder na rexión, realizamos os nos#blgtk08#os negocios co máis alto nivel de honestidade e transparencia.
Comentario por Concrete Contractors (19-08-2022 09:22)
10 Fort Wayne Concrete Contractors Co. está na parte superior da lista cando#blgtk08# buscas contratistas de formigón preto de min na área de Fort Wayne, IN.
Comentario por Fort Wayne Concrete Contractors (19-08-2022 09:24)
11 Grac#blgtk08#ias!
Comentario por more details (27-08-2022 03:42)
12 Awesome#blgtk08# post.
Comentario por girls hair bows (28-08-2022 23:40)
13 Awesome#blgtk08# post.
Comentario por girls hair bows (28-08-2022 23:40)
14 Awesome#blgtk08# post.
Comentario por girls hair bows (28-08-2022 23:42)
15 Awesome#blgtk08# post.
Comentario por girls hair bows (28-08-2022 23:43)
16 grac#blgtk08#ias
Comentario por Best Caramels (31-08-2022 01:25)
17 Thank#blgtk08# you.
Comentario por Best Caramels (31-08-2022 01:26)
18 Awesome<#blgtk08#br />
Comentario por hair bow clips (08-09-2022 12:17)
19 Awesome<#blgtk08#br />
Comentario por hair bow clips (08-09-2022 12:17)
20 The magnitude of the findings gave #blgtk08#rise to an outburst of daydreaming.
Comentario por www.instagram.com/sprayfoaminsulationoftulsa (13-09-2022 14:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0