|
|
|
|
| Nova web |
|
Por fin, Armadanzas xa ten un espazo no mundo da Internete, a noso propio portal web a continuación deixamos o enlace agardando que o disfrutedes, pouco a pouco irémolo enchendo.
http://www.armadanzastradicional.com/ |
|
|
|
|
| 24 de Xullo, Festigal |
|
| O vindeiro 24 de xullo, dentro das actividades da carpa de cultura tradicional do Festigal, actuará o grupo de música e baile tradicional Armadanzas de Laraño. Será no campus universitario sur a 19:00. Para ver o programa completo, premer no enlace de máis abaixo. |
|
|
|
|
| E un ano máis.... |
|

|
|
|
|
|
| Armadanzas + Escola de Ultreia no Principal |
|
O vindeiro domingo día 13 de Xuño ás 19:30 no teatro principal de Compostela, actuarán os Armadanzas de Laraño e a escola do OCT Ultreia. Durante as actuacións haberá algunha sorpresa. |
|
|
|
|
| Armadanzas na Ascensión |
|
| O vindeiro día 17 de maio, día das letras galegas e dentro do programa das festas da Ascensión, os Armadanzas actuarán as 13:00 horas na praaza do Toral, podedes consultar o programa conmpleto das festas no seguinte enlace. http://www.santiagodecompostela.org/ascension10/ascension10.pdf |
|
|
|
|
| Novo local de Laraño |
|
Os Armadanzas actuarán o vindeiro venres 30 de Abril, na inauguración do novo Centro Socio Cultural de Laraño ás 20:00 horas |
|
|
|
|
| Armadanzas no 11º Salón Galego de gastronomía e turismo |
|
| Os Armadanzas de Laraño participarán no 11º Salón Galego de gastronomía e turismo, que se celebrará na cidade de Ourense do 3 ao 7 de marzo. A actuación do noso grupo terá lugar o sábado día 6, constará dunha primera parte pola tarde, onde so actuará o grupo instrumental; e unha segunda onde actuará todo o grupo, ínstrumetal e baile. Se queredes consultar o programa completo do 11º Salón Galego de gastronomía e turismo, premede a continuación: Programa completo |
|
|
|
|
| Presentación do disco de Ultreia |
|
Ofrecémosvos unha viaxe musical por terras de cultura galego-portuguesa, percorrendo tres partes do Camiño de Santiago que levan ao Finisterre europeo.
Nesta presentación, poderesdes escoitar e ver; cantos, tocatas e bailes dos que ben puideron gozar os camiñantes que por alí pasaron. O primeiro dos nosos romeiros percorre o camiño do norte parindo dende Vilanova de Oscos, o segundo camiñante percorre o camiño portugués do interior partindo de Tras-os-montes, o tereiro diríxese a costa da morte partindo do Fundão na rexión centro de Portugal. Unha vez chegados a Santiago, xuntos os nosos 3 romeiros camiñan cara a costa da morte polo camiño Finisterre-Muxia, onde rematará
|
|
|
|
|
| Benvida ao Nadal 2009 |
|
O venres 27 de novembro as 19:00, o grupo de cantareiras dos Armadanzas, dará a benvida ao nadal no Centro Comercial Compostela, realizarán a súa actuación diante do Belén no Hall principal na planta baixa.
Se queredes máis información, premede no seguinte enlace: http://www.elcorteingles.es/corporativo/cultura/galicia/gal/listado.asp |
|
|
|
|
| Fotos do Festigal |
|
 Xa podedes ver as fotos da actuación do 25 de Xuño no Festigal en Santiago. Premede en fotos do Festigal. |
|
|
|
|
|
|
|