Novas de Arqueoloxía


Esta é unha bitácora que recolle novas, opinións, críticas e curiosidades sobre arqueoloxía en Galicia e no mundo.

O meu perfil
franjopadin@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A trabe de Ouro
Megalitos galegos segundo Barros Silvelo, en 1875No cumio do Monte do Castro (nun calquera dos centos de montes do Castro que hai en Galicia) viviron os mouros. Alí fixeron as súas casas, das que aínda se pode albiscar algún muro asomando da terra entre o toxo, así como os cachotes amoreados da muralla que arrodeaba todo. Polo tamaño e o xeito desas pedras, ben se mira que os mouros eran bos canteiros. Tamén construíron galerías e túneis que comunicaban este monte do Castro coa praia de Area Grande, ou co rego de Augalevada, ou co Monte Penedo, onde tamén había outra cividade dos mouros. Asi, os mouros podían ir dun lugar a outro por debaixo da terra, sen seren descubertos. Porque os mouros eran e son criaturas fuxidías e desconfiadas, e non queren tratos coa xente. Non hai acordo sobre a súa apariencia; ben poden ter os mouros un aspecto feroz, e botar lume polo narís, como ser as mouras mulleres loiras e engaiolantes, das que namoran só coa mirada. Soen saír dos seus escondedoiros nas noites de luar, ou a de San Xoan, ou a de aninovo. Ás veces saen as mouras a peitearse cun peite de ouro, ou a fiar, ou a pacer unha galiña que tamén ten os pitos de ouro. Cando un transeunte os atopa, pídenlle pan, ou viño, ou leite, ou mel, a cambio dunhas moedas de ouro, coa condición de gardar o segredo, pero a xente é dada a badalar de máis, e cando son descubertos, os mouros e os seus cartos esvaécense para sempre. E pode ser peor porque algún chega a sacar os ollos a quen descobre a súa identidade. De todo o ouro que gastan, dedúcese que os antigos constructores dos castros eran inmensamente ricos. Todas esas riquezas foron acumuladas polos mouros no exercicio do seu poder, ou nos seus infatigábeis traballos de minería. Agachaban os seus tesouros debaixo da terra, moitas veces nas mámoas ou medoñas, que por iso se chaman Casas dos mouros, ou Fornos dos mouros, tal e como explica o libro de San Cibrán, que dí como atopar a fortuna alí debaixo.

Os mouros marcharon do Monte do Castro hai moitos anos, pero non puideron levar con eles todos os seus tesouros. Deixáronos ben agochados no interior das covas e galerías que escavaron debaixo da terra, para cando puideran voltar, un día, a por eles. Algunhas desas galerías tiñan trabes de ouro, pero outras tiñan as trabes de alcatrán, de tal xeito que se alguén quixera abrirse paso ata os tesouros co pico ou o legón, ao bater na trabe de alcatrán prendería lume ao monte todo, causando a morte de bestas e homes nunha contorna ben grande. Hai que sopesar moi ben os riscos que se corren ao meter o ferro no monte, porque se ben se pode dar coa trabe de ouro e facerse rico, tamén pode bater coa de alcatrán e causar a perdición de un mesmo e dos demais. Deste xeito, o medo é o antídoto da cobiza.

Estas lendas ou outras semellantes son as que se contan aínda en case cada castro ou resto antigo que se atopa en Galicia. Xa ninguén cré na existencia dos mouros. Durante anos, foron vistos como un síntoma da ignorancia paisana por parte dos eruditos urbanitas. Logo pasaron a ser unha curiosidade que se recompilaba por simple interese antropolóxico. Agora hai quen comeza mirar nestas lendas restos dunha mitoloxía antiga e misteriosa da que os nosos paisanos son os últimos, quizais os derradeiros depositarios. Porén, a trabe de ouro e a trabe de alcatrán son o símbolo de dúas cousas, que como a moral de toda historia é unha mostra de sabedoría popular. Unha, que as xentes de Galicia sempre tiveron moi en conta o valor agochado nos restos do seu pasado máis remoto. E outra, que este valor debe ser protexido por todos os medios da avareza, a cobiza e a ambición persoal.

Hoxe, na Galicia urbanita e vilega, ben educada e no mellor dos casos bilingüe, ignórase case todo dos mouros e dos seus traballos. Hoxe non fai falla o medo supersticioso para gardar os supostos tesouros soterrados: hai leis e regulamentos, inventarios e catálogos, e autoridades que deben velar pola protección do Patrimonio de todos. Mágoa que tamén haxa toda unha chea de intereses e ambicións dispostas a torcer as regras ou saltalas para satisfacer a súa voracidade. E mágoa tamén que a inmensa maioría da sociedade, que tamén é responsábel na defensa do que é seu, ignore a lei e o catálogo dos seus propios bens, e peor aínda, sexa mantida nesa ignorancia.

Porque unha parte da sociedade sabe qué é un castro, ou unha mámoa, pero entre eles, poucos serán os que saben que debaixo dese monte que se pode ver dende a fiestra da súa casa, hai efectivamente un castro, unha cividade dos mouros con trabes de ouro e de alcatrán enterradas nas súas entrañas. Moitos cidadáns teñen unha conciencia moi clara do verdadeiro valor do Patrimonio Cultural, ese acervo transmitido de xeración en xeración, testemuño do estreito e milenario vínculo que este pobo ten coa súa Terra, e das vicisitudes que vivíu e padeceu ao longo dos séculos. Pero se non sabemos que hai trabes de ouro agochadas, tesouros que son de todos e que pertencen a todos, difícilmente podemos ser conscientes da nosa fortuna, e defendela. As trabes de ouro están por todas partes: no misterioso labirinto gravado nunha rocha montesía, no mosaico romano agachado baixo o empedrado da rúa, ou na talla de Francisco de Moure que hai nun recuncho escuro da igrexa onde se fixo a primeira comunión. Pero cada vez que se expolia un xacemento arqueolóxico, ou se destrúe un edificio senlleiro, ou se esnaquiza un retábulo para vendelo por cachos no mercado anticuario, bátese cunha trabe de alcatrán, e provócase un lume que nos fai morrer un pouco a todos como pobo consciente do seu pasado, e esperanzado no seu futuro.

Hai un tempo, o compañeiro Manuel Gago expoñía a necesidade de criar unha Plataforma cidadá que servise para sumar os esforzos e traballo de todo o asociacionismo de base que ten como obxectivos a defensa do Patrimonio. Barallaba como ventaxas desta Plataforma a capacidade de avaliar de xeito integral a situación do mesmo, contar cun gabinete xurídico que asesore ás asociacións, e servir de altofalante do seu labor ante os medios. A idea callou, concertáronse citas, falouse, debatiuse, e conseguiuse unha destas ferramentas básicas: un Catálogo Social do Patrimonio Cultural de Galicia en liña. Trátase de identificar, localizar, describir e clasificar todo o patrimonio galego, avaliar a súa situación, o grao de protección co que conta, e o máis importante, facelo público, porque é público.

Patrimoniogalego.net non está feito, está por facer. Será o que nós, todos nós, queiramos, e chegará á altura das nosas ambicións. Calquera pode participar, calquera pode consultalo. Non fai falla ser especialista: só compartir a información sobre o Patrimonio Cultural do teu Concello ou da túa parroquia. Con cada perpiaño, cachote ou racha faremos a casa. É unha obra de todos nós, de toda a sociedade galega que queira implicarse en descubrir as trabes de ouro que alicerzan e sosteñen este país, e que lembran o que foi e o que pode ser.
Catálogo social do Patrimonio Cultural de Galicia
Comentarios (13) - Categoría: Publicacións - Publicado o 20-05-2011 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 hai algo que nunca me encaixou nesta lenda:

castros celtas - mouros
#blgtk08#r /> moura -loira

A ver... falamos de mouros ou celtas? Que non me aclaro...
Comentario por xOsse dorrio (24-05-2011 11:22)
2 Simples casualidades. É que non teñen que ver os mouros dos castros cos mouros da Andalusía. Os mouros son seres míticos, e as súas lendas en pouco ou nada están vencelladas ás invasións árabes. Quizais se lles chame mouros por diferencialos fisic#blgtk08#amente da xente que vive á luz do sol. Quizais sexan lendas populares reinterpretadas hai tempo baixo o prisma da historia culta. Sexa como for, hai quen pensa que estas lendas agachan un ciclo mitolóxico pagán, e supoño que por aí irán os tiros.
Comentario por O'Padín (25-05-2011 00:47)
3 Nom sei em que ficara aquela hipótese (creio lembrar que de Isidoro Millán) que evolucionava "mouro" a partir de umha voz céltica que significava 'morto, defunto'. Seja como for, que os mouros fôro#blgtk08#m em origem os mortos, elevados à categoria de velhos deuses caídos, parece óbvio, sobretodo quando acudimos a paralelos do resto da Europa e nomeadamente da Europa céltica (perdom, atlántica...).
Comentario por Ulmo de Arxila (03-06-2011 13:11)
4 É que non teñen que ver os mouros dos castros cos mouros da Andalusía. Os mouros son se#blgtk08#res míticos, e as súas lendas en pouco ou nada están vencelladas ás invasións árabes.
Comentario por cheap gucci handbags (14-12-2011 09:33)
5 grac#blgtk08#ias
Comentario por ours garde londonien en peluche (03-09-2013 10:35)
6 Porque unha parte da sociedade sabe qué é un castro, ou unha mámoa, pero entre eles, pouc#blgtk08#os serán os que saben que debaixo dese monte que se pode ver dende a fiestra da súa casa
Comentario por pool contractor (27-07-2022 15:14)
7 if i were you i #blgtk08#would Click Here
Comentario por Glasgow (09-08-2022 18:00)
8 if i were you i #blgtk08#would Click Here
Comentario por Glasgow (09-08-2022 18:01)
9 These legends or others similar to them are still told in almost #blgtk08#every fort or old remnant that can be found in Galicia. Awesome!
Comentario por canopy hotel (17-08-2022 07:52)
10 The Golden Beam is a pub and a Grade II listed building located in Leeds, West Yorkshire, England. It was constructed i#blgtk08#n c. It was built in 1912 for the Church of Christ, Scientist, and served as a school arts center from 1986 until 2010.
Comentario por My site (10-09-2022 02:43)
11 Some of these galleries had bars of gold, but others had bars of tar, so that #blgtk08#if anyone wanted to break through to the treasures with a pickaxe or pickaxe.
Comentario por www.daytonradonmitigation.com (13-09-2022 11:28)
12 This is real#blgtk08#ly awesome!
Comentario por Basement Crack Repair (28-09-2022 16:41)
13 No one believes in the existence of the Moors anymore. For years, t#blgtk08#hey were seen as a symptom of peasant ignorance by urban scholars.
Comentario por chandler concrete construction (03-11-2022 14:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0